Esteban Blanco substitúe a Raúl Periscal no banco do Castriz

Esteban Blanco volve ao banco do Castriz

Novo movemento nos bancos da Liga da Costa. Trala emotiva marcha de Pablo Mallón do Baíñas, e a súa substitución por Manuel Corredoira, agora tócalle a outro dos que comezaban aspirando a todo.

A directiva do Castriz vén de tomar a decisión de prescindir de Raúl Periscal polos “malos resultados”. Volve ao banco costeiro Esteban Blanco, o home da casa que xa estivo a tempada pasada ao mando.

Esteban colle ao equipo na 7ª praza a 8 puntos do liderado, con todo por diante e moito por mellorar.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).