Búscanse especialistas para axudar a montar un equipo de rugby en Cee
Interesante a chamada de axuda dun grupo de alumnos do IES Agra de Raices de Cee, que andan intentando montar un equipo de rugby. Necesitan algo de axuda, e buscan algunha persoa que poida axudar na posta en marcha deste proxecto deportivo.
Buscan algún xogador, ou ex xogador que poida meter unha man na busca de solucións para os problemas que xorden sempre nos inicios.
Xa algún internauta contoulles que teñen a Federación Galega de Rugby ou a Concellería de Xuventude de Santiago de Compostela onde de seguro que aportan a súa axuda. Así mesmo, equipos como o Santiago Rugby Club, o Vigo Rugby Club, ou os herculinos Zalaeta e CRAT estarán encantados de meter unha man para espallar a semente do rugby pola Costa da Morte.
Poden poñerse en contacto preguntando no IES Agra Raíces no 881 880486 e preguntar por Ana Belén Burgos.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).