Campeonato Galego na Praia de Soesto

Este  sábado 7 e domingo 8 de setembro levarase a cabo no areal de Soesto no Concello de Laxe o Campionato Galego Individual e por Equipos Soesto 2013, organizado pola  Federación Galega de Surf , é coa colaboración de Concello de Laxe, TSP, Coca-Cola, 3Sesenta, Zorlak Surfboard,Surfmarket.com, Camaramar entre outros. Un total de 110 participantes repartidos nas modalidades de surf, bodyboard, longboard e paddleboard estarán no areal de Laxe, na praia de Soesto.
Para o  sábado terán a seguinte programación: Check in as 8.30 horas, logo durante a xornada do sábado levaranse a cabo as mangas das modalidades de Bodyboard, Longboard e Paddleboard, donde as finais serán aproximadamente sobre as 17:30h. Para rematar a xornada, farase a entrega de premios sobre as 18.00 horas.  Para o domingo comezarán co  Check in sobre as 8.30 horas, posteriormente o longo da xornada do domingo  levaranse a cabo as mangas da modalidade de Surf onde as Finais serán sobre as 17:30 h, é a entrega de premios sobre as 18.00 horas. As mangas terán unha duración de 15 minutos dada a afluencia de participantes.
Os competidores que vaian acompañados por un técnico, será este o que faga o check in do competidor. Do contrario, os competidores terán que aboar a diferenza da inscripción. O domingo sortearán unha tabla de Surf  tras a venda de rifas durante o Campeonato.