Carballo vive unha febre verde chamada Xiria

O deporte carballés vive uns momentos que pasarán á historia. As disciplinas de balonmán e baloncesto da familia Xiria están revolucionando Carballo cos seus triunfos. E sobre todo pola ilusión que está a crear na vila bergantiñá, onde soñan cos ascensos a Ligas estatais ademais de títulos de Liga.

I é que por unha banda a sección de Balonmán Calvo Xiria vén de conseguir o subcampionato da Liga 1ª Estatal, co que acadou a clasificación para a Fase de Ascenso á División de Prata, nada menos.
Ademais, os cadetes do Vipecón Xiria, o pasado domingo se proclamaban campións galegos ao obter o título de División de Honra. E recibirán o seu recoñecemento nunha recepción por parte das autoridades municipais este venres 8 de abril ás 17.15 h na Casa do Concello de Carballo.

E non queda atrás a sección de baloncesto da familia Xiria. I é que o Carballo Basket Xiria vén de acadar a clasificación para o play-off de ascenso á Liga LEB Prata, o que sería a 2ªB en linguaxe futbolística. Todo no marco da mellor campaña da súa historia.

O Balonmán Xiria facendo historia

Impresionante a campaña dos carballeses. Coa vitoria da pasada fin de semana ante o Atl. Novás ante máis de medio millar de Xiriareiros dirixidos polo Sr. “Pi”, o Xiria xa está na Fase de Ascenso á á División de Honra Prata, segunda categoría en importancia do balonmán español tras a liga Asobal.

A festa celebrouse o pasado sábado en Carballo. Tralo encontro ante o Novás chegaron as celebracións na pista, nos vestiarios, duchas, piscina, aledaños do pavillón, que rematou cos xogadores, técnicos, directivos, amigos, afeccionados e todo aquel que caía nas mans dos rapaces completamente pingando. E unha cea e festa posterior que foi todo un exito con máis de 220 persoas.

Campaña mediática enorme

Ademais de ateigar a pista, o Xiria están enchendo a rede de contidos. Ademais do ciclo de vídeos Forza Xiria, no que ata Rober Bogedas ten participado, son moitas as propostas dos Xiriareiros a través do Facebook. A última, na procura do premio Carballés do Ano.

Por certo, Eu este sábado vou ver a Xiria. E ti?.

Baloncesto

A mellor temporada da súa historia no Carballo Basket Xiria quere rematar, despois do título da Liga EBA, co asalto á LEB Prata. E sen descanso, xa que este sábado 9 de abril, o Pavillón Escolar acolle o encontro a partir das 19:00h da ida dos cuartos de Final de Ascenso á LEB Plata.

Por se fóra pouco, o Placasa Carballo Basket xa é campión da 1ª División Sénior Zonal Coruñesa. Con este triunfo, xa se preparan para o play-off de ascenso á Liga FGB.
E ademais as rapazas do equipo junior do Gasoleos Rial Carballo Basket, quedaron campionas da Liga Junior Zonal.

Aquí vos deixamos un vídeo para que animemos ao Xiria.

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).