Dúas xestas eclipsan a Copa

A ata hai pouco impensable permanencia do Xallas e o sorprendente ascenso do Sofán a Preferente son os dous focos e desexos do fútbol da Costa, que ademais vivirá a volta dos oitavos de final
O Sofán terá que marcar en Miño para cumplir o soño do ascenso á Preferente-Foto-SD Domingo ás seis da tarde. Castro de Rei na provincia de Lugo e Miño, entre A Coruña e Ferrolterra. Son os focos onde debe dirixir a mirada e os seus mellores desexos o fútbol da Costa, que ademais terá tarde de Copa e comezará a apoiar ao Sporting Zas na búsqueda de Primeira Autonómica a partir da vindeira semana, ao tempo que xa empeza a pensar na III Gala do Fútbol da Costa-QPC. Seis descenso deben terse en conta a priori na Preferente Autonómica (a promoción podería reducir un), polo que o guión case obriga ao Xallas a puntuar na casa do Castro, recén ascendido a Terceira División. Será unha festa histórica na vila lucense, pero quen non lembra como se salvou o Depor no Camp Nou? Os rivais directos dos combeses teñen deses compromisos que invitar a desafiar do seu pinchazo. A dinámica invita ao optimismo verde, pero sempre sen perder a perspectiva da dificultade. Antes, o partido copeiro de hoxe ante o Buño debe ser totalmente prescindible. 'Novatos buscan historia' podería ser, no máis respectuoso sentido da expresión, o titular para esa liga a noventa minutos que se xogan Miño e Sofán. Será o encontro máis importante da vida das dúas entidades. O empate sen goles do Carral acostuma a ser positivo de cara as voltas para conxuntos do estilo do de Josito, con táboas na resistencia e un alto índice de aproveitamento das oportunidades. O ambiente non parece que vaia superar ao vivido en terras carballesas. E mentres, precisamente coa eliminatoria do Sofán xa resolta a favor do Fisterra, haberá sete partidos máis da volta dos oitavos de final da Copa da Costa, un torneo que debería coller punch desde a vindeira fin de semana. Só o Malpica-Mazaricos (2-3), Monte Louro-Cerqueda (0-1) e Cee-Zas (1-3) parecen manter aberta a emoción, ademais do que poda facer o Seaia nun inusual horario ante a Unión Deportiva Corcubión.

Teremos tamén o ollo posto aos campións de F8. Outes, Cee e Xallas desputan as Fases Galegas Alevín, Benxamín e Prebenxamín respectivamente, buscando praza para as Fases Finais.

 

Preferente Norte, xornada 37

 

CopadaCosta, Ida dos Oitavos

 

FasedeAscenso á Preferente, Ida da Final

 

FasesdeAscenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil

 

CopadaCosta Cadete, Ida dos Otavos

 

CopadaCosta Infantil, ida dos Cuartos

 

CopadaCosta dos Veteranos, Ida dos Cuartos

 

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com)