Chega o 2º Rallymix Terra do Xallas
09 de novembro de 2016 (11:56 h.)
Así foi o ano pasado, e así se espera que saia este vindeiro 19 e 20 de novembro. As estradas de Santa Comba prepáranse para o 2º Rallymix Terra do Xallas, organizada pola Escudería CH Competición, coa colaboración municipal e das forzas do orde.
Os grandes pilotos da disciplina estarán en terras xalleiras. Chámanlle a esta disciplina o automobilismo “lowcost”, pero o espectáculo está garantido.
Novas relacionadas
- De Pasarela para o mundo.
- Maio 2016: A crema do autocross galego fixo vibrar o Circuito de Bértoa.
- Febreiro 2016: Iván Corral: “Estamos traballando nun Rally da Costa da Morte”.