Con mala sorte preparando o Torneo de tenis de mesa para o Nadal
Pouca sorte tivo o AD Zas Ponciano Nieto o sábado na casa ante un público entregado, e complícase moito a vida para acadar a permanencia na categoría nacional.
Polo demais, protagonismo positivo para os equipos de Santa Comba, mentres toda a familia xa prepara o Torneo de Nadal.
2ª División Nacional
- Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - Vilagarcía TM (1-5).
Cita importantísima e ocasión para que o AD Zas Ponciano Nieto acadase a súa primeira vitoria que lle dese ánimos e ilusión para os seguintes compromisos a que tiña o sábado contra o Vilagarcía TM. Non faltou o público animando toda o tempo durante as cerca de tres horas que durou o encontro, nin as ganas, nin o esforzo. Empezou ben coa vitoria de Gonchu sobre Marcelo Recuna e, despois, o que si faltou foi un pouco de fortuna nos momentos claves e esta estivo do lado do Vilagarcía.
Así Miguel Rey cedeu 2-3 ante José Luis Recuna con puntos clave no 2º set que non lle favoreceron e que cambiaría o resultado final. O mesmo lle pasou a Gonchu que ante o mesmo contrincante desperdiciou unha vantaxe de 8-2 no 5º set e que daría a oportunidade de loitar pola victoria ou cando menos forzar o desempate nos dobres. Esto minou moito nos ánimos dos xogadores zasences e xa se lles quedou o brazo encollido e foron superados nos dous últimos partidos.
Con este resultado O AD Zas Ponciano Nieto queda de pechacancelas na clasificación con cero vitorias e con moi poucas opcións de salvar a categoría. Os xogadores non se dan por perdidos e farán todo posible por cambiar o rumbo dos partidos. Ánimos non faltan e, polo que se viu o sábado, o público tampouco.
1ª División Galega
- Resultado: AD Zas Construcciones Cernadas – Monte Porreiro Mixto (1-4).
- Resultado: Vilagarcía Tenis de Mesa – Concello de Mazaricos (1-4).
Resultado contundente e en contra o que sufriu o AD Zas Construcciones Cernadas ante o Monteporreiro Mixto. Estes tivéronno máis fácil do que pensaban en principio, pois xa trouxeron ao mellor equipo, e ademais parece que aos locais se lles encollía o brazo nos puntos mais doados. Só a compenetración de Ana e Miriam no dobres dou a vitoria nun partido, logo Raúl fixo aumentar as esperanzas cun bo 1º set que cedeu no desempate e incluso con vantaxe ampla no 2º, pero todose quedou aí. Moito teñen que entrenar os zasences para collerlle a onda a esta categoría e eso seguro que o han de facer. Os resultados positivos xa virán.
Pola contra, importantisima a vitoria do Concello de Mazaricos en Vilagarcia e tiveron a favor a sorpresa de ver aos rivais coas baixas dos seus mellores xogadores e non desaproveitaron a ocasión para gañar de forma clara, en un encontro no que solo José Ángel Lado cedeu o primeiro partido por un axustado 2-3, e que despois cerrou con outro 3-2. Con este resultado mantense na zona alta da clasificación e seguindo con ánimos de maiores resultados.
2ª División Galega
- Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio – Recreo C. de A Estrada (2-4).
- Resultado: AD Zas O Pinar –Recreo Cultural de A Estrada (0-4).
- Resultado: Concello de Santa Comba – VTM Pizzería Hilton (4-0).
- Resultado: Concello de Santa Comba – VTM Pinturas Figueiras (4-1).
- Resultado: Hípica Coruña – SD A Baña (1-4).
En 2ª Galega, as novas positivas chegaron por parte dos equipos de Concello de Santa Comba e SD A Baña. No caso dos xalleiros ante os dous equipos de Vimianzo que aínda que o resultado parece amplo non o foi tanto no xogo, sobre todo contra VTM Pinturas Figueiras. Con estas dúas vitorias o Concello de Santa Comba pasa a comandar a clasificación deste grupo centro de 2ª galega e de seguir neste ritmo, verémolos na 1ª galega para a vindeira temporada.
Froito deste traballo xa está aumentando o número de rapaces de Santa Comba nos entrenos de tenis de mesa e nesto teñen moito que ver Brais Gesto, Miguel Forján e Cristian Vilar, que son os alicerces deste equipo.
O outro conxunto que dou a nota positiva foi o SD A Baña gañando en A Coruña e conseguiuno facendo rotar para que xoguen todos, dando máis mérito as victorias pois son froito de todos, dos que xogan e dos que quedan sen xogar.
Non conseguiron nada positivo os equipos de 2ª galega de Zas ante os da Estrada contra os que sobre todo aos veteranos lles faltou tranquilidade para resolver os puntos e por añadidura os partidos. Os peques a pesares de xogar ben non foron capaces mais que de gañarlles algún set aos veteranos da Estrada pero acabaron moi contentos polo xogo despregado.
Torneo local
O vindeiro domingo 17 de decembro, a familia do tenis de mesa costeiro organiza un Torneo co fin de recaudar fondos para os alumnos de 4° ESO de Zas, entre os que están Eduardo Cernadas, Marta Costa e eu, Ana García (todos xogadores da AD Zas), para a excursión de fin de curso; ademais de pasar unha xornada de confraternización, na cal todos poden achegarse ata Zas para participar, aínda que non sexas federado, tamén poden acudir acompañantes. O prezo será de 15€ e incluirá pinchos á media mañá e unha gran churrascada. O pago farase o mesmo día, pero é preferible inscribirse antes do 8 de decembro.
Podes contactar aínda que non teñas parella, a través deste número (674120363) e no correo stevozas@yahoo.es.
Crónicas da tempada
- Un final de infarto deu unha das poucas alegrías da fin de semana de tenis de mesa.
- Miriam Domínguez consigue o pase ao Estatal.
- Mazaricos e Santa Comba dan un paso adiante na 1ª Galega do tenis de mesa.
- Os momentos críticos, entre os deberes do tenis de mesa soneirán.
- Nivel Nacional para os equipos do tenis de mesa costeiro.
- Foto histórica na estrea en 2ª Nacional para o AD Zas Ponciano Nieto.
Novas relacionadas
- Setembro 2017: Zas acolle un curso de árbitros de tenis de mesa:
- A selección Galega de tenis de mesa concéntrase por primeira vez na Costa da Morte
- O zaseiro Miguel Rey, novo Seleccionador da Selección Galega de tenis de mesa.
- Zas acolleu a gran festa do tenis de mesa provincial.
- Os equipos de tenis de mesa da Costa rematan as súas ligas.
- O Ponciano Nieto fai os deberes con matrícula e espera os arrastres para certificar o ascenso á 2ª Nacional.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Stevo Lema.