Corzón e Colúns tamén estarán na gran final do Torneo de FS de Mazaricos
04 de xaneiro de 2016 (12:23 h.)
- Última hora: O Torneo tivo que suspenderse o sábado 9 polo estado da pista do pavillón, polo que se disputará, cos mesmos horarios o sábado 16 de xaneiro de 2016.
Tivo lugar esta fin de semana a segunda fase do Torneo Interparroquial de Nadal de Mazaricos. Un Torneo que serve para confraternizar o concello parroquia a parroquia a través do deporte.
Despois de que Beba e Coiro asinasen o seu pase á gran final, este pasado sábado eran os equipos de Corzón e Colúns os que sentenciaron o seu pase á xornada do vindeiro 9 de xaneiro.
Non tivo rival o Colúns no Grupo D, vencendo a Mazaricos B e Chacín A sen demasiadas complicacións. Non o tivo tan sinxelo o Corzón, que non pasou do empate ante o Albores, pero puido co Maroñas, e aprovetou o empate dos dous rivais para meterse nas semis.
Unhas semis que se celebrarán o sábado 9 de xaneiro a partir das 17:00h, tendo lugar a gran finalísima ás 21:00h.
Novas relacionadas
- Beba e Coiro pegan primeiro no Torneo Interparroquial de Nadal de Mazaricos.
- Os Gorrión’s escapan na Liga de FS de Mazaricos.
- O Happy Day e o Sisnagor lideran as Ligas de FS de Corme-Ponteceso.
- Os sábados son días de Fútbol Sala en Mazaricos e Malpica.
- Os favoritos toman o mando nas Ligas de FS de Cee.
- As Ligas de FS de Carballo, xa en QPC.
As táboas en www.futboldacosta.com
- Ligas de FS de Ponteceso-Corme – Grupo A.
- Ligas de FS de Ponteceso-Corme – Grupo B.
- Liga de FS de Mazaricos.
- Liga de FS de Malpica.
- Liga de FS de Cee – 1ª División.
- Liga de FS de Cee – 2ª División.
- Liga de FS Carballo – Grupo Azul.
- Liga de FS Carballo – Grupo Vermello.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).