Cee volve convertirse no epicentro do baile deportivo nacional

Presentacion do campionato de baile en Cee
Por segundo ano, o Club Arte e Movemento, aventúrase en organizar en Cee un Campionato Autonómico de Baile Deportivo. A cita será este domingo 13 de maio, cando o pavillón ceés acolla o II Trofeo A&M Vila de Cee, puntuable para o ranking nacional da Federación española de Baile Deportivo, en varias das suas especialidades. Unha cita que traerá a máis de 400 deportistas de élite chegados de toda España. Os asistentes poderán disfrutar de bailes caribeños, pasodobles e outros bailes deportivos realizados por rapaces e adultos da nosa vila pero tamén por parellas de altísimo nivel nacional. O Campionato terá lugar este domingo, 13 de maio, no Polideportivo Municipal de Cee en horario de 9:30 a 22:00h, ininterrumpidamente. A entrada será de 7€ e gratuita para os menores de 10 anos. En total serán 13 horas de baile deportivo. Do clube Arte e Movemento, participan dúas parellas no Campionato Galego 10 bailes: - Cristian e Melani (22 anos, Cee, Santa Comba) na categoria absoluta - Vicente e Laura (16 e 15 anos, Cee) na categoria youth

Horarios

A primeira especialidade da xornada será a danza coreográfica, onde participan 3 grupos numerosos. A partir das 9:20 tocan os bailes caribeños, onde as parellas galegas son un referente nacional, nas que hai que destacar a participación de parellas procedentes de Gran Canaria. A partir das 11:00 da maña comezan as competicións de bailes latinos e bailes standard, xunto coa Copa Promoción. Na parte central da tarde, o protagonismo será para o Campionato Galego 10 Bailes, que se presenta co desfile as 16:00. E por suposto, as categorías de iniciación, onde participan 40 parellas de entre 4 e 15 anos, procedentes a maioria do clube local Arte e Movemento, e das suas sedes en Mazaricos e Santa comba. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)