Comezaron as obras para instalar céspede artificial en Agra da Filgueira

Tiñan que ter empezado ao remate da pasada campaña, para levar adiante as obras durante o verán e non entorpecer a temporada do Montelouro na Liga da Costa. Pero ata hoxe, e como nos conta o noso “enviado especial en Louro”, Eduardo Olveira, non comezaron as obras no campo de futbol “Agra de Filgueira”. Obras para levar a cabo a instalación do céspede artificial.

Boa nova, dende logo, para o Fútbol da Costa, que tamén perderá un dos seus mitos. Esa terra e eses pesados balóns mikasa pasarán ao recordo como un dos grandes clásicos do fútbol costeiro.

Durante os vindeiros 2 meses nos que, en teoría, deberían estar rematadas as obras, o UD Montelouro xogará os partidos da casa no campo “Eleuterio Balayo” de Muros. En todo caso, está por ver se as obras remataan antes de que finalice a campaña.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanancosta.com).