Javier Varela e Natala Raña impóñense na I BTT Malpica-Nariga

Un total de 185 ciclistas participaron na I BTT Malpica-Nariga A I BTT Malpica-Nariga que tivo lugar o pasado domingo resultou espectacular tanto pola altísima participación –acudiron 185 dos 210 inscritos-, coma polo percorrido, as vistas, os preciosos trofeos e o riquísimo xantar do que desfrutaron os e as participantes. O concelleiro de Deportes, Iago Espasandín Varela, reiterou o agradecemento do concello de Malpica aos patrocinadores, así coma a Protección Civil Malpica de Bergantiños, Policía Local, voluntarios/as e ao Sporting Seaia CF, que foi un dos coorganizadores xunto a Emesports e o propio concello.
O alcalde de Malpica foi o encargado de dar a saída ao pelotón O alcalde, Eduardo Parga Veiga, foi o encargado de dar a saída ao pelotón, e o concelleiro de Deportes, xunto co tenente de alcalde, Miguel Fernández, e o presidente do Seaia, Roque Chouciño, de entregar os premios aos gañadores e gañadoras. Podios
Podio da categoría masculina Na categoría masculina os tres primeiros foron, por esta orde, Javier Varela, Jorge Pérez e Uxío Canosa.
Podio da categoría feminina E na feminina, Natalia Raña, Sonia Costoya e Priscila Suárez. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Malpica