Cabana, Malpica e Lariño póñense a correr
24 de agosto de 2016 (08:48 h.)
Tres novas probas en marcha para os amantes do atletismo. A primeira delas será a I Carreira Pedestre Concello de Malpica, que se celebrará o 10 de setembro. O prazo de inscrición está aberto ata o día 6 de setembro e poden realizala en championchipnorte.com.
Por Cabana xa abriron o prazo de inscrición para a III Carreira Popular Dolmen de Dombate, que terá lugar o vindeiro 24 de setembro.
Ademais, a Asociación de Veciños Insua de Lariño presentou xa o IV Cross Lariño, que se desenvolverá na vila carnotá o 1 de outubro.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasancosta.com).