Desigualdade na 1ª xornada das ligas xuvenís da Costa

Este sábado 31 de Agosto de 2013 daba comezo a nova tempada de xuvenís, tanto no Grupo 3 coma no Grupo 4. Vironse equipos recén estreados coma o Castriz e o Lira, caras novas en varios equipos e unha baixa de última hora, a do Unión Deportiva Corcubión que decidía na mañá do xoves dar de baixa o seu equipo xuvenil por non atopar efectivos para afrontar a nova temporada, a Federación xa comunicou que non fará cambio de calendario, polo que en cada xornada descansarán dous equipos, o que xa lle correspondía máis o que se enfrontaba ao Corcubión. Grupo 4 Malpica - Corme (1-4)
  • MALPICA: Manuel, Kevin, Jorge, Victor Novo (Chols, min.74), Canario, Pitís (Guille, min.58), Diego, Mouri (Gabi, min.69), Almeida, Eloy e Alberto (Stiven, min.58).
  • CORME: Ruben, Fran (Palmiro, min.79), Joshua, Cristian, Serxio (Quique, min.59), Antonio, Isma (Eloy, min.46), Brais, Juanma, Alexo (Isaac, min.67) e Manu (Eloy Castro, min.76).
  • Árbitro: Aitor Prieto Rodriguez.
  • Goles: 1-0, min. 24: Victor Novo; 1-1, min.39: Alexo; 1-2, min.42: Alexo; 1-3, min.53: Juanma; 1-4, min.57: Manu.
Partido moi frouxo do Malpica, non foron capaces de entrar no encontro en ningún momento, pero tampouco os Cormeláns lles deron moitas opcións de poder facelo. Os rapaces do Corme sairon como motos a levarse o partido dende o primeiro minuto do encontro e así o fixeron. Primeiros 3 puntos no casilleiro e nin mais nin menos que fronte a un dos favoritos a levarse a liga xuvenil. Castriz - Coristanco (0-2)
  • CASTRIZ : Isma, Terni, Alberto Fontes, Alberto Recarey, Alex, Yordi, Manu, Adrián Balsa, Carlos Rama, Andy, Diego. Na bancada estiveron Jose Angel, Marcos, Javi, Ivan e Miguel.
  • CORISTANCO: Brais , Navarro, Ruben, Javi, Vazquez, Jorge, Fondo, Alexandro, Joaquin, Cristian é Bertoa. Na bancada estiveron Mosquera, Suarez, Iván e Naya.
  • Goles : 0-1: Fondo; 0-2: Jorge.
  • Árbitro: David Vázquez Lema.
Partido bastante tosco o que se vivía na tarde do sábado en Castriz, notábase que era o estreo na categoria por parte dos locais, xa que se notaba o nerviosismo á hora de controlar un balón ou de intentar facer unha xogada, tamén se notaba moito a timidez dos de Coristanco con todas as súas caras novas no equipo. A maior parte do partido se desarollaba no medio do campo, todo eran  balóns aéreos continuos sin unha chegada clara a porteria. A primeira metade remataría con un resultado de 0-0.
Xa na segunda metade o Coristanco parece que saía un pouco máis enchufado, de feito os dous goles chegarian nesta parte do encontro. Un encontro para ir tomando notas ambos conxuntos de cara os próximos enfrontamentos ligueiros. Neste Grupo 4 tamén houbo os seguintes resultados:
  • PONTECESO 1 - BAIO 0
  • PORTEÑO 1 - LAXE 5
  • MUXIA 2 - CAMARIÑAS 5
Grupo 3 Esteirana - Xallas de Santa Comba (3-3)
  • ESTEIRANA: Mj, Farra, Bolo, Rafa, Tobio, Codesido, Pablo, Jose, Adrian, Manu é Raúl. Tamén xogaron Tiko, Damián, Sergio, Edu e Raúl.
  • XALLAS DE SANTA COMBA: Alvarito, Cristian Caamaño, Fabián, Carlos, Perez (Alex), Adrián, Miki (Tefi), Cristian Torres (Jhony), Steven, Iván e Pablo.
Comezaba o partido con unha tensión especial entre ambos conxuntos, ambolos dous sabian que era un partido moi importante, ainda que era o primeiro da tempada, mascábase no ambiente que era bo comezar ben. Nos primeiros minutos mandaba o Xallas de Santa Comba e de aí chegaría o primeiro gol, pero pouco a pouco se foi diluindo e a Esteirana collía o dominio, froito del chegaba o gol do empate. Pouco máis tarde adiantariase a Esteirana e inmediatamente chegaría o empate visitante, co que se irían ao descanso. Na segunda parte nada máis arrancar adiantaríase unha vez máis a Esteirana, e non foi ata mediados da segunda metade  que chegaría o gol do empate para o Xallas de Santa Comba. Xa nos últimos minutos o dominio do partido o levarian os xalleiros que tiveron tres ocasións clarisimas de gol que non foron capaces de materializar. Empate xusto ao final do encontro que non deixa contento a ningún deles. Lira - Dumbria (0-10)
  • LIRA:
  • DUMBRIA: Coutinho,  Fabián, Portu, Duarte, Roberto, Yeray, Alejandro, Alcaina, Antelo, Martin é Javi. No Banquillo estiveron Cabana, Kevin, Canario, Juan e Lucas.
  • Árbitro: Romero Rama
  • Goles: Javi (3), Alejandro (3), Antelo (2), Juan de Dora e Kevin.
O partido comenzaria con 1 hora de retraso xa que o colexiado designado para este encontro non apareceu e a Federación tivo que enviar outro no seu lugar. Pouco que destacar. Un Dumbría máis rodado e  moi superior ao seu rival que se estreaba na categoria e que non puido facer fronte ao potencial Dumbriés, equipo chamado a loitar claramente polo ascenso. Cabe destacar a labor Antelo cun traballo espectacular e sobre todo a actuación de Portu que fixo un partido moi completo en todos os aspectos. Neste Grupo 3 tamén teriamos:
  • OUTES 5 - MAZARICOS 1
  • CEE 3 - MUROS 0

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).