Fantástica experiencia vital de tres xogadoras costeiras no Campionato de España de tenis de mesa

Miriam, Laura e Ana en Valladolid Tres representantes do tenis de mesa soneirán desprazáronse a pasada fin de semana a Valladolid para participar no Torneo Estatal de tenis de mesa, onde se encontraron co mellor de toda España na súa categoría e que de momento cun nivel moi superior ao que existe en Galicia. Así ningunha foi capaz de pasar de grupo, pero non amargou a fantástica experiencia de viaxar e competir a nivel estatal. Laura García na categoría benxamin foi a que mostrou un nivel máis parello ao do resto das participantes pois no seu grupo atopouse con Sofía Couce (subcampioa) e Candela Montero (6ª) e no partido para clasificarse, no grupo, contra Irene Sanchez (8ª, e que ía nº1 de grupo por ranking nacional)) perdiu por 3-2, que de gañalo pasaria ao cadro final. Laura mostra un gran nivel pero está empezando e coa competición mellorará. Gañas non lle faltan. Ana García non foi capaz de gañar un partido no seu grupo, mostrouse moi ansiosa e precipitada por gañar puntos, pero é o seu primeiro ano na categoría e terá tempo para coller pausa e tranquilidade ao momento de xogar. No seu grupo tivo a Ana García (Cataluña) que foi a campioa. Miriam Domínguez si gañou un partido que ao ser tamén neste primeiro ano na categoría pódese considerar satisfeita. No seu grupo estaba Belen Calvo, semifinalista, e co resto estivo cerca ata os puntos finais de cada set. Tanto Ana coma Miriam mostraron gran nivel de xogo pero é que as súas rivais xogan en ligas máis altas (división de honra e superdivisión e iso nótase nos momentos de xogar puntos clave durante os partidos, de momento a diferencia coas que subiron ao podium é moi ampla según viu o entrenador Miguel Rey, temos dous anos para chegar a ese nivel e cos entrenos pode facerse. Este tipo de experiencias sempre son positivas e transmitense ao resto de compañeiros que así aumentan a súa bagaxe no tenis de mesa propio e da comarca. Vindeira xornada Despois do descanso, para algúns, debido ao torneo Estatal, volve a competición ligueira e con verdadeiros platos fortes pois o AD Zas Ponciano NIeto medirase ao lider Arteal e tamén as de 1ª nacional femenina teñen outra concentración no pavillón de Bastiagueiro donde esperan seguir coa súa boa marcha nesta liga. Xa se adiantou algún encontro e adiantase outro para encadrar mellor as numerosas competicións que disputan os nosos deportistas. Despois veremos os resultados de todos eles, que esperamos sexan bos. Estes son os compromisos a disputar- Día 24 de febreiro, sábado 2ª división nacional Arteal – AD Zas Ponciano Nieto, as 17’00 h. en San Lázaro, Santiago 1ª nacional femenina Club Narón – AD Zas Aluminios Xeal, as 11 h. en Oleiros En Boas Mans Fisioterapia – AD Zas Aluminios Xeal, as 16 h. en Oleiros CTM Cidade de Narón – AD Zas Ponciano Nieto, as 18’30 h. en Oleiros   2ª división galega VTM Pinturas Figueiras – Concello de Santa Comba, as 17 h. en Vimianzo Día 25 de febreiro, domingo Oroso TM Hotel Santa Cruz – Concello de Mazaricos, as 10’30 h. en Sigüeiro 2ª división galega As 16'00 h Hípica Coruña - AD Zas Dimobel Bazar Baio, As 18'00 h Hípica Coruña - AD Zas O Pinar. ambos encontros disputaranse nas instalacóns da SD Hípica de A Coruña

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Stevo Lema.