Cee vibrou co Campionato Galego de baile deportivo
Este pasado domingo 13 de maio, o pavillón de Cee convertiuse na capital do baile deportivo de toda Galicia.O Clube Arte e Movemento, coa colaboración municipal e de varias empresas pequenas e medianas da contorna, organizou un evento de Baile Deportivo por 2º ano consecutivo, o Campionato Galego 10 bailes como protagonista, a Copa Promoción descentralizada 2ª territorial, e o II Trofeo A&M Vila de Cee. Unha data incluida dentro do calendario da Federación Española de Baile Deportivo.
Pasaron uns 420 deportistas chegados dende toda Galicia, e incluso dende Gran Canaria, e arredor de medio millar de persoas pasaron polas bancadas do pavillón.
A fin de semana, ademais do meramente competitivo, deixounos imaxes curiosas, como ver os fibrosos deportistas do Clube Latinnova de Gran Canaria paseando co seu chándal polas rúas de Cee na tarde sabatina, ou a das participantes do Clube BTroula, bailando na fervenza do Ezaro, tras rematar a competición.
Gran participación costeira
Falando de competición, os costeiros tiveron unha gran participación. Un total de 28 parellas (56 deportistas) de entre 4 e 15 anos competiron durante a xornada.
Destacada a labor das dúas parellas que participaron no Campionato Galego de 10 Bailes 2018, nunha das especialidades máis duras, xa que esixe saber bailes latinos (samba, chacha, rumba, pasodoble, jive) e bailes máis standard (vals lento, tango, vals vienes, slowfox, quickstep…)
Cristian Dominguez e Melani Lois (22 anos, Cee e Santa Comba) conseguiron o bronce en Categoría Absoluta.
Ademais Vicente López e Laura Marcote (16 e 15 anos, Cee) conseguiron o 6º posto na final, tras acadar superar a semifinal.
Non quedaron aí os éxitos costeiros. Na Copa Promoción: Iván Martinez e María Iglesias (15 e 14 anos, Muxía, Cee), lograron o ascenso a 1ª territorial na especialidade latinos. E Ignacio Esperante e Iria Otero (13 anos, Santa Comba), acadaron o bronce, rozando o ascenso, xa que se precisaba un 2º posto.
No Trofeo puntuable (Caribeños): - Vicente e Laura, ouro en youth Clase B - Alberto e Noelia, prata en youth Clase B - Pantera’s Mambo, ouro en Caribbean Show Dance Under 15 (grupo de rosa da foto de podio) vencendo contra o grupo de Lugo, e o de A Cañiza. - Alberto Martinez, cuarto posto en Salsa Shine Over 16 No Trofeo puntuable da especialidade (Standard): - Cristian e Melani, prata en Adulto Categoria A+B - Vicente e Laura, quinto posto en Youth A+B+C - Alberto e Mar, prata en youth territorial - Ivan e Maria, sexto en youth territorial No Trofeo puntuable da especialidade (Latinos): - Cristian e Melani, prata en Adulto B - Vicente e Laura, prata en Youth C - Alberto e Mar, prata en youth territorial - Ivan e Maria, quintos en youth territorial - Brais e Maria, sextos en youth territorial Por último, no Trofeo da combinada junior 1, Nacho e Iria lograron un cuarto posto.
Novas relacionadas
- Abril 18 O club Arte e Movemento, suma e sigue.
- Marzo 2018: Andrea García, ca Selección Galega Junior en Combate
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Club Arte e Movemento