Coristanco prepara a súa Carreira Popular
17 de abril de 2017 (07:57 h.)
Seguen sendo as carreiras unhas das citas deportivas máis atractivas da bisbarra. Unha das vindeiras citas será a do vindeiro 7 de maio terá lugar na Carreira Popular de Coristanco.
O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo. O prazo de inscrición rematará o 3 de mayo do 2017 na páxina web carreirasgalegas.com.
Ás 10:00h arrincarán as saídas e o servizo de duchas estará situado no Pavillón Municipal. Ademais, haberá trofeo aos 3 primeiros/as corredores/as de cada categoría por idade e sexo, e ao 1º/ª corredor/a local da carreira de 9,71 km. O corredor absoluto recibirá o seu peso en patacas e tódolos/as participantes das categorías pre-benxamín e biberón recibirán unha medalla conmemorativa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).