FSF: Un día de praia

As Xogadoras do Fisober disfrutaron da praia cantábrica con Santander ao fondo

Ata Cantabria viaxaron as xogadoras do Fisober, e o que trouxeron de volta foron varias imaxes das fermosas praias do cantábrico. Porque os puntos e as sensacións quedaron en Latas de Ribamontán al Mar. E cun ollo mira cara abaixo o cadro do Fisober, que ten o descenso cada día máis reto.

Pola súa banda, en Liga Galega, o Semáforo non tiña partido, pero si tiñan os homes do Xunqueira, que vencían na casa ao Hércules e manteñen a 3ª posición.

Xa na Liga Provincial, o Ponteceso FSF non pasaba do empate nun partido chave para as súas aspiracións, ante o Fervenza B, 3º clasificado, quedando así a 3 puntos do Comarcal, a 5 do Ventorrilo e xa a 13 do destacado líder, A Baña.
As que non sumaban eran as Atletes de Esteiro, que non superaban o feitizo das Meigas.

 

2ª División Estatal, xornada 20

  • Resultado: RIBAMONTÁN AL MAR C.F. – FISOBER F.S.F. (8-1).
  • Fisober: Lía, Laura, Ana, Paula Fandiño, Noe; tamén xogaron : Inés, Mai, Bárbara, Tamara, Leti.
  • Goles: 1-0 min.7 Laura, 2-0 min. 9 Isa, 3-0 min. 9 Isa, 4-0 min. 10 Laura, 5-0 min. 17 Leti, 6-0 min 20 Lorena (descanso), 6-1 min 24 Laura, 7-1 min 34 Laura, 8-1 min. 35 Laura.
Partido do Fisober en Lamas de Ribamontan

O resultado dio todo e o igual que na primeira volta o conxunto costeiro non foi quen de facerlle forza a un conxunto cántabro que se levou o partido con solvencia.

Esperou o Fisober a media pista deixándolle o peso do partido as cántabras. Dominaban as locais pero defendíase ben o conxunto costeiro. Ata que aos sete minutos a local Laura abría a lata, nunca mellor dito, e case puxo fin o partido. Caeron tres goles locais máis mediada esa primeira metade obra de Isa en dúas ocasións e Laura. E outros 3 antes do descanso.

Saiu mellor o Fisober na segunda metade, adiantando a presión e tentando mellorar. Así Laura facía o gol costeiro aos catro minutos da reanudación. O seu primeiro gol na categoría. E Mai a piques estivo de reducir aínda máis o electrónico. Pero foi a local Laura a que facía dous goles para poñer o 8 a 1 definitivo.

Duro rival para a volta tras semanas de parón para un Fisober que tentará refacerse a vindeira semana na que recibe a visita do Ordizia nas instalacións de O Conco.

 

Liga Galega Norte, xornada 23

  • Resultado: FSF Villa de Cee - AJ Pombo Hércules (4-2).
  • Villa de Cee:

Importante vitoria dos homes do Xunqueira que se manteñen no alto da táboa.

 

Liga Provincial, xornada 21

  • Resultado: Comarcal A Fervenza FSF "B" - Concello de Ponteceso FSF (4-4).
  • A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Isabel, Nuria, Aniña, Martina e Verónica - tamén xogaron - Carmen.
  • Goles: Andrea (2), Blanca e Natalia para as locais. Martina (2), Carmen e Verónica para as pontecesás.

Bo partido o visto a mañá do domingo no municipal de Narón, onde un Concello de Ponteceso FSF con varias baixas, conseguiu remontar un 2-0 para acabar conseguindo un punto moi valioso. Comezaba avisando xa o conxunto pontecesán de que non lle poñería as cousas fáciles ás locais, pois Martina mandaba un tiro ó longueiro na primeira xogada do Ponteceso. Pero pouco se asustaban as ferrolanad que, tras un erro defensivo das pondalianas, se adiantaban no marcador. Pese ó tanto en contra, non se poñían nerviosas as visitantes, que en ataque conseguían chegar con perigo casi en cada xogada e Vero mandaría outro balón ó longueiro. Ó fallo nas definicións finais, tamén se lle sumaban os erros coas marcas en defensa, e de aí chegou o segundo gol do Comarcal a Fervenza, dun remate da xogadora soa ante Isabel.
Aínda dispoñerían dun par de ocasións claras as da vila de Pondal, a máis clara a de Vero que erraba nun man a man coa porteira local, pero chegaríase ó descanso co 2-0 no luminoso.

No segundo período saían con máis intensidade e máis ordeadas en defensa as xogadoras de Curro. Martina recortaba distancias ós 7 minutos da reanudación rematando soa tras un pase de Ana ó medio da área. Contestaban as de ferrolterra cun tiro de falta directo que conseguía batir a Isabel. Pero seguían sen baixar os brazos as pontecesanas que, en 6minutos lograban darlle a volta ó marcador. Carmen, rematando no segundo pau, e Vero de xogada individual poñerían as táboas no luminoso. Co 3-3 dispoñerían dunha boa oportunidade o Comarcal a Fervenza cun tiro de castigo, pero Isabel despexaría o balón evitando así o gol das rivais. Respondería a esto o Concello de Ponteceso facendo o 4° gol co que lograba a remontada, cun gol de Martina que remataba no 2° pau un pase de Vero.
Non remataría así o encontro, pois nun saque de córner lograrían empatar de novo as locais, que aínda dispoñerían dun último tiro de castigo para gañar no último minuto, pero Isabel volvería ser decisiva e despexar o balón.

Remataba así o encontro co empate a 4 no marcador, cunha boa segunda parte do Concello de Ponteceso FSF que rematou o partido con só 5 xogadoras pola lesión de Carmen, pero que pese a iso, non baixou os brazos en ningún momento conseguindo un empate que, visto o partido non sabe a moito, pois tiveron ocasións para levar os 3 puntos, pero que foi moi traballado e satisfactorio.

 

Liga Provincial, xornada 21

  • Resultado: Meigas FS - A.D. Atletes (4-0)
  • Atletes: Martina (P); Mariña; Cris; Julia; Marta; Alba; Antía; Ana; Sara; Ainoa.

O Atletes, coma sempre, saíu a defender en media pista, pero sen o sacrificio que mostrou no anterior partido xogado na casa. De todas maneiras defendíase ben, ata que no minuto sete, marca o primeiro gol para as Meigas, Nerea. Desde o borde da área marca con un tiro raso que nada pudo facer Martina. O Atletes intenta a partires de aquí, lanzar algún contraataque por medio de Alba e Ainoa, acompañadas a veces por Antía, que intenta axudar a estas dúas. Alba intenta por dúas ocasións conseguir algo efectivo, pero tras dous contraataques ben levados pola dereita, salen ámbolos dous raspando o poste dereito da porteira das Meigas, Yaiza. Transcurre desta maneira o partido, ata que no minuto 18 desta primeira metade, en una xogada desgraciada, Ana marca en propia porta, o intentar despexar un tiro desviado do Meigas. Con este resultado chégase o descanso.

Na segunda metade, as Meigas móstranse máis precavidas, en relación co resultado que lles e favorable. O Atletes deféndese ben, e intenta chegar a portería das Meigas. Por dúas veces Alba, e outras dúas Ainoa, consiguen chegar a portería, e a un tiro de Alba, lúcese a porteira das Meigas. O Atletes intenta chegar a porta das Meigas, pero éstas saben conter muy ben as esteiranas. Chega o minuto 17 desta segunda metade, e as de Bertamiráns consiguen o seu terceiro gol por medio de Teresa, que tras una boa combinación logran subir o terceiro o marcador.

A partir de aquí as de Esteiro xogan abertamente o ataque, e consiguen poñer en perigo por dúas ocasións a porteira das Meigas. Insisten as do Atletes, pero faltando 46 segundos para o final, tras un erro grave de marcaxe, logra o cuarto gol as Meigas, por medio de Ángela, tras un contraataque que chegou sola a porta do Atletes.

En resumen bo partido, as Meigas con un equipo moi noviño, con una boa situación táctica o contínuas rotacións que consigue facer un fútbol práctico e efectivo. O Atletes, en constante auxe, que tampouco quedou desanimado con este partido.

 

2ª División Femenina - Grupo IV, xornada 20

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - CD Segovia Futsal (3-2)
  • Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Patri, Sheila, Martita, María Gómez (cinco inicial), Alba, Dolo.
  • Goles: 1-0 María Gómez (min. 2); 2-0 Dolo (min. 5); 3-0 María Gómez (min. 24); 3-1 Sara (min. 37); 3-2 Leire (min. 39).
  • O Viaxes Amarelle FSF volve á senda dunha vitoria necesaria a costa do CD Segovia Futsal, tras dous meses sen sumar de 3 en 3. O partido estivo sempre de cara as herculinas que se puxeron co 3-0 no marcador e nos últimos minutos de partido as visitantes aproveitaron erros das galegas.

    Máis información

    Novas relacionadas

    Fonte

    • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)