Ponteceso e Camariñas protagonizaron unha fermosa semifinal da Copa da Costa Xuvenil-Foto-SD
A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook
Sufriron, e moito, Xallas e Ponteceso, para desfacerse de Fisterra e Camariñas e prantarse na final da IX Copa da Costa Xuvenil 2016. Os xalleiros necesitaron a prórroga mentres os pontecesáns se viron costa abaixo durante moitos minutos.
O sábado 7 de maio ás 19:00h, a finalísima, no Campo de Xaviña, en Buño. Sabedes que os resultados os tedes nada máis rematar os partidos en www.copadacosta.com.
Goles: 0-1, m.23: Breixo; 1-1, m.35: Santi Díaz de falta; 2-1, m.80: Rachón dun zurdazo; 3-1, m.100: Sergio Barbeira de cabeza a centro de Samuel.
Na prórroga
Partido de máxima igualalde o disputado en Castriz ante un centenar de afeccionados e algo condicionado polo vento. O Fisterra, espoleado polo seu equipo sénior, completando un tremendo final de tempada, quería poñer as cousas complicadas ao favorito, despois de endosarlle a segunda derrota do ano na ida. E parecía que a cousa ía en serio cando Breixo (que volvía tras ser baixa en Ara Solis) puña por diante aos de Eskío no ecuador da primeira metade.
Ata ese momento estaba sendo algo mellor o Xallas, pero máis por ímpetu que por fútbol. Saían os dous equipos bastante erráticos o Xallas co vento a favor presionaba moi arriba pero non facía demasiado dano.
A raíz do gol fisterrán, máis se volcou o equipo local e Santi Díaz empatou nunha falta, con algo de sorte nos rebotes. O descanso manteriase o empate no partido e a eliminatoria a favor do Fisterra, que se defendía con uñas e dentes, non sen antes anular o colexiado un gol de Asier para os visitantes por fóra de xogo.
Comezaba a segunda metade co Xallas intentando combinar por abaixo, pero volcado sobre a meta fisterrá. Pero o cadro fisterrán tamén sacaba boas contras, e puido marcar cun tiro de Pichino ao longueiro, ou mesmo outro gol anulado a Dani por fóra de xogo.
Non lle entraban ao Fisterra e o Xallas seguía volcado ata que Rachón enganchou un zurdazo a pouco do final igualando a eliminatoria. E tocou prórroga.
Estaba a cousa tremendamente igualada, con poucas forzas, pero moita brega. Antes do descanso da prórroga aparecia Sergio Barbeira para marcar un gol de cabeza que vale unha final tras un gran pase de Samuel.
De aí o final os nervos e os “calambres” apareceron en ambos equipos. Con fortuna para os de Dani Calvete que se enfrentará o Ponteceso o próximo sábado nunha final na que aínda non ten campo asignado.
Ponteceso - Camariñas (2-2)
O Ponteceso XUvenil na final da Copa da Costa 2016-Foto-SD
Camariñas: Abel, Gabriel, Pablo Mouzo, Pifo, Pablo Suarez, David, Chicote, Joseva (Facundo, m.35.), Brandon, Álvaro e Adrián.
O Camariñas xuvenil pelexou ata o final-Foto-SD
Ponteceso: Damián, Adrián (Aarón), Ismail, Jorge, Villar, Luca, Yago, Cacha (Loureiro), Eloy (Busto), Aday (Gabry) e Jose (Minichema).
Expulsión: o camariñán David por doble cartón no m.50, e o pontecesán Yago (m.85).
De poder a poder
Moito mérito ten este final de campaña dun Camariñas que chegaba ao Pinguel con apenas 12 xogadores e cun 1-3 en contra que daba poucas esperanzas. Pero ao igual que na ida, onde unha expulsión tempraneira marcou o devir do partido, a perda de David ao comezo da segunda metade mermou o potencial camariñán.
Remontara o gol tempraneiro de Eloy o Camariñas, facendo o máis difícil, e colocándose 1-2 ao descanso. Pero á volta do descanso quedaba con 10 o cadro viistante, e a pesar de ir arriba, e pelexar cada balón buscando empatar a eliminatoria, no treito final, Eloy conseguía marcar e finiquitar esta igualada eliminatoria.
As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.