Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Xuvenís: Servidas as semis da Copa tras uns tensos Cuartos

Xuvenís: Servidas as semis da Copa tras uns tensos Cuartos
Cee-Malpica Xuvenil-Foto- Jorge Parri Senra Sport patrocina a Copa da Costa 2013

Cun ollo na xornada deste 1 de maio cos Dezaseisavos da Copa de Maiores, repasamos os Cuartos da Copa da Costa Xuvenil, que viña dunha Ida moi igualada. Xa temos semifinalistas, con 3 equipos que xa estiveron na Liguilla dos Campións, e un Outes que se cla entre os favoritos. Malpica - Dumbría e Outes - Cabana serán as semifinais deste 2013.

Así que imos repasar como foron os encontros de Cuartos:



Malpica - Cee (0-1)

Capis do Malpica e do Cee-Foto- Jorge Parri
  • CEE: Paulo, Abrahan (Cibrán, min.62), Jicho, Aitor, Esteban, Tebo, Picallo, Lamela, Benlloch (Tonecho, min.90), Nanón, Andrés.
  • MALPICA: Jesús, Víctor Novo, Canario, Joro, Diego, Kevin (Fenosa, min.82), Almeida (Alberto, min.74), Eme, Martín Maradona, Juny (Aitor, min.58), Pitís (M. Ángel, min.94).
  • Gol: 0-1, min.55: Juny remata un centro de Almeida.
  • Lesións: os malpicáns Juny cun golpe no nocelo; Almeida con problemas musculares e Kevin cunha hemorraxia no nariz tras un cobadazo de Lamela.

Partido tenso e vibrante no San Paio de Refoxos que viña igualadísimo tralo 0-0 da ida. O Malpica facía gala de favorito trala súa gran temporada, pero o Cee contaba co factor campo e puxo as cousas moi complicadas nun choque bronco e de demasiados balóns longos, no que ningún quería correr riscos.

Na primeira metade apenas houbo un achegamento a cada área, como un centro de Lamela que non atalla ben Jesús pero que logo para o remate de Andrés; ou un remate que falla Almeida tras un gran centro de Víctor Novo.

Na segunda estiránronse algo ambos conxuntos. E froito chegou unha das poucas chegadas perigosas, que partíu dun despexe que Almeida convería nun gran pase longo, intérnase ata liña de fondo e centra para que o capitán e pichichi malpicán, Juny (29 tantos este ano), asinase o gol da clasificación.

Aínda quedaba moito, e o Cee intentouno como puido, pero apenas nun par de ocasións chegou a crear perigo a Jesús, que salvou un remate de Lamela.

Cee-Malpica Xuvenil da Copa-Foto- Jorge Parri

Dumbría - Laxe (4-0)

Dumbria Xuvenil-Foto- Jorge Parri
  • DUMBRÍA: David, Fabián (Lucas, min 60), Samuel (Dito, min 75), Cabana, Jose (Denís, min 70), Adrián Alcaina, Alex Siaba, Israel, Kevin (Javi, min 65), Israel e Martín.
Laxe Xuvenil despide unha gran copa-Foto-Jorge Parri
  • LAXE: Dani, Sergio, Diego, Samuel, Roberto (Pibe, min.75), Santi (Dani, min.80), Djamel, Elías, Adrián, Saleta, Carrabete.
  • Goles: 1-0, min.10: Martín; 2-0, min.35: Alex Siaba; 3-0, min.70: Javi; 4-0, min.75: Javi.

Chegaba o Laxe con toda a ilusión do mundo de continuar co soño da Copa, tras ter dado a sorpresa dos Oitavos eliminando ao XSC. Un equipo novo, con todo xente de Laxe, que ten un mérito tremendo. E tralo empate da ida colleitado en Laxe a eliminatoria estaba aberta. Pero o Dumbría amosou a súa superioridade e con dous tantos en cada parte, solventou a eliminatoria e xa pensa en todo un Malpica.

Comezou a favor de vento para o Dumbría, pero foi o Laxe, que comezaba ben armado atrás, o que avisaba primeiro. Adrián fallaba un man a man que podería cambiar o rumbo do partido. Aí o Dumbría tomou o mando e marcaba por partida doble antes do descanso.
Ao principio da segunda metade, tivo unha boa ocasión Saleta para meter de novo ao Laxe na eliminatoria pero non era o día dos puntas visitantes e o Dumbría acabou sentenciando.

O Dumbria apeou ao Laxe-Foto- Jorge Parri

Como detalle, o que tivo o Dumbría co bo de Jorge Parri, un dos nosos máis activos fotocolaboradores QPC e que leva revolucionando o fútbol da Costa a través das súas imaxes.

Parri recibiu un reconecemento do Dumbria das mans de Manolo Lopez

Mazaricos - Outes (0-2)

  • OUTES: Mosto (Aitor, min.70), Rafa, Nieto, Maduro, Jura, Chía (Xurxo, min.75), Álvaro, Veleiro (Rubio, min.55), Babu, Abraham (Zeta, min.65), Edu.
  • MAZARICOS: Samuel, Bieito, Javier (Raúl, min.55), Mipadre, Gabriel (Alex, min.80), José Ángel (Cristian, min.70), Ferreiro (Arturo, min.75), Sandelo, Carreira, Alberto (Borja, min.65), Ramón.
  • Goles: 0-1, min.40: Rafa de cabeza; 0-2, min.80: Edu de penalti.
  • Expulsións: os locais Carreira (min.75) e Ramón (min.80).

O Outes chegou moi serio, ben pechadiño a Mazaricos tentando administrar a súa vantaxe do 3-1 colleitado no Conchido. E soubo manexar os tempos do partido. Aguantou os primeiros envites iniciais, no que Ramón mandou a pao un remate dunha falta, e Sandelo lanzou un bo tiro dende fóra da área, sendo estas as mellores ocasións dos amarelos ao longo do partido.

Pero ao fío do descanso chegou o gol visitante e o partido se puxo algo máis duro entrendo forte ao balón en cada xogada. O Outes tomou o mando, sacando ben o balón e impedindo que o Mazaricos, que botou de menos a Oreiro, fixera dano, e así foron pasando os minutos, chegou o segundo gol dos visitantes e dúas expulsións dos locais para deixar ao Outes en semis. Un Outes que botará en falta aos Samuel e Pablo, pero no que Manu Roque ten moitas esperanzas, pois o equipo está moi unido, sabe que non ten nada que perder ante todo un Cabana, e sairán a por todas.

Remata unha boa temporada para este Mazaricos de Casais, que agora ten que loitar por manter a varios dos xogadores que xa xgan co primeiro equipo e que non están moi convecnidos de seguir para o ano que vén unha vez que acaban o seu periplo de xuvenís. Animamos dende aquí a que os Sandelo, Ferreiro, Oreiro, Cristian, Mipadre e compañía non deixen o fútbol e queden formando parte da familia amarela!

Cabana - Baio (5-1)

  • CABANA: Adrián, Dani Mato, Duda (Raúl, min.85), Samuel, Laik, Pablo, Alessandro (Cristian Varela, min.80), Alex Castro (Jonathan, min.55), Cristian Fuentes (Martinciño, min.60), Moreno, Iván Mato (Rubén Darío, min.75).
  • BAIO: Guille, Pablo, Farruco (Pazos, min.55), Kevin, Silvariño Lucas (Ío, min.80), David (Oreiro, min.65), Fachal, Anxo, Cristian Ordóñez, Javi (Carlos, min.46).
  • Goles: 0-1, min.5: Iván Mato; 0-2, min.25: Laik de chilena cun tremendo de golazo; 1-2, min.35: Cristian Ordóñez de penati; 1-3, min.40: Alessandro; 1-4, min.60: Alessandro pola escuadra; 1-5, min.75: Alessandro de novo pola escuadra.

Saíu o Baio moi enchufado intentando recuperar a vantaxe do 3-1 da ida, pero de contado Iván Mato mataba o partido nunha contra, despesperando xa aos locais que baixaron os brazos. A partir de aí este tremendamente vertical e efectivo equipo de Carracedo foi marcando segundo chegaban as ocasións, e con menudos golazos.

Alessandroi foi un pesadelo dende o extremo asinando 3 golazos pola escuadra, pero o gol da tarde asinouno Laik, cunha chilena espectacular. Foi Cristian Ordróñez o que meteu o gol da honra baiés dende os 11 metros.

Buscará o Cabana meterse na finalísima mentres espera pola Fase de Ascenso á Liga Galega. Pola súa banda, o Baio remata unha temporada máis ou menos boa. Emilio, cun equipo moi novo e bastante curtiño, espera facer unha mellor temporada para o ano que vén, nha vez que só pasa de categoría Fachal, un dos habituais cos maiores xunto aos Pablo, Lucas, o meta Guille, Cristian Ordóñez ou Silvariño. Así que a vindeira temporada o Baio seguirá estando na zona alta.

Máis información

Crónicas da Copa da Costa Xuvenil

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios