Dumbría acolle o circuito galego de Volei Praia das categorías inferiores

Na praia do Ézaro dispuranse as competicións das categorías inferiores. Imaxe de arquivo: FGVb A praia do Ézaro acolle o vindeiros días 23 e 24 de xullo - sábado e domingo - o circuito galego de Volei Praia coas probas das bases Sub 21, Sub 19, cadete e infantil. A proba está organizada pola federación galega de Voleibol e conta coa colaboración do concello de Dumbría. As categorías infantís e Sub 19, tanto femininas como masculinas, xogarán o sábado. Mentras que o domingo será o turno dos cadetes e da Sub 21. Para inscribirse nas probas será necesario enviar - antes de hoxe as 20 horas -  unha mensaxe ao enderezo electrónico correo@fgvb dende a dirección oficial do clube de pertenza dos xogadores e/ou xogadoras anexando o boletín de iscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes. Dende a organización, indican que tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal,...) á FGVb sempre e cando vaian no formulario de inscrición oficial da FGVb debidamente selado polo clube de pertenza dos participantes. Requisitos de participación Para participar nas probas,  é necesario ter tramitada a pertinente licencia autonómica ou nacional, e ter as mesmas dadas de alta, xunto aos diferentes equipos e xogadores na plataforma que a FGVB dispón para tal fin. Ademáis para poder participar nesta competición cada club edeberá ingresar un aval de 100€ pola súa participación en calquera categoría do campionato falego que a organización lle devolverá ao remate do mesmo no caso de que as súas parellas non recibiran ningunha sanción disciplinaria. Os xogadores e xogadoras deberán participar debidamente uniformados, tal e como establece o regulamento técnico de Volei Praia da FGVb e da RFEVb e que a non comparecencia á proba unha vez inscrito e sen causa xustificada poderá ser sancionada polo Comité de Competición da FGVb.

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Federación galega de Voleibol