Brens Racing presentou o seu Citroen C2 en sociedade
11 de marzo de 2015 (09:06 h.)
Xa os coñecimos hai pouco a través da Entrevista que Manuel Casais lle fixo a Heri Atán e Dani Domínguez. Pero esta pasada fin de semana, a nova escudería costeira Brens Racing abría as súas portas e se daba a coñecer a todos os afeccionados do motor da Costa da Morte. Que son moitos.