David Calzas foi o máis rápido na VI BTT Concello de Dumbría
Non falla a BTT dumbriesa. Xa é dende o éxito da primeira edición convertiuse nun referente a nivel galego, e cada ano así o demostra. Foron 230 ciclistas os que subiron os montes costeiros no que foi a VI Marcha BTT Concello de Dumbría. Foron menos que o ano pasado (400) por mor da coincidencia co evento dos 101 peregrinos en Ponferrada. Aínda así gran participación e moi bo ambiente deportivo o longo de toda a xornada.
Xa ás 9:30h corredores de toda Galicia recollían os seus correspondentes dorsais nas instalación deportivas do Conco. Unha vez os participantes todos colocados en liña de saída, os componentes do club ciclista Dumbría, daban por iniciada a marcha. Un total de 46km na ruta larga e de 38 na ruta corta. A primeira parte da carreira, transcurría por Sábade, na Parroquia de Berdeogas, onde pasados 4 km xa se atopan ca primeira baixa con dificultade alta, o próximo destino logo de percorrer un terreo para poder rodar con soltura, outra baixada ata Paradela. A partir de aquí o tramo máis duro, una dura subida de mais de 3km ata o Chans da Lagoas, a máis de 535 m de altitude. Logo de pasar este tramo, pisteo e baixada ata Olveira, capela de Santa Lucia e Avituallamento en Olveiroa no km 22.
Logo de pasar Olveiroa, os ciclistas percorren un pequeño tramo do camino Xacobeo, desviándose e pasando por diante da Pedra Cabalgada en dirección o Brazal. O protagonista agora é o rio Xallas, Devesa de Anllares e Fervenzas do Muiño en Xestosa. Anseán era o punto para desvio da ruta larga e a corta. Os que se decantaron pola larga, aínda terían que pasar pola subida ata o alto de Miñóns, baixando en dirección Buxantes, Vilar, Figueiroa e Castro antes de finalizar en Dumbría.
O primeiro corredor en cruzar a liña de meta, foi o corredor local do Club Ciclista Dumbría, David Calzas, cun tempo total de 2:09,17, repetindo o título do ano pasado. Cunha velocidade media de 21km/h. A primeira fémina en completar foi: María Martínez Álvarez cun tempo de 3:31,49, do club Armenteira E punto, cunha velocidade media de 13km/h.
O participante de menor idade, foi Marco López Bernardez, integrante das escolas de ciclismo Dumbría, con 15 anos cumplidos o mesmo día da marcha, o de maior idade foi para Paulino Martínez Muñiz, con 66 anos do club Barbantia Roda de Boiro. O club con maior número de inscritos foi para o Santa Compaña de Santa Comba cun total de 19 membros.
Ao finalizar a ruta, lavado de bicis, duchas e comida (ensalada de pasta e churrasco) para todos/as. Cómpre destacar que non houbo caídas de consideración e que a marcha se desenvolveu sen ningún problema durante toda a xornada. Un total de 50 voluntarios entre protección Civil, voluntarios do club ciclista e do Concello de Dumbría, coidaron dos participantes.
Novas relacionadas
- O Gran Fondo Ézaro presenta a súa candidatura a referente ciclista internacional.
- 2015: 180 nenos e 120 adultos disfrutaron en Dumbría da festa BTT.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).