Chega unha nova Multifesta da Praia do Ézaro

Unhas das festas que non perdoa dende hai 29 anos é a Festa da Praia do Ézaro. A piques de chegar a trintena, a festa dumbriesa por excelencia, que mestura troula e deporte, xa chega esta fin de semana. Venres 1 de agosto, sábado 2 e domingo 3, o areal dumbriés será tomado polos deportes e pola música (e polas sardiñas!!).

O venres arrinca a actividade co X Campionato de Fútbol Praia Sub-16. E a partir das 22:30h, na zona da casa de pedra, onde haberá a estea dunha nova disco móbil, así como a actuación de Recambios Tucho, banda mítica con membros dos Herdeiros que gustan moito de vir dende a Barbanza. Ademais, haberá tamén verbena coa Cinema no paseo.

Para o sábado, toca Volei praia, na que o Ézaro xa é unha referencia a nivel estatal, como comprobamos a semana pasada. Terá lugar o XXIV Campionato de Volei Praia Festa da Praia, un torneo puntuable para o campionato galego e para o circuito da Barbanza senior.
Haberá espazo para o XXVII Maratón de Fútbol Praia, unha das citas esperadas do circuito estival para os xogadores da volta.
E pola noite, verbena coa Ciclón e Disco Móbil.

A cita do domingo será coa sardiña, dende as 13:30h, con parque infantil, charanga, e as finais dos 3 campionatos en liza. Ademais haberá xogos populares.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).