Castriz acolle un Torneo de F7 para Veteranos

En marcha un novo torneo, desta volta, para os Veteranos da zona, que veñen de rematar a temporada coa final da Copa da Costa. É a Sociedade Deportiva Castriz a que invita a todos os que queiran (maiores de 30 anos) a participar no Torneo de Veteranos de Futbol 7, que se levará a cabo o vindeiro sábado 16 de Xullo o longo de todo o dia, no campo de San Pedro de Castriz. Esperan contar con representación de equipos da zona da Costa, zona de Santiago e zona da Coruña, tanto federados coma non federados. Máis información e inscricións no 696 943 965 ou no e-mail: mcalvomata@yahoo.es.

Inscricións nas Ligas de Veteranos

Ademais, o Comité de Veteranos abre o prazo de inscrición para a vindeira temporada, que rematará o 31 de xullo.

 

Crónicas deste ano

Máis información en www.futboldacosta.com

Tempadas anteriores

 

Máisinformación

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).