1ª Autonómica: Cee e Xallas seguen apostando polo ascenso
Xornada 20 e o Cee segue de líder e o Xallas moi cerca do ascenso. Nova xornada con dúas de cal de dúas de area. I é que se ben o Cee e o Xallas continúan na boa liña, o Zas non levanta cabeza e o Dumbría non dá sinais de mellora. E iso que os de Canosa non están moi lonxe do ascenso, do que lles separan tan só 6 puntos, polo que unha boa racha de seguro que os pon de novo no candeleiro.
Cee - Vizoño (4-1)
- Cee: Mingos, Jorgito, Dani Freire, Rafa, Jacobo, Angeliño, Penedo (Carlos Leis, min.76), Fernandito, Chapu (Diego Cespón, min.80), Luilli, Tasky.<(li>
- Goles: 0-1, min.6; 1-1, min.25: Fernandito; 2-1, min.43: Luilli. 3-1, min.73: Tasky; 4-1, min.84: Luilli de tacón.
- Lesión: O porteiro visitante Carro e ata tivo que vir a ambulancia para levalo ao centro hospitalario.
Partido moi completo dos nosos, ao que xa nos estamos mal acostumando. E iso que o encontro comezaba costa arriba tralo gol do Vizoño aos 5 minutos. Non foi doado pero Fernandito puña as cousas no seu sitio e Luilli facía un gol clave antes do descanso.
A segunda metade foi máis tranquila, sobre todo cando Taski, e de novo Luilli, co gol da tarde, sentenciaron o encontro e deixaron ao Cee líder en solitario.
Victoria - Xallas (1-3)
- Xallas: Cheli, Isma, Iván Forján, Carteiro, Álvaro, Brais, Rubén, Jesús (Ricardo, min.79), Ventura (Adrián Prol, min.66), Toni, Adrián Beiroa (Roberto, min.78).
- Goles: 0-1, min.51: Adrián Beiroa de penalti cometido sobre el mesmo; 0-2, min.73: Adrián Beiroa nunha contra de Adrián Prol; 1-2, min.87; 1-3, min.93: Adrián Prol noutra contra a pse de Toni.
Grandísima vitoria do equipo de Iván Cancela e Santi Casal na Coruña. Os xalleiros saíron ao campo dispostos a gañar e dende o minuto 20 tomaron o mando do partido. Ata en 3 ocasións puideron adiantarse os visitantes pero nin Beiroa nin Toni nin Rubén Forján atinaron coa meta local.
Á volta do descanso si que entraron as ocasións, materializando o dominio no xogo. Adrián Beiroa abría a lata cun penalti algo dubidoso. O Victoria botábase arriba, pero as contras dos xalleiros eran mortais. Beiroa ampliaba a renda tras unha contra levada por Adrián Prol pero a fañta de 3 minutos o Victoria recurtaba e achuchou un par de minutos, ata que Prol sentenciou nunha nova contra.
Así, o Xallas queda 4º a tan só 1 punto do Olñimpico, 2 do Imperátor e 4 do Cee.
Zas - Imperátor (0-2)
- Zas: Luis De la Peña, Adrián, Dani, Luis Alvite, Diego (Óliver, min.63), Kiko, Churía, Javi, Peque, Fabián, Esteban (Capote, min.70).
- Goles: 0-1, min.85; 0-2, min.91.
85 minutos aguantou o Zas ante un dos primeiros da táboa. E aguantou ofrecendo unha boa cara malia contar coas numerosas baixas de sempre. Pero a falta de 5 minutos os coruñeses fixeron valer aa súa maior insistencia para facer 2 tantos que empañan a boa imaxe do pechacancelas.
Perlío - Dumbría (3-1)
- Dumbría: Juan, Iván Pequeño, Pablo Serrano (Isma, min.81), Chula, Suso, Aarón, Schuster (Pablo Conde, min.71), Iago, Marco Docabo, Alberto (Adrián, min.46), Eloy (Piri, min.46).
- Goles: 1-0, min.2: 1-1, min.10: Schuster; 2-1, min.55; 3-1, min.85.
Nova e incomprensible derrota do equipo de José Canosa. Os dumbrieses fixeron unha primeira metade para recordar, remontando o gol inicial dos locais e puidendo poñer por diante en varias ocasións. Pero nin Adrián Mackaay, nin Iván Pequeño, nin Eloy estiveron atinados de cara ao gol. Na segunda baixou o nivel dos dumbrieses e os ferroláns sentenciaron o choque.
Máis información
Novas relacionadas
- Resultados da fin de semana no fútbol costeiro.
- O Camariñas presentou alegacións polo encontro ante o Ponteceso.
- A crónica da 3ª de Alberto Pose: Unhas conclusións sobre o 2010 na 3ª da Costa.
- A crónica da Liga da Costa de Manuel Varela: Por Nadal, datos e turrón.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Foto cedida polo Unión Club Cee.