Preferente: Escapar de 'O Val' das sombras
Xallas 1-0 O Val
- Campo: A Fontenla
- Xallas: Julián Couto, Fuentes (Christian m.60), Rachón, Víctor Vecino, Martín Barreiro (Coria m.46), Fernando (Pablo Novo m.42), Jesús, Doro, Marcos, Camilo (Sergio Barbeira m.67) e Kevin
- O Val: Rafa. Borja (Simón m.82), Brandeiro, Eloy (Carrera m.86), Álex López, Choche, Damián, Berto Jato (Breixo m.80), Javi (Adrián Planas m.42), Pablo e Termi
- Árbitro: Capón Álvarez (Vigo).
- Gol: 1-0 m.76 Marcos
Era así
Venceu o Xallas no encontro que tiña que facelo. Non cabía outra variable ante un colista que debía ter pensado exactamente o mesmo, e que non puxo a tarde demasiado sinxela. Medo a perder, a dar ese paso en falso que condicionara o final de ano. Eso foi o que rodeou toda unha primeira metade sen apenas oportunidades de perigo, e na que iniciativa, iso si, era xalleira. O condicionante do vento fíxolle un guiño ao Val na reanudación, na que o conxunto naronés tivo o gol moi preto ata en dúas ocasións, nas que Julián estivo salvador. E cando chegou a súa, o Xallas no perdonou. Marcos resolveu maxistralmente un pase de Sergio e deulle aos combeses unha vantaxe que defenderon cómodos ante o fútbol directo valexo.
Lemos 1-0 Dumbría
- Campo: A Pinguela
- Lemos: Melendo, Víctor (Perú m.84), Alami, Rucho, Diego, Arnesto, Diego Quiroga, Mosqui, Miguel, Diego Arias e Gustavo
- Dumbría: Iván Bouzón, Adrián Alcaina, Denis )(Samuel m.64), Jose, Pablo Conde, Aarón, Jano, Javi (Edu m.60), Charly (Juan de Dora m.60), Raúl e Rivi (Martín m.49)
- Árbitro: Castro Fernández (Pontevedra). Amonestou a Rivi e Iago, do Dumbría
- Gol: 1-0 m.85 Perú
Era o ouro do Perú
Só un minuto levaba no campo o monfortino Perú cando, nun balón solto e a falta dun suspiro para o final, marcaba o tanto que lle daba a victoria ao Lemos sobre o Dumbría. Foi unha actuación dos costeiros, que xogaron de ti a ti e desfrutaron de varios achegamentos perigosos. Sen embargo, unha vez más evidenciaron unha falta de pegada que lle deixa con menos de medio gol marcado por partido esta campaña.