A asociación cultural Cherinkas recupera unha das probas celebradas no pasado dándolle una nova volta. Esta proba era a da Kronoeskalada (con K pola súa irrupción un tanto inusual no panorama do momento e porque tamén presenta esa letra o nome da asociación, alén de ser unha letra máis “escarpada”), a cal consistía na ascensión contra o reloxo en bicicleta polos puntos polos que transcorrerá a proba actual. A asociación organizou cinco edicións, sendo a primeira en 2003 e a quinta e última en 2007.
Os membros da entidade, decidiron botar a vista atrás e recuperar esta actividade; conxugando o seu espírito orixinal cunha certa actualización do concepto, o que nos leva a reiniciar a conta das edicións. A proba consistirá nunha contra o reloxo pola carreteira que une a Esquipa (Cereixo) e o Campo da Areosa, cunha distancia de 6,6 km. e un perfil claramente ascendente. A proba combina dúas disciplinas, a pé e en bici, os participantes poderán escoller entre facer un ou as dúas probas, haberá premios para os combinación das dúas.
O evento terá lugar o sábado 2 de abril, primeiramente terá lugar a proba a pé que comezará ás 15:30 horas e a proba en bici está programada para comezar ás 17:00 horas. Os interesados en participar deberán inscribirse no portal www.prueba-t.es. Custe da inscrición é de 5€ para participar nunha proba e de 7€ para os que participen nas dúas. As bases poden consultarse no portal das inscricións, e nelas recóllense todos os detalles do evento.
O punto de recollida de dorsais estará situado na meta, a cal se sitúa no Campo de Areosa. No seguinte enlace indícase como chegar dende o centro de Vimianzo: https://goo.gl/ve1qs8.
Fonte