Dumbría e Baio súmanse ao baile de adestradores
22 de novembro de 2017 (07:16 h.)
Xeira fatal en Dumbría
Non puido sobrepoñerse Diego Lobelos a serie de 7 derrotas cunha bagaxe de 6 goles a favor e 27 en contra. O míster fisterrán chegaba a comezos de temporada coa ilusión de meter ao equipo na zona alta da táboa pero innumerables problemas fixeron imposible poñer o rumbo correcto do barco. Será Nacho o encargado de intentar cambiar o rumbo. O equipo está en postos de descenso pero a apenas 1 punto da salvación polo que hai marxe. O adestrador baiés volve aos banquiños despois de apenas uns meses de parón, trala súa gran aportación en Fisterra, onde deixou o equipo ben arriba e con títulos.Novidades en Baio
Ao fío do descenso atópase o Baio na 1ª Autonómica, onde parece que hai 7-8 equipos que o van pasar mal. Entre eles, o Fisterra (que xa cambiou de adestrador) e o San Lorenzo, ademais do propio cadro baiés. Só unha vitoria (e 4 empates) nos últimos 8 partidos fan que Pedro Gómez decidise deixar a disciplina baiesa, na que era a súa segunda temporada despois de ascender o equipo a pasada tempada. A directiva está nestes momentos buscando relevo.Movementos nos bancos costeiros
- Baio: deixa Pedro Gómez e colle…
- Dumbría: deixa Diego Lobelos e colle Nacho.
- Xallas: deixa Noé e entra Néstor.
- Fisterra: deixa Felipe e entra Noé.
- Ponteceso: deixa Barca e entra Tito Pedreira.
- Cee: deixa Pato e entra Roski.
- Baíñas: deixa Paco e o equipo está ás ordes de Sergio, home da casa.
- Lira: deixa Javi Pinturas e o Lira ficha ao muradán Juan Rey.
Novas relacionadas
Máis información
- Facebook “Fútbol da Costa”, toda a actualidade ao segundo do fútbol costeiro.
- www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).