Fin de semana de éxitos para o Club Ciclista Carballo
Grandes resultados para apretada e feliz fin de semana do Club Ciclista Carballo. Rubén Durán Fraiz do Club Ciclista Carballo a Un Paso participou coa Selección Galega de Ciclismo na Klasika Txuma no País Vasco, unha challenge de tres días (venres 22, sábado 23 e domingo 24). Rubén Durán acabou as tres probas sempre no pelotón dianteiro e na clasificación xeral rematou no posto 35, moi boa actuación para ser cadete de primeiro ano e participar nunha das probas de máis nivel de España.
Ademais, xa de volta en Galicia, o Club Ciclista Carballo a Un Paso participou o sábado no Trofeo Virxe do Carme de Marín cos equipos de Junior e Cadetes. O Junior Diego Abelenda, non puido rematar a proba. Na categoría Cadete, Martín Soutillo Tigo remataba 6º, Fabián Fraga 10º e Álex Romero 11º.
E non parou o ciclismo o domingo, e no Trofeo Vila de Luou de Teo, Martín Soutullo acadaba a victoria na categoría cadete, subindo ó maís alto do podio.
Fonte
- Club Ciclista Carballo.