Crónica dunha xornada triste no fútbol da costa

Conmoción no fútbol costeiro, que se pon de loito polo falecemento dun neno en Lariño ó caer dun tellado en mal estado. O rapaz era xogador do equipo infantil da E.F.Carnota. Dende esta web sumámonos á dor da familia e queremos mandarlle o apoio de todo o fútbol costeiro. No meramente deportivo, xornada regular en Preferente e 1ª. Na Preferente so o Xallas foi quen de puntuar, e so con 1 punto en Fontenla ante o San Tirso. Tanto Sofán como Dumbría caeron nas súas visitas a Castro e Ordes. En 1ª, victoria no Soneira no derbi con gol de Robertín en propia porta xusto antes do descanso. San Lorenzo e Baio caeron pola mínima ante Cordeiro e Bertamiráns. Estalle costando arrancar ós nosos representantes na categoría provincial.
O Soneira, único vencedor nas categorías altas E iniciouse a Liga da Costa. Moita igualdade xeral con marcadores bastante axustados e partido moi competidos. Destaca a victoria do Lira ante o Outes, mostrando os lirachos a súa candidatura a algo importante este ano, e a do Mazaricos ante o Zas, no duelo de candidatos. Baiñas e Ponteceso igualaron, e o Corme non puido con un bo Buño. O Cerqueda sacou un bo punto nun campo complicado como é Esteiro, e o Muxía completaba o pleno dos recién ascendidos coa victoria o sábado en Coristanco. Camariñas e Cee impuxeron os seus galóns históricos ante Montelouro e Malpica. E na 3ª destacan duas goleadas: a do Laxe en Outes e a do Porteño ó Castrelo. Nantón, Volantes e Ameixenda impuxeron o factor cancha e na súa volta á Costa o Muros sacou un punto en Cabana no encontro adiantado ó sábado. Todos os resultados en www.futboldacosta.com, e mañá as crónicas con fantásticas imaxes.