Copa da Costa: Crónicas completas dos Dezaseisavos
Xa fixemos onte un pequeno adianto dos Dezaseisavos desta Copa da Costa 2013. Unha Copa da Costa que cumpre 50 anos, como nos demostran os bravos da Cherinkas co seu vídeo homenaxe, e que este curso en QPC vén patrocinada por Senra Sport.
Se ben tendes o cadro completo en www.copadacosta.com, hoxe traemos todas as crónicas chegando ademais coas fotos de Jorge Parri e compañía a 6 campos da Costa. Para destacar, as malas semanas que completaron Cee e Camelle.
Baíñas - Carnota (1-3)
- BAÍÑAS: Samuel, Suso, Héctor, Sergio, Luís, Mario, Iván, Cristian, Fernando (Esteban, min.20), Tasky, Yanki.
- CARNOTA: Luis, Pumuki, Pablo, Manolo Chouza, Tono da Caixa, Nakata (Pedro, min.55), Manuel Luís (Urco, min.55), Rodrigo, Jacobo, Iván, Berni (Manoliño, min.55).
- Goles: 0-1, min.15: Iván tras un rexeite; 1-1, min.20: Cristian; 1-2, min.35: Jacobo tras un córner; 1-3, min.75: Manolo.
- Expulsións: os locais Luís, Mario e Sancho (este no banco e todos con cartón vermello) e mais a Esteban.
Pouco lle durou a súa estrea na Copa ao Baíñas. Tras eliminar ao Outes na Previa, foi o Carnota, equipo dunha categoría máis o que o apeou. Pero vendeu cara a súa pel o cadro de Pato, e protestaron rabiosamente a actitude arbitral, i é que acabaron con 4 expulsados, 3 sobre o campo.
Comezaba a primeira metade con un toma e daca, que Iván e Cristian traducían en goles para os dous equipos. Fundamental foi o gol de Jacobo Sande antes do descanso. E foi o capitán carnotán Manolo Chouza quen sentenciou o partido, xa co Baíñas desquiciado e con varios homes menos sobre o céspede.
Esteirana - Sofán (0-4)
- ESTEIRANA: Marcos (Manuel, min.46), Roi Choqueiro, Alberto (Rafa, min.80), Pablo Serrano, José Varela, Picheleiro, Eloy Serrano, Andel (Josiño, min.60), Pablo, Cajulo (Adrián, min.60), Bruno.
- SOFÁN: Dani (Bugy, min.75), Cantu, Marcos, Lista (Pensado, min.75), Juanjo, Eloy, Míchel (Pikas, min.46), Iván Rey, Iván Rojo, Suso, Santi.
- Goles: 0-1, min.20: Suso Docampo; 0-2, min.30: Santi; 0-3, min.42: Santi; 0-4, min.80: Eloy.
Saíu o Sofán dende o principio a por todas consciente da convocatoria chea de xuvenís e cadetes dunha Esteirana moito máis pendente da Liga. Non pasara media hora e Santi Rey sentenciaran a eliminatoria e máis clarividadente foi o 3º antes do descanso, de novo de Santi. Eloy asinou o cuarto nunha segunda metade que sobraba.
Cee - Dumbría (0-3)
- CEE: Parroto, Fiuza (Sergiño, min.46), Jorgito (Dani, min.56), Berto (Piquero, min.46), Nico, Rafa, Carlos Leis, Angeliño, Rivi (Rubén Yayá, min.63), Penedo, Diego Cespón.
- DUMBRÍA: Juan Porrúa, Rudi Casal (Leo, min.75), Pablo Conde (Tantán, min.30), Isma, Piri, Pablo Vidal (Jesús, min.70), Aarón Fernandez, Aarón López, Iago, Luis (David, min.46), Bruno (Dani Casal, min.65).
- Goles: 0-1, min.5: Aarón López a centro de Bruno; 0-2, min.60: Bruno; 0-3, min.80: Dani Casal a centro de Iago.
- Expulsión: o dumbriés Isma aos 20 minutos.
Partido polémico que deixa ao Cee fóra das dúas competicións nunha mesma semana. O Dumbría fixo valer a súa teórica superioridade non sen sufrimento, ante un Cee que o deu todo, e que malia ter un home máis durante 70 minutos pola expulsión de Isma, non foi quen de abrir a lata. Nin sequera de penalti, pos Angeliño non puido superar dende os 11 metros a Porrúa.
O que si a abrira fóra aos 5 minutos Aarón López tras un bo centro de Bruno, un dos protagonistas da tarde, pois o aínda xuvenil fisterrán facía o 2-0 xa no segundo tempo. E xa co Cee case que entregado, Dani Casal daba a puntiña.
Corme - Castriz (2-0)
- CORME: Suso, Jesús, Pandi, Dani, Alejandro, Brais, Miguel, Diego (Manu, min.60), Adri (Abel, min.80), Lucas, Juan Chans (Joshua, min.70).
- CASTRIZ: David, Prego, Pose, Bruno (Pepe, min.70), Agra, Cili, Javi (Mata, min.46), Anxo (Rubén, min.46), Luis, Sebas (Martín, min.80), Víctor.
- Goles: 1-0, min.44: Lucas; 2-0, min.75: Lucas de falta pola escuadra.
Dous auténticos golazos de Lucas, que xa había tempo que non aparecía como protagonista, deron o pase a un Corme que acaba a tempada moi forte e co que o Dumbría terá que contar.
Importante foi o primeiro gol ao fío do descanso, tras un primeiro tempo no que o Castriz aguantou a marea azul. O propio media punta cormelán sentenciaba cunha falta maxistralmente botada a 15 para o final, tras varios minutos nos que o Castriz chegou a inquedar a meta de Suso.
Nantón - Xallas Santa Comba (0-5)
- NANTÓN: Bonano, David, Eloy, Félix, Diego, Vidal, Fabio, Amado, Luís, Martín, Iván. Tamén: Rubén, Ernesto, Dani, Carlos Santos e Dani Costa.
- XSC: Diego (Iván Couto, min.75), Alberto, Guille, Pablo Vigo (Darío, min.70), Chinda, Jota, Oscarín (Rubén Forján, min.69), Mon (Jesús, min.70), Doro, Pablo Baña (Noli, min.55), Javi Suárez.
- Goles: 0-1, min.25: Oscarín coa axuda dun defensa; 0-2, min.35: Pablo Baña; 0-3, min.55: Doro,: 0-4, min.80: Javi Suárez: 0-5, min.89: Rubén Forján.
Partido moi digno do Nantón e moi cómodo do Xallas, no que quedou patente a diferencia de categoría entre os dous equipos. Saiu o Nantón a non encaixar e consegiuno ata o minuto 21 no que Diego marcou en propia meta nunha xogada desafortunada. No min 35 chega o 2-0 tras unha xogada ben trenzada polo Xallas. Pouco despois o Nantón reclamou penalti por mans dun xogador do Xallas a tiro de Félix.
Na segunda parte o Xallas seguiu co dominio do xogo e no minuto 57 Doro marca de cabeza pola escuadra. Os dous últimos goles chegaron nos minutos finais. A pesares de encaixar 5 goles Bonano tivo unha actuación excelente con paradas de gran nivel.
Mazaricos - Fisterra (0-2)
- MAZARICOS: Juan, Casais, Rodri, Chico (Gabriel, min.80), Esteban, José Ángel (Ramón, min.46), Ricardo, Sandelo, Brais, Molinos (Carreira, min.70), Estéfano.
- FISTERRA: Joselu, Munitis, Manuel Cartamil, Roberto (Robertín, min.60), Dani, Roco (Hidalgo, min.65), Marco Docabo (Cote, min.50), Aitor, Naranjo (Guardiola, min.50), Mané (Juan, min.80), Hugo.
- Goles: 0-1, min.30: Roco tras un rexeite; 0-2, min.70: Aitor.
Gran partido do Mazaricos ante un Fisterra moi firme e que malia estar ata pescozo na Liga nunca pode tirar unha competición como a Copa. O Mazaricos estivo falló arriba, pero prantou cara durante todo o partido, e mesmo chegou a fallar un penalti por medio de Estéfano que parou Joselu.
Xa marcara Roco á media hora para os fisterráns, que tardaron en sentenciar, por medio de Aitor, ata faltando 20 minutos.
Baio - Cabana (3-0)
- BAIO: Anxo, Ramón (Pablo, min.73), Iago, Mario (Costiña, min.82), Eloy, Fachal, Rubio (Fredi, min.65), Eloy Vilas (Jorge, min.46), Martín, Alberto e Cristian.
- CABANA: Chechu, Ismael (Mario, min.69), Marcos, Sande (Eloy, min.60), Pepe, Iván de Treos, Sandro (Adrián, min.54), Dani, Iván, Fernando e José (Berti, min.54).
- Goles: 1-0, min.37: Alberto, cun gol olímpico; 2-0, min.66: Alberto, de novo, cun golazo de córner directo; 3-0, min.85: Cristian, de cabeza ao rematar un centro de Jorge.
- Expulsións: O porteiro visitante, Chechu, no minuto 35, e dous minutos máis tarde o seu adestrador, Periscal, por protestar.
O encontro comezou sen un claro dominador e con continuas interrupcións por ambos bandos. A primeira ocasión chegaría ao pouco de comezar o partido, teríaa Cristian pero Chechu resolveu sin problemas no man a man. A replica visitante chegaría no minuto 24, pero Anxo enviaría a córner cunha gran parada un lanzamento de Iván dende fóra da área.
Pasada a media hora de partido chegaría a clave do encontro, cando Alberto encaraba portería era derrubado por Chechu, xogada que supoñería un gran contratempo para o equipo cabanés, xa que o porteiro visitante sería expulsado ao ser o último home. O recambio de Chechu e o encargado de defender a portería no resto do encontro sería Dani xa que o míster visitante non contaba con outro gardameta no banquillo.
No minuto 37, adiantaríase o Baio cun gol olímpico de Alberto. Tamén sería expulsado o adestrador do Cabana, Raúl Periscal, por protestar. Antes de poñer camiño aos vestiarios, Sande tería o empate pero o seu remate iríase rozando o pau coa porta baleira tras unha mala salida de Anxo.
A segunda metade comezaría co Baio dominando pero sin unha gran superioridade. Aos 12 minutos da reanudación do xogo, Iago, en posible fóra de xogo, remata fóra en línea de gol. No minuto 66, o Baio volvería a anotar de novo por medio de Alberto que marcaría outra vez de córner directo un auténtico golazo pola escadra da portería visitante. Dous minutos máis tarde, Iván, de novo, de tiro lonxano fai que Anxo bote o esférico a córner con dificultades. E a cinco minutos do final, Cristian, cerraría o marcador co 3-0 definitivo, ao rematar de cabeza un centro de Jorge tras unha media saída de Dani.
Vitoria merecida do equipo baiés, donde o marcador reflexa unha superioridade que os xogadores de Félix non demostraron co xogo mostrado sobre o céspede.
E por certo, cómpre comentar a baixa de MC, que combulsionaba Baio a comezos de semana, pero que segundo as probas médicas non ten fisura polo que a baixa non será tan longa como se esperaba nun primeiro momento.
Castrelo - Lira (0-2)
- CASTRELO: Iván, Marcos, Felipe, Manolo, Mario, Gus (David, min.70)s, Luís, Estebo, Edreira (César, min.75), Germán, Sergio Vilaseco (Conexo, min.60).
- LIRA: Andrés, Javi, Herminio, Fran de Muros (Michelón, min.65), Isma, Iago (Ramón, min.80), Cristian (Manolo, min.70), Miguel do Caracho, Demetrio, Suso Perico, Fran Perico.
- Goles: 1-0, min.60: Suso Perico de penalti; 2-0, min.75: Fran Perico nunha xogada co seu irmán.
- Expulsión: o adestrador local Litos, moi descontento coa actuación arbitral, e o tamén local Marcos.
- Lesión: Sergio Vilaseco cunha rotura fibrilar.
Partido disputado, cun Lira con algo máis de control, pero cun Castrelo que puido meterse por diante en dúas contras tremendamente perigosas. O Lira viu como o colexiado anulou un gol de Fran Perico por entender que non tocara ninguén tralo saque de banda. Pero os irmáis Perico foron claves na segunda metade. Suso adiantaba aos lirachos de penalti e cedía para que Fran asinase o segundo e definitivo gol.
Laxe - Camelle (3-1)
- LAXE: Diego, Samuel, Jacinto, Pailos, Saleta, Borja (Aarón, min.60), Adrián (Ventura, min.60), Felipe, Mandi, Samuel (Djamel, min.80), Carrabete (Roi, min.46).
- CAMELLE:
- Goles: 1-0, min.15: Samuel; 2-0, min.50: Samuel; 3-0, min.60: Samuel; 3-1, min.80:
Gran partido do Laxe ante un Laxe que vive a súa peor semana da temporada. Tras despedirse do ascenso directo foi eliminado da Copa por un Laxe que lle tomada a medida esta campaña, pois de 3 encontros disputados entre ambos, tres vitorias laxenses. E precisamente será o Laxe o rival do Camelle na Fase de Ascenso á 2ª Autonómica, que, por certo, coincidirá ca Copa polo que o Laxe non poderá empregarse a fondo co Camariñas.
A primeira metade estivo moi igualada, co vento a favor para os locais que aproveitaron para adiantarse cun tremendo Samuel. O Camelle necesitaba meterse no partido, pero ao comezo da segunda, Samuel cazaba unha contra e practicamente sentenciaba o partido.
Coristanco - Camariñas (0-1)
- CORISTANCO: Brais, Iván, Jonathan, Marcos (Juan, min.70), Javi, Navarro, Rubén, Cancela (Alexis, min.65), Adrián, Torreira, Magovi (Gonzalo, min.60).
- CAMARIÑAS: Pombo, Brais Mouzo, Rodri, Caamaño (Ousman, min.70), Sergio, Paco, Moriño, Brais Triñares, Saviola (Nico, min.46), Juan oBello, Alex.
- Gol: 0-1, min.60: Alex.
Gran partido do Coristanco ante un Camariñas máis pendente da Liga. Fíxose incómodo o pequeno campo coristanqués aos de Berto, que tiveron que poñer o mono e a traballar. Traballo tivo Pombo, ou polo menos viu como os locais marraban varias ocasións, como un centro de Adrián ao que non chegou Javi, un tiro de Torreira dende fóra da área xa na segunda.
Por bando camariñán, Juan oBello tivo un man a man na primeira metade pero saíu por riba do longueiro, e outra igualiña tivo Brais Triñares na segunda, antes de que Alex marcase o único tanto do partido que vale uns Oitavos.
Corcoesto - Porteño (0-1)
- CORCOESTO: Anxo, Pablo Patelo (Miguel, min.55), Edelmiro, Longo, Angel (Fernando, min.65), Xabi (Josiño, min.70), Luís, Pablo, Javi, Martín (Pichón, min.75), Héctor.
- PORTEÑO: Pablo, Pejo, Óscar, Maikol, Sestayo, Asier, Iago, Parga (Cousillas, min.60), Búa (Ismael, min.46), Nené (David Toja, min.46), Bieito (Yuyo, min.46).
- Gol: 0-1, min.85: David Toja, dende o medio campo coa axuda do vento.
Pasou sufrindo, para non variar, o cadro de Gerpe. Campo pequeno, partido incómodo para os da Ponte, cun Corcoesto moi aguerrido, con máis gañas e que mereceron máis. Foi un partido sen demasiado fútbol e sen apenas demasiadas ocasións. De feito, o gol chegaba nun case despexe de David Toja dende case o medio campo, que coa axuda do vento superou por alto ao meta Anxo.
Era xa o minuto 85 e parecía que a prórroga ía chegar. E de feito, a piques estivo de chegar de non ser poque Josiño marrase un claro man a man nos últimos intres para empatar.
Buño- Soneira (0-3)
- BUÑO: Toni, Casais, Ángel, David, Diego, Jorge, Mauri (Juan, min.60), Dourado (Gurita, min.46), Elías, Dani (Miguel, min.55), Víctor.
- SONEIRA: Cheli, Pichi, Fran, Mayuyo, Sito, Mayor (Baba, min.46), Makaay (Javi, min.67), Óscar (Bibi, min.51), Cris (Maikel, min.69), Toni, Basti.
- Goles: 0-1, min.25: Makaay; 0-2, min.40: Cristian; 0-3, min.85: Basti a pase de Pichi.
Non o tivo tan fácil o Soneira como di o resultado. Pois o Buño foi un gran rival, que aguantou toda a primeira metade. Así e todo, as chegadas soneiráns demostraron a calidade dos seus puntas, e Makaay e Cristian na primeira, e Basti na segunda, demostraron que este Soneira ten gañas de Copa.
Corcubión - Zas (2-3)
- CORCUBIÓN: Cristian, Alán, Senra, Julio, Jonnie, Sebas, Pablo Lestón, Lema, David (Abraham, min.70), Cris, Javi (Antón Lestón, min.60).
- ZAS: Miki, Amado (César, min.75), Lagoa, Oliver, Pereiro, Pío (Pablo, min.60), Peque, Jaime, Isma, Diego (Damián, min.80), Mario (Braulio, min.70).
- Goles: 1-0, min.15: Pablo Lestón de falta; 1-1, min.50: Lagoa de falta; 1-2, min.70: Ismael; 1-3, min.80: Braulio; 2-3, min.85: Antón Lestón.
- Expulsión: o local Sebas faltando 20 minutos.
Un dos partidazos destes Dezaseisavos. Foi mellor o Corcubión no primeiro tempo e pronto se adiantou por medio de Pablo Lestón demostrando unha vez máis a súa calidade. Pero o Zas espertou tralos paso polos vestiarios e foi tamén de falta, como non, Lagoa, o que metía o empate aos 5 minutos.
Eran minutos de desconcerto local e os zaenses aproveitaron para darlle a volta ao marcador cos tantos de Ismael e Braulio, aproveitando erros na defensa corcubionesa. Chegaba, pero tarde, a reacción local. O pequeno dos Lestón, Antón recurtaba pero xa sen tempo para a remontada.
Independiente - Malpica (1-2)
- INDEPENDIENTE: Noé, Velar, Castro (Brais, min.80), Seo, Jonathan (Dani, min-80), Ivi, Jorge Pichel (Efrén, min.84), Cholo, Velo (Benítez, min.75), Scott, Mario.
- MALPICA: Suso; Adrián, Martín Uruguaio, David Castro, Juan Rabuñal, Andrés (Alemán, min.46), Fernando Varela (Neucha, min.67), Cheo (Mario Casal, min.70), David Blanco (Marcos Amado, min.89), Tato, Manuel Casal.
- Goles: 0-1, min.17: Cheo de falta directa; 0-2, min.26: Velar en propia meta tras un rexeite Fernando Varela tras un tiro de Tato que rexeitou Noé; 1-2, min.37: Velar de cabeza a un córner.
Tivo que empregarse a fondo o Malpica para endosar a primeira derrota en moitos meses ao Independiente Carballo. Os de Da Silva saíron agazapados, ben armados e seguros atrás, cun Noé estelar na porta e cun Mario algo só arriba pero moi peleón. Cheo de falta e unha xogada de infortunio dos visitantes puñan o partido de cara para os malpicáns, pero antes do descanso o IDC xa avisaba que non daba a eliminatoria por perdida.
Na segunda chegaron as xogadas da polémicas. Todos botaron en falta linieres malpicáns pediron un gol pantasma e viron como lle anulaban un tanto de Manu Casal. E xa no minuto 95 os carballeses pedían penalti por unhas mans dentro da área malpicá.
Alcaián - Cerqueda (0-2)
- ALCAIÁN: Fernando, Pombo, Lino, Rubén, Diego, Facal, Pichel, Framil, David, Daviciño, Marqués.
- CERQUEDA: Costa, Pablo (Iván Cances, min.96), Javi, Santi, Ato, Lorenzo, Dani, You (Juanjo, min.55), Dieguito, Javi Pazos (Martínez, min.60), Manu (Dani Seaia, min.60).
- Goles: 0-1, min.95: Martínez; 0-2, min.102: Diego de penalti.
- Expulsións: os visitantes Rubén, Lino e Fernando en apenas 5 minutos da primeira parte da prórroga.
Partido moi lento, sen ritmo durante os 90 minutos, deixando todo para a prórroga. E tardou en comezar porque o colexiado non sabía se había prórroga ou ían directamente aos penaltis. Finalmente comezaba o tempo engadido e de contado marcaba Martínez para o Cerqueda, cos locais protestando por man de Martínez, que acabou co Rubén expulsado. Na seguinte xogada Lino miraba aos vestiarios tras outra protestar, e sen tempo, Fernando facía un penalti e saía tamén expulsado. Marcou Diego e os xogadores do Alcaián decidiron marchar antes de que rematase o partido "para evitar males maiores".
Muxía - Ponteceso (0-3)
- MUXÍA: Ángel Luís, Luís Romaní, Martín, Currás, Ángel, Santi, Juan, Alberto (Lagoa, min.46), Javi, Pesqui (Pataca, min.60), Pardelo.
- PONTECESO: Norberto, Rubén, Javi Peón, Jorge, Lorenzo, Martín Puente, Mendieta, Bieito, Bolón (Toniño, min.70), Urbieta, Canai.
- Goles: 0-1, min.5: Canai; 0-2, min.30: Martín Puente; 1-2, min.50: Juan, de penalti; 1-3, min.80: Canai.
- Expulsión: o muxián Ángel a falta de 10 minutos para o final.
Foi Canai o protagonista do choque de Arliña. Marcou cedo encarrilando a eliminatoria. O Muxía intentou resarcirse o dominio inicial, pero Martín Puente facía o segundo á media hora. Juan recurtaba de penalti deixando varios minutos de incertidume no marcador, pero Canai, faltando 10 para o final facía a sentencia.
Máis información
Novas relacionadas
- Os Clubes da Costa piden a unificación das Ligas Xuvenís nunha reunión con pouco aforo.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Crónicas da semana
- Xa temos Oitavos da Copa da Costa.
- Xuvenís: Servidas as semis da Copa tras uns tensos Cuartos.
- 3ª Autonómica: O IDC celebra o ascenso e o Porteño gaña o derbi.
- 2ª Autonómica: O Cee despídese do ascenso e os de abaixo rezan contra os arrastres.
- 1ª Autonómica: Ao borde do abismo.
- Preferente: Pasando xornadas.
- Resultados e análise da xornada da última fin de semana de abril.
Artigos relacionados
- Alberto Pose: Do auténtico fútbol da Costa. Con Manolín.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora David Castro e blog do Malpica de Luís E. Porto.