Liga da Costa: De aguinaldo, un liderato
19 de decembro de 2016 (12:11 h.)
Non contaba o Corme co tropezo do Baio na casa ante o Cerqueda, o que deixa aos de Lentejo no máis alto da táboa (en solitario esta vez) como peche do 2016; o Mazaricos confirmouse como terceira vía tras destruir ao San Lorenzo
O Louro superou sen problemas ao Coristanco
Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com
Mazaricos 3-1 San Lorenzo
Campo: Peña do Ouro
Mazaricos: Miguel, Xabi (Oreiro m.72), Jose, Matías, David, Ricardo, Chenel, Molinos (Esteban m.58), Estéfano, Dani Martínez (Brais m.46) (Martín m.82) e Pereiro
San Lorenzo: Javi Souto, Anxo, Kevin, Pablo Díaz (Dani Rey m.80), Juanjo, Álex Taibo, Rubén Varela, Iván Parafita, Juni, Fuentefría e Diego Varela
Árbitro: Pardiñas García (A Coruña). Amonestou a Dani Martínez, Ricardo e Pereiro do Mazaricos; Juni, Álex Taibo, Rubén e Javi Souto do San Lorenzo
Goles: 1-0 m.6 Molinos; 2-0 m.45 Molinos; 2-1 m.65 Parafita; 3-1 m.78 David
Alternativa real
O Mazaricos superou ao que pode dicirse o seu dobre no que a aspiracións se refire e púxose na línea de ameaza para Baio e Corme. Non foi o máis espectacular dos partidos, aínda que engadindo o factor clasificatorio si o máis decisivo. Tamén influiu no devenir a psicoloxía, xa que os dous tantos que racharon definitivamente a tarde chegaron ao inicio e ao final do primeiro acto, no que parecía un punto de ausencia verdillesa pola falta de fiabilidade nos tantos. Interpretou mellor o cadro de Néstor Romero o que requería o partido, con saída tras roubo nun exercicio de intensidade. A volta dos vestiarios tivo un posible punto de inflexión no tanto de Parafita. Ademais, os visitantes reclamaron un penalti previo ao tanto de David que sentenciaba. Queda coronado 'deffín' da Liga da Costa un Mazaricos capaz de minimizar a inciencia en herba natural do San Lorenzo, mentres que os carballeses manteñen puntos para o 'gordo' final. Nesta ocasións ademais penalizaron as baixas.
Buño 0-3 Corme
Toni foi expulsado na primeira metade - Foto: Fin Lema
Lucas volveu ser executor a balón parado - Foto: Fin Lema
Campo: Xaviña
Buño: Toni, Miguel Dourado, Pablo Canedo (Aitor m.57), Mario, Eloy (Dimitri m.59), Dani Calvete, Jorge Calvete, Adrián (Fran m.55), Juan Antelo, Jordan e Martín (Jesús m.64)
Corme: Susiño, Jesús (Brais Torrado m.66), Alejandro, Pandi, Toniño (Jose m.90), Eloy, Martín (Aitor m.79), Adrián Doldán, Alejo, Lucas e Brais Corral (Diego m.66)
Árbitro: Insua Lago (A Coruña). Expulsou a Toni (m.44) do Buño.
Goles: 0-1 m.24 Alejo; 0-2 m.38 Alejo; 0-3 m.47 Alejo
Na festa de Emilio faltaron puntos
Emilio recibindo un detalle do alcalde de Malpica polos seus 25 anos no club
Non esquecerá a familia do Buño o derbi co Corme, a pesares do resultado. Emilio, un dos futbolistas máis importantes da súa historia, foi homeaxeado polo cuarto de século de forma ininterrumpida no clube oleiro Participaron ademais da entidade branquiazul o Corme, o Concello de Malpica e o Comité Técnico Galego de Árbitros, xa que o xogador nunca foi expulsado. Unha vez comezadas as hostilidades con balón de por medio non houbo cor. Foi absoluto dominador o líder da Liga da Costa, que solucionou antes do ecuador. Alejo, no man a man ante Toni e de vaselina, facía o primeiro. Pouco despois Lucas vestíase de Guti en Riazor e asistía para que Toniño fixese o segundo. Os dous tantos, unidos á expulsión de Toni por dúas faltas fóra do área, mataron a competitividade. Alejo fixo o terceiro nada máis retornar de vestiarios e sobrou máis de media hora dun partido limpo. Como toda a súa vida foi Eloy.
Castriz 0-2 Unión Club Cee
Campo: San Pedro
Castriz: Herrera, Martín, Álex, Carlos, Steven (Marcos m.80), Raúl (Iván m.38), Nakata (Luis m.60), Adrián, Matías e Kevin (Chinda m.55)
Unión Club Cee: Paulo, Nico, Jorgito, Julito, Aitor, Esteban, Uri, Carlos Leis, Leo (Jose m.78), Juan Bello (Álex m.88) e Javi
Árbitro Pérez Rellán (A Coruña).
Goles: 0-1 m.53 Javi; 0-2 m.87 Uri
A fe conquista San Pedro
Poucos terían arriscado os seus aforros por un triunfo dun tocado Unión Club Cee no campo de San Pedro de Castriz, fortín tradicional da Liga da Costa. Pero os grandes teñen esas cousas. Voltan cando menos se lles agarda. Os sureños, ben prantados, apenas deixaron espazos para a creación de perigo por parte dun Castriz algo falto de ideas. De feito, pode dicirse que a primeira metade resultou virxe no que a penetracións no área se refire, e o empate sen goles era o mellor espello do que sucedía no campo. Tivo que chegar unha anomalía, algo totalmente diferente ao que sucedía, o que mudase a dinámica. E aí entrou Javi. O ceense sacou un disparo lonxano inalcanzable para Herrera, e que resultaba ademais un mazazo para as aspiracións xalleiras. Desarmouse e a pracer empezou a combinar un Unión que mataría a cita co tanto de Uri. O Castriz terá que reflexionar nas vacacións, mentres que o Cee ten adquirido unha boa bombona de aire.
Monte Louro 5-3 Coristanco
O Louro pechou un gran ano
Campo: Agra de Filgueira
Monte Louro: Iago, Abel (Pedro m.66), David, Pablo, Manolo Chouza, Yeray (Gelo m.57), Riki, Raúl (Miguel m.74), Geiko, Juan de Selia (Gabri m.80) e Dani de Sahorta
Coristanco: Brais, Álex Mato, Gustavo, Jonathan, Añón (Pazos m.39), Gonzalo, Iván, Jorge Lorenzo, Álvaro, Marcos Corral e Rubén
Árbitro: Rey Rodríguez (A Coruña).
Goles: 0-1 m.8 Iván, de penalti; 1-1 m.31 Geiko; 2-1 m.50 Riki; 3-1 m.64 Geiko; 3-2 m.72 Gustavo; 4-2 m.78 Dani de Sahorta; 4-3 m.90 Gonzalo; 5-3 m.92 Miguel
O fútbol tenis do Monte Louro
Novo partido de diversión y goles coa Unión Deportiva Monte Louro de por medio. Os muradáns superaron con certa comodidade ao Coristanco, un teórico rival directo que amosou estar algo por debaixo. O ano histórico dos brancos deixa unha das mellores clasificacións que se lembran na entidade. Os demonios ofensivos do Louro minimizaron o efecto do madrugador tanto de Iván, de penalti. Geiko, de cabeza a balón parado, mandou a cita en táboas a un intermedio no que pareceu invocar Óscar Leis a maxia que ten no vestiario. Primeiro apareceu Riki para, desde case o medio do campo, firmar un gol tan grande como el (se falamos de consideracións inversamente proporcionais). Faltaba o toque 'Seliaco', e Juan sacou un tiro contra o pau. O rexeite mandouno a gol Geiko. Desmelenouse a tarde nun cuarto de hora final de intercambio case boxeístico nos golpes, e aí a maioría leva as de perder cun Louro que rápidamente respostou a cada tentativa de golpe por parte bergantiñán.
Camariñas 3-0 Corcubión
Campo: Hermanas Patiño
Camariñas: Pablo Novo, Gabri (Joseba m.81), Moriño, Soule (Álex m.81), Brais, Javi Antelo (Yuyo m.60), Brandon (Pablo Mouzo m.74), Pablo Suárez, Rodri, Maikel e Nazo
Corcubión: Abe, Mario (Xabi m.85), Adrián, Pablo Castro, Gabri, Sebas, Rama (Luis m.58), Roi (Nes m.60), Lema, Samu (Tito m.46) e Senra
Árbitro: Gesto Moral (A Coruña). Expulsou a Sebas do Corcubión (m.44). Amonestou a Javi Antelo e Pablo do Camariñas; Mario e Pablo do Corcubión
Goles: 1-0 m.8 Soule; 2-0 m.24 Soule; 3-0 m.75 Soule
Usain Bolt nunha autoestrada
Foi o africano Soule o elemento diferencial do choque entre o Camariñas e o Corcubión. Son crecentes os problemas da UD, instalada en postos de descenso con dificultades defensivas. O plan de aguantar e saír en velocidade foi prácticamente común en ambos conxuntos, pero o factor diferencial era dos palilleiros, xa só por un mero elemento físico. Unha falta detida e rexeitada por Abe, e remachada por Soule, deixou o primeiro tanto, que abriría ademais unha ferida que non pararía de medrar. O mesmo protagonista percorrería minutos despois case todo o campo rival para resolver a gol un man a man, e de paso case sentenciar o partido. E se non o estaba xa o cartón vermello a Sebas así pareceu indicalo. Nun sobrante segundo tempo Roi tivo dúas para acurtar distancias, e Soule, de cabeza, pecharía unha das súas mellores actuacións desde que chegou ao Camariñas.
Esteirana 3-2 Porteño
A Esteirana marcou ao final
Campo: José Luis Vara
Esteirana: Roberto, Rafa, Damián Suizo, Martín, Iker (Eloy m.23), Brais Pachín, Manu, David, Jaime, Simón e Tobñio
Porteño: Martín, Pejo, Adrián, Piti, Jorge, Marcos, Xoel, Jorgito (Caamaño m.73), Roi, Manu (Isma m.49) e Rodri
Árbitro: Sornichero Caicedo (A Coruña). Expulsou a Tobío da Esteirana (m.34). Amonestou a Martín, Marcos, Piti e Roi do Porteño
Goles: 1-0 m.14 Brais Pachín; 1-1 m.23 Jorge; 1-2 m.34 Piti, de penalti; 2-2 m.60 Damián Suizo; 3-2 m.90 Manu
Dous xeitos de comer o turrón
De mala dixestión foi a 'cea' previa ao Nadal para un Porteño que sentía ter tres puntos atados da súa visita a Esteiro, e que acabou sen botín algún. A remontada azulgrana alonxa calquera pantasma para o xove conxunto sureño, e confirma a importancia dos canteiráns a pesares das moitas baixas. Unha primeira metade intensa, con remontada porteñista cunha contra de Jorge e un claro penalti transformado por Piti (foi expulsado Tobío por para un balón de gol coas mans), deixaría paso a un segundo acto no que os locais comezaron a crer máis e máis. Un penalti protestado polo Porteño, convertido por Suizo, e un tanto de Manu na prolongación, confirmaron o desastre porteñista e a ledicia esteirán.
Baio 0-0 Cerqueda
Resistiuselle o gol ao Baio - Foto: UD Cerqueda
Campo: Platas Reinoso
Baio: Diego, Isaac, Mario, Norberto, Luis, Fachal, Rubio (Pedro m.65), Moreno, Bieito (Ramón m.70), Javi Suárez e Martín MC
Cerqueda: Diego Dourado, Bastón (Méndez m.59), Dani, Athu, Sergio (Richard m.86), Javi Pazos, Dani Mato, Cholo (Vieites m.75), Míchel, Jonás (Moha m.51) e Lorenzo
Árbitro: García Vázquez (A Coruña). Amonestou a Fachal do Baio; Dani Mato, Athu, Manuel, Miguel, Cristian, Sergio e Diego Dourado do Cerqueda
Dos que se lembran
O Baio pinchou contra o Cerqueda nun deses encontros que no balance de final de tempada, de non conseguir os obxectivos, quedan na retina. Os de Pedro Gómez foron dominadores absolutos do balón e das fases do partido, ante un rival que tivo en todo momento clarísimo o seu rol e o que lle pedía o guión: axudas e non saír en ningún momento dos límites que permiten a resistencia. Foi un acoso, sen derribo, e tamén sen demasiadas oportunidades clarísimas. Un paradón de Diego Dourado ao borde do intermedio, tras cabezazo de Moreno, así como un disparo de MC que marchou alto por pouco, xa na reanudación, foron o máis preto que estivo o Baio de derribar o muro cerquedense.
Malpica 3-1 Laxe
Campo: A Pedra Queimada
Malpica: Brais, Cristian, Marcos Pensado (Brais Ortiz m.46), Pablo Rey, Mario, Isma, Albertiño (Lolo m.70), Petís (Eloy Cabeza m.60), Cololo, Álex e Iván
Laxe: Jacobo, Simón (Pedro m.79), Gota, Pablo, Jacinto, Borja, Saleta, Aarón (Santi Casas m.46), Miguel Varela (Bieito m.69), Felipe e Aless
Árbitro: Iglesias Bazarra (A Coruña). Amonestou a Cololo do Malpica; Álex Trigo do Laxe
Goles: 1-0 m.56 Cololo; 1-1 m.58 Miguel Varela; 2-1 m.74 Eloy: 3-1 m.83 Brais Ortiz
O mellor Laxe non pudo co Malpica
A versión máis enchufada e notable do Laxe nas últimas semanas tampouco deu para que os bergantiñáns puntuaran ante o case veciño Malpica, un conxunto que gana moitos puntos xa só co factor experiencia. Houbo pouca historia nunha primeira parte sen apenas opcións claras de perigo e con moita loita no centro do campo. Mudou o panorama co intercambio de golpes da reanudación, con Cololo facendo o primeiro de cabeza a centro dun gran Iván (debutante). Igualou pouco despois o carballés Miguel Varela, con certa pasividade defensiva. O paso dos minutos deulle protagonismo a unha calidade individual que era marca rexistrada do Malpica e así o fixo notar. Eloy Cabeza, de exterior a centro de Iván, e Brais Ortiz, despois de que Pablo Rey recollese o 'disfraz' de Gerard Piqué e filtrase un pase entre a zaga rival, desequilibraron o choque.
Ponteceso 2-1 Baíñas
Campo: O Pinguel
Ponteceso: Xurxo, Cotelo (Charro m.61), Matías, Nando, Alberto Recarey, Juanma, Dieguito (Mara m.78), Yago (Youssef m.62), Javi, Mendieta e Charly
Baíñas: Maikel, Iván (Víctor m.53), Héctor, Braulio, Jose, Jaime, Pablo Riveiro (Oreiro m.76), Canay, Pablo Muíño, Felipe e Cristian
Árbitro: Baña Tajes (A Coruña).
Goles: 1-0 m.47 Nando; 2-0 m.73 Charro; 2-1 m.90 Pablo Muíño
Non foi tan axustado
Un penalti convertido nos derradeiros intres por Pablo Muíño púxolle un pouco de maquillaxe á cómoda vitoria do Ponteceso sobre o Baíñas. Os de Barca chegan ao parón de Nadal con opcións reais de competir polo título, a pesares do bache de hai case dous meses. Pola súa banda, os vimianceses non acaban de atoparlle o punto, nin tampouco o xeito de repetir alineación. Foi case total o dominio local, nun primeira metade sen puntería. Os dous tantos, xa no segundo acto, resultaron dunha producción case idéntica: dous desmarques ás costas da defensa, pase da morte e remate. O primeiro levou o selo de Nando, mentres que no segundo foi Charro o executor. Apenas correu perigo o triunfo en algún momento.