3ª Autonómica: Doctor Monte e Mr Louro

Despois de despedezar ao líder Corcubión, o cadro muradán non deu a talla na Pedra Queimada fronte a un Seaia moito máis enchufado e acertado; curiosamente, o líder, que tan mala imaxe deixara sete días atrás, recuperou con solvencia o terreo perdido

Camelle 4-2 Nantón

Clínica de Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica. Coñécenos no FB
  • Campo: O Rodeiro
  • Camelle:  Jonathan, Sicario, Rubén (Vergari m.78), David, Sergio (Tedín m.63), Ricardo, Álvaro. Martín, Jaty (Rubén Toja), Mario e Adrián
  • Nantón: Sergio, Lareu. Silva, Raúl, Diego (Fabio m.60), Carlos Vidal, Valentín (Guau m.55), Redondo. Enmanuel, Martín e Iván
  • Árbitro: Pardo Pose (A Coruña). Expulsou a Adrián (m.83) do Camelle. Amonestou a Mario do Camelle; Carlos Vidal do Nantón
  • Goles: 1-0 m.11 Mario; 2-0 m.27 David; 3-0 m.58 Sicario; 3-1 m.69 Emanuel; 3-2 m.82 Maikel; 4-2 m.83 Jaty

Reaccionou tarde o Nantón

Tivo máis vontade de vencer o Camelle que un Nantón que 'chegou tarde' ao Rodeiro, un feudo onde por otra parte sen intensidade é moi difícil puntuar. Encarrilou moi cedo o choque o Camelle, primeiro nun balón ás costas da defensa que Mario resolveu ante Chechu, e pouco despois nunha acción a balón parado finalizada por David. Mudou o prantexamento o equipo cabanés, que tivo iniciativa e oportunidades, pero que sufriu o terceiro mazazo nunha contra de Sicario. Maikel primeiro e Iván despois meterían o medo na grada camellán, pero foi unha ilusión que rápido finiquitaría Jaty.

Seaia 3-1 Monte Louro

  • Campo: A Pedra Queimada
  • Seaia: Jorge (Nacho m.46), Carabel, Víctor, Pepís, Vistas, Josiño (Roque m.75), Eiroa, Michi, Sergio (Ramón m.60), Guille (Jorge Parga m.70) e Cristian
  • Monte Louro: Fernando, David, Abel (Iván m.50), Pablo (Bolo m.60), Canelo, Adrián, Gelo (Edu m.60), Sexo, Riki (Pesi m.80), Geiko e Juan de Celia
  • Árbitro: Grañas Martínez (A Coruña). Expulsou a Vilar do Seaia (m.63) e Iván do Louro (m.84)
  • Goles: 1-0 m.32 Sergio; 2-0 m.48 Cristian; 2-1 m.68 Bolo; 3-1 m.86 Cristian

Sorpresón do Seaia

Viña o Louro de arrollar ao Corcubión en Agra de Filgueira, pero o gozo quedou no pozo da Pedra Queimada. Apareceu o mellor Seaia da tempada para reivindicarse coma un conxunto con recursos, coma na acción do primeiro gol, no que Guille e Sergio combinaron para o remate do segundo. Inoperante, o Louro non parecía o conxunto grande e favorito que é este ano. Xa no segundo acto, unha contra maxistral foi finiquitada por Cristian para facer o segundo. Bolo acurtou distancias, pero con dez cada equipo sobre o céspede Cristian firmou o tanto da tarde cun gran disparo de fóra do área.

Laxe 3-1 Castrelo

  • Campo: Cabo d'Area
  • Laxe: Jacobo, Naya, Pichel (Jacinto m.44), Aarón, Steven (Brais m.55), Borja, Gora (Rafa m.59), Santi, Miguel (Zúrich m.60), Felipe e Samu
  • Castrelo: Josiño, Gustavo, Luis, Maikol, Chuchi, Curra, Martín, Félix, Suso (David m.67), Steven e Elvis
  • Árbitro: Fernández Iglesias (A Coruña).
  • Goles:  1-0 m.27 Santi; 1-1 m.44 Maikol; 2-1 m.49 Samu; 3-1 m.88 Samu

Un Laxe máis profundo

A frialdade da grada foi similar a do visto sobre o campo nun choque entre Laxe e Castrelo con pouca intensidade. Foron mellores os locais, aínda que lles custou entrar na dinámica positiva. Avisara nunha ocasión cun centro de Felipe sen rematador, e na segunda non perdonou Santi. Pouco antes do intermedio Maikol igualaría, nunha saque de curruncho. A reanudación sería de clarísima cor local, con Samu marcando cedo, a pase de Miguel, e varias opcións do propio Samu para sentenciar. O faría a falta de tres minutos para o final, nun remate franco.

Corcubión 5-1 Lira

  • Campo: Cubaleiro
  • Corcubión: Beto (Iago m.47), Checho, Pablo, Gabi, Balucho (Xabi m.64), Alan (Tpja m.46), Mario Suárez, Lema, Goche, Tito e Roi (Roca m.60)
  • Lira: José Manuel, Ramón, Cubelo, Jesús, Eloy, Cheikh, Manu, Yago, Eloy (Germán m.8), Rubén e Salva
  • Árbitro: Maneiro Santos (A Coruña). Expulsou a Salva (m.76) do Lira. Amonestou a Pablo do Corcubión; Eloy e Amador do Lira
  • Goles: 1-0 m.41 Tito; 2-0 m.44 Mario Suárez, de penalti; 3-0 m.48 Roi; 4-0 m.71 Mario Suárez; 4-1 m.72 Manu; 5.1 m .87 Goeche

Redención do líder

Lameuse as feridas a Unión Deportiva Corcubión, que fixo que o colista Lira pagase os pratos rotos da derrota de sete días atrás en Louro. E ese foi o plan desde un principio, no que o líder presionou arriba e buscou intimidar. E o fixo de xeite tan vehemente que a piques estivo o Lira de sorprender nunha contra, desbaratada por Beto. Non sería ata antes do descanso cando Tito aproveitou un balón en profundidade para resolver con clase. O tanto pareceu noquear a un Lira que nun grave erro, todavía no primeiro acto, cometeu un penalti infantil que Mario Suárez non desperdiciaría. Estaba a rata prácticamente na lata, e o segundo acto foi dun dominio incontestable por parte dos locais, que sumarían dous bos goles en accións combinativas. A dignidade do colista foi total, e atopou o premio do gol.