Falece o adestrador vimiancés Ramón Blanco

Non era máis coñecido que Manolito probablemente, pois a emigración, unha vez máis fixo que nin Vimianzo nin a Costa da Morte coñecese a fondo a Ramón Blanco Rodríguez, a pesar de que a súa familia segue vivindo na vila soneirá . Pero este vimiancés levou o nome do Concello por todo o futbol español. Ramón Blanco Rodríguez foi xogador de fútbol e entrenador de varios equipos de fútbol profesional. De feito, na actual temporada entrenaba o Cádiz CF, equipo que tivo que deixar en decembro por problemas de saúde.

Logo dun infarto cerebral o pasado sábado, Blanco falecía no hospital gaditano no día de onte. O alcalde fai extensivo o seu pesar pola repentina morte á familia e lamenta esta perda para o mundo do deporte.

Ramón Rodríguez Blanco, nacido no concello de Vimianzo, comezaba a súa carreira como futbolista profesional no Sportivo Italiano de Arxentina na temporada 1968-69, equipo onde xogou ata o 1971. Na temporada 1972-73 pasou ás filas do RCD Mallorca, a temporada seguinte no Real Betis Balompié e do 1976 ao 1980 xogaría defendendo as cores do Cádiz CF, o Recreativo de Huelva, o Racing Portuense ou o Chiclana CF foron outros equipos nos que xogou. No ano 1990 comezou a súa faceta de entrenador dirixindo as filas do Cádiz CF en varias etapas, continuando no Marbella, Almería, Granada, para volver de novo ao Cádiz CF na actual tempada, mais en decembro de 2012 foi substituído por motivos de saúde.

Novas relacionadas

Fonte