FSF: Os homes de Cee ao asalto da Liga Galega

Imaxe do Choque do Vila de Cee na casa

Xornada escasa no Fútbol Sala feminino costeiro. Descansaban as dumbriesas do Fisober, e o Viaxes Amarelle, por mor dun parón da selección. Tampouco xogaron as ceenses pois o choque da Liga Galega entre o Villa de Cee e o Viaxes Amarelle B se aprazou. Pero si que xogaron os mozos de Cee, e volveron gañar na casa, manténdose nun grupo de arriba tremendamente apretado.

En Liga Provincial só xogaron as esteiráns do Atletes, que fixeron o seu mellor partido da tempada en Betanzos pero non trouxeron puntos de volta para casa.

 

Liga Galega Masculina, xornada 17

  • Resultado: FS. Villa de Cee - Stellae FS (3-2).
  • Villa de Cee: Pose, Aitor (2), Marroco, Rober e Santi. Tamén: Hidalgo, Perce e Juanjo (1).

Fíxolle sufrir á afección o cadro masculino nun partido no que puideron sentenciar moito antes, pero o gol do triunfo non chegou ata que faltaban2 minutos. Os dous equipos tíñanse respecto mutuo e comezaron sin arriscar demasiado. Na primeira rotación entrarían Hidalgo, Perce e Juanjo, e daríanlle algo máis de ritmo, froito diso Juanjo adiantou os nosos, que tiveron ata 5 ocasións claras para sentenciar, pero ó descanso chegouse co 1-0.

Na segunda metade saíron enchufados os de Llopis, Aitor facía o 2-0 e seguían errando ocasións clarísimas, o cal era mal síntoma. Recortaría distancias o Stellae cun tiro lonxano, e xa xogando de 5 lograrían empatar, mais os nosos rapaces nunca se renden e Aitor fixo o definitivo 3:2. Triunfo importante que mantén ós nosos rapaces na parte nobre da táboa.

As estrelas, son 3* para Perce, volveu o de Malpica e notouno o equipo, medindo o tempo do partido
2* para Juanjo, o bravo xogador madrileño volvía despois dun tempo de percance tras percance, e foi o autor do primeiro gol.
1* para Aitor, que aínda que non foi o seu mellor encontro, foi decisivo cos seus dous golazos.

Segue o alto da táboa tremendamente apretado. Só 4 puntos separan ao líder (o Outeiro de Rei que conta cun partido menos), do 5º clasificado, o Villa de Cee. Será un final de tempada apaixoante.

 

Liga Provincial Feminina, xornada 15

  • Resultado: Troula Betanzos F.S. - A.D. Atletes (4-0)
  • A.D. Atletes FSF: Martina (P); Bárbara; Cris; Julia; Alba; Antía; Ana; Ainoa.

Saíu o Atletes a xogar contra o Troula, como era de esperar, a defenderse, xa que era conscente da superioridade das de Betanzos. Defendíanse as de Esteiro con orde e disciplina e intentaban salir á contra con Ainoa ou Alba, cando unha destas se encontraba na pista. No minuto sete do encontro, a través dun forte tiro marca Alba para as de Betanzos. O Atletes non se achica e sigue xogando da mesma maneira; defendendo atrás e intentando salir o contraataque en accións aisladas. As de Betanzos xogan movendo ben o balón, e vólcanse sobre a meta das esteiranas. Chega o minuto 8 e volve a marcar o Troula; esta vez é Noelia, que desde fora da área, de forte tiro marca o segundo gol do seu equipo.

Con moi bo criterio o Atletes, sin descompoñerse, segue ca mesma táctica é consigue non encaixar máis goles nesta primeira metade. Os equipos vanse o descanso con dous a cero para o Troula. Na segunda parte, sigue o mesmo guión, tanto nas de Esteiro coma nas de Betanzos. Éstas intentan forzar máis o se dominio, é no minuto tres, nunha xogada desgraciada para o Atletes, marca Mayra o terceiro gol para as betanceiras. Ao minuto seguinte, froito do seu dominio, volve a marcar Mayra o cuarto é último gol para o Troula. A partires deste momento, sorprendentemente as de Esteiro siguen mantendo o mesmo sistema. Afiánzanse na súa parcela e lanzan insistentes contraataques sobre a portería do Troula. As de Betanzos moven continuamente o balón intentando marcar na portería das esteiranas, pero éstas, casi sin descompoñerse aguantan con muy boa disciplina táctica. O mesmo tempo, efectúan salidas hacia a porta do Troula, mediante accións individuáis de Ainoa, Alba, Bárbara e Antía. Deste modo chega o final do partido co resultado xa citado de catro a cero a favor das da casa.

Polo Atletes, todas a moi bo nivel, dentro das súas posibilidades. Seguramente o mellor partido realizado polas esteiranas no que vai de campionato. Con boa disposición sobre a pista, ordenadas e seguras das súas posibilidades.  

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).