Corcubión acolle unha nova concentración de escolas de Vela lembrando a Jesús Elorza
29 de xullo de 2016 (07:04 h.)
O Club Marítimo Carrumeiro organiza esta fin de semana 30-31 xullo a XVIII Concentración de Escolas de Vela Memorial Jesús Elorza, ese evento anual multitudinario que serve para lembrar ao que foi fundador e presidente do club corcubionés. O peirao de Corcubión acolle esta concentración está dirixida aos mozos que se iniciaron recientemente na navegacion a vela e a través desta regata inícianse no mundo das regatas.
Será unha regata de ámbito local para a clase Optimist e Multiclase (laser, 420, topaz, cadete, catamarán…). O club anfitrión lanzará ao mar os Optimist apadriñados polo Ribeiro, Santitel, Lar, Servizo de Augas e Mar Viva, e tamén queren agradecer a colaboración de ES Bazarra e Gadis para levar a cabo o evento.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).