Club Cee Deportes de Contacto participa na Liga Galega de Taekwondo

Club Cee Deportes de Conctacto en Sigüeiro
Os Bo Sabum Antía Rio Salgado e Bo Sabum Ismael Gándara Landeira

Gran actividade estes primeiros meses do ano para un Club Cee Deportes de Contacto cunha enorme oferta deportiva. Actualmente, no mundo do Taekwon-Do ITF está tendo lugar a Liga de Galicia. O Club Cee xa participou no primeiro encontro da mesma o sábado 18 de febreiro en Sigueiro (Oroso).

A afluencia de practicantes e público foi óptima, e "o desenvolvemento das competicións sucedeu con total normalidade e deportividade entre os integrantes dos distintos clubes nas modalidades de "combate" e "tull", dando mostra dos principios integradores da nosa disciplina como son o autocontrol, a integridade, a perseverancia, a cortesía e o espírito indomable", como nos conta un dos responsables, Eloy Cambeiro.

Por parte do Club Cee Deportes de Contacto, todos e todas as participantes deron cumprida mostra de traballo e esforzo. Amosaron as aptitudes e coñecementos da nosa disciplina, deixando moi alto o pavillón do clube, do deporte na costa, do Taekwon-Do e dos principios que deben rodear ao deporte en xeral.

Os e as practicantes do Club Cee Deportes de Contacto acudiron cunha gran enteireza afrontando os rigores da competición de xeito exemplar, acompañados polos axudantes de instrutor Bo Sabum Antía Rio Salgado e Bo Sabum Ismael Gándara Landeira.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).