Cee acolle o I Encontro da Liga ITF de Taekwon-Do
29 de xaneiro de 2016 (11:18 h.)
Non para o Club Cee Deportes de Contacto. Este sábado 30 de xaneiro prepara o primeiro encontro de Liga FITE Galicia 2016 de Taekwon-Do, no que participarán xentes das Federación Galega, Española e INternacional, así como o Club ITE de Noia e o Club de Oroso.
A partir das 10:00h o pavillón de Cee será un fervedoiro, e os costeiros buscarán ter bos resultados para a segunda cita en Noia (o 2 de abril), e para a finalísima de Sigüeiro do 28 de maio.
Máis info
Novas relacionadas
- Setembro 2015: En marcha unha nova temporada para o Deporte de Contacto en Cee.
- A Costa da Morte afianza o seu poderío en Kick Boxing e Karate.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).