Comunicado do Sofán por un posible trato de favor co Val do Ulla

Falabamos a comezos da semana do escándalo que denunciaba o Sofán sobre o posible trato de favor da Federación co Val do Ulla.
Pois o parte de sancións desta semana da Federación dá o partido por gañado ao Val do Ulla, o segundo vencido por 3-0 nos despachos, dos 3 partidos xogados, pois como lembra a SD, o partido ante o Sálvora, o colexiado parou o choque e expulsou dende os vestiarios a 5 xogadores do Sálvora para non ter que reanudalo.

O Comité federativo sancionou á Sd Sofan coa perda do encontro por alineación indebida de Ruben Sanchez. O asunto é bastante complexo porque a mesma federación aconsellara ao cadro carballés que era viable a fichaxe de Rubén e que podería xogar na Fase, como vén recoñece o parte de sancións indicando que “non hai mala intención”. O caso é que os puntos marchan para Val do Ulla, e o cadro carballés terá que vencer esta fin de semana en Sálvora, ante un equipo plagado de baixas por sanción, e despois terá que superar o 22 no Carral ao Val do Ulla por máis de 3-0, todo un desafío para que a familia vermella xa está preparando a Bombonera.

O Cadro sofanista emite un duro comunicado que podedes ler pinchando aquí.

Máis información

Crónicas da semana

Novas da Gala do Fútbol da Costa

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).