CD Baio e Sporting Zas unen as súas categorías inferiores arredor do Concello
07 de xullo de 2016 (09:00 h.)
Cando non hai quorum hai que unir forzas. E aí están, dando un grandísimo exemplo a toda a comarca, os CD Baio e Sporting Zas. Veñen de unir ás súas categorías inferiores, ao amparo do Concello, para crear o Club Deportivo Concello de Zas. Así o rubricaban onte os presidentes dos dous clubs, ademais dos responsables municipais.
O CD Concello de Zas terá equipos en categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. Os Presidente será o Concelleiro Lito, o vicepresidente será o alcalde Lolo Muíño, o tesoureiro será Óscar Lema, e os dous presidentes apoiarán o club coma se fose de seu, que o é.
Parabéns ás dúas familias zaenses por este exemplo de colaboración.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).