Comeza a Preferente con cambio de papeis
Este domingo 25 de xa comeza a andar o fútbol da Costa. E coma sempre estaremos a pé de campo achegando os resultados en tempo real. E comeza pola Preferente, que esta campaña 2013-2014 conta con 20 equipos e entre eles 4 da nosa zona. Falamos do Bergantiños, que malia non formar parte das Ligas da Costa este ano incluirémolo nas nosas crónicas, o renovado Xallas de Santa Comba, o Soneira e mailo Dumbría.
Cada un co seu obxectivo, e parece que este ano cambian os papeis. O Bergan, recén descendido, terá a obriga de volver á 3ª. Pero se o ano pasado era o XSC o equipo que aspiraba a todo, este curso parece que ese papel o asume o Dumbría, precisamente cos reforzos chegados do cadro xalleiro. Os de Julio Martínez asumen unha temporada algo máis humilde, con xente da casa e moitos chegados dende Santiago, e co obxectivo da permanencia. Mentres o equipo de Canosa afronta un ano con unha ilusión tremenda e unha mestura entre mocidade e veteranía que pode metelos moi arriba.
Pola súa banda, Felipe Candamo segue á fronte dun Soneira que se perfila como unha incógnito, pero que polo menos intentará facer unha campaña coma a do ano pasado.
Esta é a primeira xornada da Prefeernte:
Preferente, xornada 1
Atl. Riveira | 24/08 - 18:00 | Bergantiños |
Xallas StComba | 25/08 - 18:00 | Gal. Mugardos |
Sp. Sada | 25/08 - 18:30 | Soneira |
Dumbría | 25/08 - 18:30 | Narón |
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Cadros da Copa da Costa 2013 e das Fases de Ascenso.
Artigos relacionados
- Pablo Varela: O Corme C.F. busca dar un paso máis como referente do bo xogo na Liga da Costa.
- #regateegol: Anxo Garrido volve con máis entrevistas nas que podes participar.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).