O drama de loitar pola permanencia cruza frontalmente esta semana coa presión de non poder errar na busca do título de Liga; Zas e San Lorenzo probarán as presas de Volantes e Porteño
O Sofán terá outro derbi, despois do recente co Corme - Foto: SD Sofán
Tradicionalmente no fútbol profesional un equipo grande prefire xogarse as cousas non duelo directo que contra equipos que viven unha situación acuciante. Chámase instinto de supervivencia, e case sempre é máis poderoso e voraz que a fame de gloria. Por iso, e aínda que sobre o papel non deberían estar marcados en vermello como compromisos perigosos, o Zas e o San Lorenzo, líder e segundo, miran con recelo á visita a Muros e do Porteño, respectivamente. O Volantes e os da Ponte veñen nunha dinámica de mellora e corren hacia a luz que marca a zona de seguridade respecto aos arrastres. Por exemplo, que lle pregunten ao Ponteceso canto se sufre agora para sacar tres puntos do Eleuterio Balayo. As sensacións do último mes e os argumentos futbolísticos, sen embargo, danlle aínda así un pronóstico favorable aos 'grandes'. Perigoso tamén, aínda que por outros motivos, é o partido de Ara Solis para o terceiro en discordia na loita polo título. A Esteirana non se xoga nada, e precisamente esa falta de presión, sobre todo ante un rival xoven, é un arma de dobre fío. Non pode errar tampouco o Ponteceso na sua visita ao Castriz. Do resto da xornada é a salvación o protagonista nun directísimo Ameixenda-Buño, mentres que nas Redondas Cabana e Carnota empezan a falar 'chino'.
Como ven sendo tradición nas últimas semanas, a Primeira trae derbi. E esta vez no sentido menos estricto da palabra, toda vez que entre Outes e Sofán hai unha respetable distancia xeográfica. Os dous representantes costeiros, nunha tempada de notable, poñerán sobre O Cunchido os seus argumentos de seriedade e traballo, e os carballeses tamén parte da súa candidatura ao ascenso. Para o equipo de Roque os derbis este ano veñen sendo unha sorte de bendición. O liderísimo Soneira, polo seu bando, visita ao correoso Piloño, nun feudo incómodo. Chave é para o Corme vencer ao colista Carcacía a domicilio, mentres que o Baio, no seu mellor momento do curso, debe facer o propio co Tordoia. O Malpica de Esmorís, ante o Cordeiro, espera dar unha boa imaxe. Un peldaño máis arriba, na Preferente Autonómica, parece só relevante a viaxe do Xallas ás Mariñas de Sada, contra unha das mellores defensas da liga. Os de Chollas non se xogan nada, todo o contrario que os combeses.
E na Terceira Autonómica o Corcubión pode recuperar o primeiro posto, aínda que para elo deberá sacar tres puntos sobre a herba do Rodeiro, un feudo pouco propicio para recuperarse dunha mala xeira. Atento estará o Louro, tamén irregular nas últimas datas, que terá a visita do Seaia.
Para o renacido Dumbría Cadete, a visita á Madroa para xogar co Celta non é a máis propicia, mentres que o Xuvenil branco recibirá a un Viveiro en teoría inferior.
Rematan ademais as Ligas comarcais de Xuvenís, que o luns terán en Baio ás 20:30h a reunión para celebrar o sorteo de Copa.
As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.