FSF: As de Cee pegan alto
Despois de seis vitorias consecutivas empatou o Fisober. As de Fran Toba queda na 4ª praza a 2 puntos dun líder que ten 2 partidos menos, pero con boas sensacións.
En todo caso, a atención desta xornada centrábase no derbi da Liga Provincial, entre o Vila de Cee e o Ponteceso FSF. Demostraron as ceenses porque son as líderes, vencendo o choque e manténdose como grandes favoritas para o ascenso. As da Vila de Pondal caen á 5ª praza.
Ademais, as Atletes sumaron 3 puntos de ouro para recuperar ánimos, que nos últimos partidos estaban bastante decaídas e bastante baixas. As de Esteiro empatan coas Roxiñas de Lira que caeron pola mínima anta A Baña.
Na sección masculina, seguen medrando os mozos do Vila de Cee que tras vencer ao Noia, colócanse 2º na táboa de clasificación. Para a vindeira semana tócalles viaxar e visitar o Pontedeume, saída difícil e complicada.
Liga Autonómica, xornada 20
- Resultado: HÉRCULES CERVECERÍA LA BRÚJULA – FISOBER F.S.F. (4-4).
- FISOBER: Leti, Ana, Inés, Mai, Noe; tamén xogaron: Laura, Nuriña, Paula Fandiño, Andrea Piroja, Tamara, Ale.
- Goles:: 1-0 María, 1-1 Inés; (descanso) 1-2 Inés, 2-2 Isa, 2-3 Inés, 3-3 Jurley, 4-3 Lorena, 4-4 Noe.
Partido igualado e cheo de alternativas que se puido levar calquera dos contrincantes e rematou con empate no electrónico. O partido arrancou con dous equipos moi temerosos de cometer erros. Non tiña moito ritmo de saída. Así foron pasando os minutos. As primeiras ocasións claras non chegaron ata mediada a primeira metade cando as irmáns Nuriña e Laura tiveron unha dobre ocasión para o Fisober. Responderon as herculinas por medio de Isa e Lorena. Ós once minutos María facía o primeiro gol local, pero non tardaron as visitantes en respostar xa que Inés igualaba tan solo un minuto despois. Nos últimos minutos da primeira metade Ana e Mai tiñan boas ocasións para o Fisober. Para as locais era Isa a que enviaba o pau. Inés tiña unha boa ocasión para o Fisober pouco antes de rematar a primeira metade.
A segunda metade tivo máis alternativas se cabe. Os dous minutos Inés poñía en vantaxe novamente as visitantes. Pero tralo saque de centro volvían a igualar as locais por mediación de Isa. E case de seguido Lorena tiña opción de poñer en vantaxe as herculinas. Tan só un minuto despois Inés facía o terceiro gol visitante. Por primeira vez no partido un gol non era respondido o momento polo outro equipo. Pero seguía o ritmo de ocasión local resposta visitante e viceversa. Ocasión de Bego para as locais , pau de Noe para as visitantes. A oito para o fin Jurley poñía novamente a igualada no electrónico. Chegaron os mellores minutos para as locais que tiveron boas ocasións antes de que Lorena puxese en vantaxe as herculinas a tres minutos para o fin. O Fisober arriscaba co ataque de cinco dende o gol ata o fin. Inés tiña unha boa ocasión e a falla de 37 segundo era Noe a que volvía a igualar o partido co catro a catro que resultou definitivo. Partido un pouco tolo que rematou co resultado quizais máis xusto un empate.
Liga Provincial, xornada 18
- Resultado: FSF Villa de Cee - Concello de Ponteceso FSF (4-2).
- FSF VILLA DE CEE: Carla, Alba, Adriana, Andrea e María de Dumbría - tamén xogaron - Marta, María Lijó, Paula Trinidad, Serena e Lucía.
- A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Ana, Carla, Carmen e Zeltia - tamén xogaron - Elsa, Sandra, Martina, Cintia e Noa.
- Goles: 1-0.- Maria de Dumbría (min.2); 2-0.- Andrea (min.10); 2-1.- Noa (min.26); 3-1.- Andrea (min.35); 3-2.- Cintia (min.36); 4-2.- Adriana (min.39).
Partido pouco vistoso o da tarde do sábado no municipal de Cee ante uns 100 afeccionados. Comezaron ambos equipos con moito respecto, aínda así as locais levaban o control do xogo mentres as rapazas do Ponteceso defendíanse perfectamente e mostrábanse perigosas á contra. Serían as primeiras en achegarse á portería contraria, pero adiantaríase o Villa de Cee moi pronto. A pesar de ir por detrás no marcador seguían xogando tranquilas as pontecesanas, estando fortes en defensa e intentando saír co balón xogado en ataque. Ana intentábao con tiros desde frontal, pero saían desviados. Intentábano tamén as do Cee, que non chegaban moito á portería defendida por Melani, pero que si o facían a balón parado e Andrea poñía o segundo no luminoso mandando un balón á escadra. Non baixaban os brazos as pondalianas, que seguían chegando máis á meta rival, sobre todo despois de subir a presión facendo fallar ó Cee na saída do balón. Nos últimos minutos chegarían varias veces, intentándoo Cintia tanto con tiros dende a frontal como con xogada, pero a defensa cerrada do Cee rexeitaba os balóns facendo imposible que o Ponteceso recortara distancias, chegando ó descanso co 2-0 no luminoso.
Saíron dos vestiarios enchufadas as da vila de Pondal, dando un paso adiante no seu xogo e tratando de chegar á portería rival e presionando arriba ó Cee. Ían chegando as ocasións, pero as primeiras de perigo viría tamén por parte local, salvando Melani por dúas veces. Nunha xogada de banda, Noa conseguía o primeiro para as visitantes cun tiro dende a frontal. Co tanto viñéronse arriba as xogadoras de Curro, que comezaban a chegar con máis perigo e continuidade á portería ceense, pero sen acertar nas definicións. Pero nunha contra do Cee, Andrea tiraba dende a frontal e facía o terceiro para o seu equipo. Nos últimosminutos o partido convertíase nun “correcalles”, e seguían con máis ocasións as pontecesanas e Cintia, tras un bo pase de Elsa, recortaba distancias a 4 minutos do final. Pero a pesar das ocasións, non conseguían o empate as pondalianas e si lograban o cuarto as locais a 1 minuto para o final.
Liga Provincial, xornada 18
- Resultado: Espartanas FS - A. D. Atletes, FSF (1-7).
- A.D. Atletes FSF: Mariña (P); Cris (1); Sara; Bárbara (2); Alba (2); Antía (1); Ana; Sandra (1).
Partido xogado no Pavillón do Barrio das Frores da Coruña, que supón tres puntos de ouro para as de Esteiro. O Atletes mostrouse superior as Espartanas, como así o reflexa o marcador. Porén, hai que deixar sinalado que as coruñesas presentáronse a este partido moi mermadas, en canto a persoal. As lesións e obrigas persoais de algunas xogadoras das Espartanas, deixounas moi debilitadas en este partido. Tamén cómpre dicir que dentro do seu nivel, as de Esteiro xogaron un partido moi serio. Con disciplina, marcaxe intenso, boa defensa, contraataques perigosos, sobre todo levados por Bárbara, que parece que neste partido volveu a despertar.
Marcou moi cedo o Atletes por medio de Alba. Logo as coruñesas intensificaron o seu ataque, pero as de Esteiro resistiron ben, e Cris volveu a marcar. Este gol mermou un pouquiño as coruñesas, que xa empezaron a poñerse un poco nerviosas. As coruñesas empezaron a lanzar balóns bombeados o campo das esteiranas, pero éstas superon controlar magníficamente a situación. Esto aproveitouno o Atletes que volveu a marcar por medio de Sandra. Faltando dous minutos e medio para o descanso, volveu a marcar Antía, (destacada do partido). Faltando 25 segundos para o descanso, en un erro de marcaxe das esteiranas, en un saque de banda, Carmen puxo o catro a un para o descanso.
Na segunda metade, o Atletes limitouse a defender no seu propio campo, lanzando perigosos contraataques sobre a portería das coruñesas, a través de Sandra e Bárbara. Endureceron un pouco o partido as Espartanas, pero o Atletes non entrou no xogo, e contuvo con serenidade e control do balón as coruñesas. Froito de esta tensión e impotencia, no minuto dezaseis foi expulsada a xogadora coruñesa Rebeca, por tarxeta roxa diecta. Volveu a marcar Alba para as esteiranas, e muy logo Bárbara puxo o seis a un no marcador. Faltando un minuto e vintecinco segundos, Bárbara finalizou o resultado con un gran gol pola escuadra.
Liga Provincial, xornada 18
- Resultado: A Baña - Concello de Carnota Lira FSF (2-1)
Liga Provincial Masculina, xornada 16
- Resultado: FSF Villa de Cee - Noia Fs (5-0)
- FSF Vila de Cee: Josiño, Jose Antonio, Pablo, Tomás e Carlos. Participando tamén: Rafa, Purti, Marroco , Estrella, Aitor, Miguelón.
Uns 100 afeccionados viron como o FSF Villa de Cee recibía o Noia FS. Saíron os ceenses a polo partido dende o primeiro minuto, aínda que o Noia disfrutou dunha falta o borde da area, no resto do partido non tiveron mais opción de marcar, mentres os Ceenses presionaban arriba e dominaban totalmente todo o xogo, rematando a primeira parte cun 3-0.
Na segunda parte o mesmo guión dominando os Ceenses todo o partido e chegando o final do mesmo cun claro resultado o seu favor de 5-0.
As estrelas nesta semá son 3* para José Antonio o motor do equipo e dous goles, 2* Marroco outros 2 goles, e 1* Pablo, moi participativo todo o partido.
Máis información
- Resultados da Liga Galega Feminina.
- Clasificación da Liga Galega Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Feminina.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Masculina.
- Clasificación da Liga Provincial Masculina.
Crónicas da temporada
- Derrotas antes do gran derbi.
- Grandes tardes de fútbol sala.
- FSF: Un xaneiro fetén.
- FSF: Vila de Cee e Ponteceso ao mando.
- A Festa do FSF: “Unha doce resaca”.
- Corme vibrou coa I Copa da Costa, a festa do FSF.
- FSF: Campionato de inverno e vitoria épica para rematar o ano:
- Atletes, Fisober, Ponteceso e Vila de Cee pelexarán pola I Copa da Costa FSF.
- FSF: A mozas do Vila de Cee xa celebran o título invernal.
- FSF: As Atletes xa saben gañar.
- FSF: Unha xornada de paella colectiva.
- FSF: O Villa de Cee escapa tralo derbi.
- FSF: Só o Vila de Cee responde e mantén o liderado.
- .
- FSF: Cee disfruta do Fútbol Sala.
- O Vila de Cee aséntase no liderato a costa do Ponteceso FSF.
- FSF: Cee volveu vibrar coa familia do fútbol sala ao completo.
- Líderes costeiras.
- FSF: Os mozos de Cee comezan gañando.
- O FSF xa arrincou ao completo.
- FSF: O Fisober gaña por fin na casa tras dous anos de maldición.
- FSF: O Fisober arrincou na Liga Galega mentres Ponteceso, Atletes, Lira e Vila de Cee póñense a punto.
- A Xente do San Cristobal asume o mando da Liga de FS de Cee.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Fútbol Sala costeiro volve ter equipo masculino.
Outras novas do FSF
- A muxiá Eva, campiona da Supercopa de España de FSF.
- Patri fixo de verguda do Fisober na final da Copa Deputación.
- FSF: O Fisober di adeus á categoría estatal a pesar da gran Marea Nejra.
- O Ponteceso FSF pecha unha grandísima temporada co subcampionato da Copa Provincial.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Ponteceso xa é novo equipo da Liga Autonómica.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).