Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Vimianzo segue demostrando seu orgullo propio coa mostra da pintora local Lema Varela

Vimianzo segue demostrando seu orgullo propio coa mostra da pintora local Lema Varela
Exposicion Sentires de sentimentos do tempo de Chelo Lema en Vimianzo

O Concello de Vimianzo está orgulloso do noso, como di o lema da súa aposta polos artistas locais. Así o refrenda o mes de xuño, o "mes do noso" no marco do Programa cultural semestral. E así o refrenda que a Sala de Exposicións da Casa da Cultura leve o nome de Antón Mouzo, e que por alí, ademais del mesmo, expuxeran xa outros artistas vimianceses como Suso Fuentes, Antonio Nodar ou Xurxo Martiño.

Este vindeiro sábado 20 de abril tócalle o turno a pintora vimiancesa Chelo Lema Varela, que expoñerá por primeira vez en Vimianzo. Aínda que o seu currículo mostra numerosas exposicións pictóricas en diferentes cidades da xeografía peninsular (A Coruña, Madrid, Salamanca, Barcelona, Alicante), europea (Francia, Holanda, Bélxica) ou americana (Arxentina, Uruguai ou México), aquí na zona sempre chegamos tarde aos recoñecementos, pero o importante é facelos.

A inauguración será o sábado día 20 de abril ás 20 horas. Chelo Lema presentará a exposición Sentires de sentimentos no tempo, que se poderá visitar no horario de apertura da Casa da Cultura (luns a venres de 10 de 9 a 14.30 e de 16 a 20 horas; sábados de 10 a 13 horas; domingos segundo programación) ata o vindeiro 16 de xuño.

Sala Antón Mouzo

A Sala de Exposicións Antón Mouzo nacía en setembro de 2011 coa finalidade de dar a coñecer os artistas locais, consciente como era o goberno municipal da gran cantidade de artistas que hai no concello, a maioría deles coñecidos e recoñecidos no ámbito nacional, e incluso internacional, mais descoñecidos polos propios veciños e veciñas, que os viron nacer mais non tiveran a oportunidade de coñecer a súa obra e os seus éxitos. Lema Varela é un exemplo máis destes artistas que teñen agora a oportunidade de expoñer na súa terra natal.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios