Cancelado o curso de Monitor de Fútbol Base por falta de inscritos

A Escola Galega de Adestradores

Pois si. Finalmente está confirmada a cancelación do curso de Monitor de Fútbol Base que se ía a celebrar en Baio ante a falta de alumnado, pois únicamente formalizaron inscripción 10 persoas (4 on-line e 6 en Zas). É unha pena que se perda esta grandísima posibilidade de manter os cursos na Costa, pero é a crúa realidade do pouco que interesa mellorar e avanzar na zona.

En todo caso, segue aberta a matrícula para o UEFA B e UEFA A, pero tamén corren perigo de non celebrarse por falta de quorum. Para o primeiro hai 9 inscritos, e o número minimo esixido é de 15, mentres que o segundo é complicado que se realice, pois a día de hoxe hai únicamente 2 matriculados.

Inscricións

As inscripcións poden realizarse poñéndose en contacto coa Escola Galega de Adestradores da Federación Galega de Fútbol (981120619, ext.5), antes do día 2 de setembro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).