Este venres remata o prazo para o curso de adestradores UEFA B

Este venres, día 23 de setembro, finalizará o prazo de inscripción para o Curso de Adestrador Básico de Fútbol- UEFA B (antigo nivel 1), que, si cobre o número de prazas mínimo para o seu desenvolvemento, terá lugar en Baio, como a tempada pasada. No Centro Socio Cultural as clases teóricas e no campo de fútbol “Pratas Reinoso” as clases e actividades prácticas.

A tempada pasada tiveron lugar o UEFA B, con 11 alumnos, habendo aprobado todos eles nas tres convocatorias celebradas, mentres que no Nivel 2 foron 19 os técnicos que alcanzaron o apto tralas tres convocatorias finais.<(p>

Esta tempada, o nivel 2 (UEFA A) non se celebrará na Costa ao non reunir o número de matriculados mínimo para o seu desenvolvemento correcto, sobre todo pensando nas clases prácticas, e é de esperar que si se poida celebrar o UEFA B, unha vez que xa tivo que ser suspendido o de monitor solicitado polo Concello de Zas, ao ser únicamente 10 os inscritos.

Cómpre recordar que xa desde esta tempada esíxese que todo aquel que queira estar nos banquiños teña licenza federativa e, os adestradores, para poder sentarse no banquiño, deben estar en posesión do nivel 1 ou monitor, para Primeira, Segunda ou Terceira Autonómica, pois a partir da campaña 2017-18 esixirase o nivel 2 en Primeira e o nivel 1 en Segunda, así ata no prazo de tres tempadas completar os requisitos esixidos en todas as Federacións Territoriales. Para fútbol base, de cadetes locais para abaixo, necesítase o título de monitor xa desde a pasada tempada, e en xuvenís o nivel 1 desde a próxima tempada.

Inscricións

As inscripcións poden realizarse chamando aos responsables de Cutlura e Deportes do Concello de Zas (Fidel Otero,no CSC de Zas 981751398; Lucía, no CSC Baio 981718056) ou poñéndose en contacto coa Escola Galega de Adestradores da Federación Galega de Fútbol (981120619, ext.5), antes do día 2 de setembro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).