xoves. 01.05.2025
El tiempo

Liga da Costa: De aguinaldo, un liderato

Liga da Costa: De aguinaldo, un liderato
Non contaba o Corme co tropezo do Baio na casa ante o Cerqueda, o que deixa aos de Lentejo no máis alto da táboa (en solitario esta vez) como peche do 2016; o Mazaricos confirmouse como terceira vía tras destruir ao San Lorenzo O Louro superou sen problemas ao Coristanco O Louro superou sen problemas ao Coristanco Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Mazaricos 3-1 San Lorenzo Campo: Peña do Ouro Mazaricos: Miguel, Xabi (Oreiro m.72), Jose, Matías, David, Ricardo, Chenel, Molinos (Esteban m.58), Estéfano, Dani Martínez (Brais m.46) (Martín m.82) e Pereiro San Lorenzo: Javi Souto, Anxo, Kevin, Pablo Díaz (Dani Rey m.80), Juanjo, Álex Taibo, Rubén Varela, Iván Parafita, Juni, Fuentefría e Diego Varela Árbitro: Pardiñas García (A Coruña). Amonestou a Dani Martínez, Ricardo e Pereiro do Mazaricos; Juni, Álex Taibo, Rubén e Javi Souto do San Lorenzo Goles: 1-0 m.6 Molinos; 2-0 m.45 Molinos; 2-1 m.65 Parafita; 3-1 m.78 David Alternativa real O Mazaricos superou ao que pode dicirse o seu dobre no que a aspiracións se refire e púxose na línea de ameaza para Baio e Corme. Non foi o máis espectacular dos partidos, aínda que engadindo o factor clasificatorio si o máis decisivo. Tamén influiu no devenir a psicoloxía, xa que os dous tantos que racharon definitivamente a tarde chegaron ao inicio e ao final do primeiro acto, no que parecía un punto de ausencia verdillesa pola falta de fiabilidade nos tantos. Interpretou mellor o cadro de Néstor Romero o que requería o partido, con saída tras roubo nun exercicio de intensidade. A volta dos vestiarios tivo un posible punto de inflexión no tanto de Parafita. Ademais, os visitantes reclamaron un penalti previo ao tanto de David que sentenciaba. Queda coronado 'deffín' da Liga da Costa un Mazaricos capaz de minimizar a inciencia en herba natural do San Lorenzo, mentres que os carballeses manteñen puntos para o 'gordo' final. Nesta ocasións ademais penalizaron as baixas. Buño 0-3 Corme Toni foi expulsado na primeira metade - Foto: Fin Lema Toni foi expulsado na primeira metade - Foto: Fin Lema Lucas volveu ser executor a balón parado - Foto: Fin Lema Lucas volveu ser executor a balón parado - Foto: Fin Lema Campo: Xaviña Buño: Toni, Miguel Dourado, Pablo Canedo (Aitor m.57), Mario, Eloy (Dimitri m.59), Dani Calvete, Jorge Calvete, Adrián (Fran m.55), Juan Antelo, Jordan e Martín (Jesús m.64) Corme: Susiño, Jesús (Brais Torrado m.66), Alejandro, Pandi, Toniño (Jose m.90), Eloy, Martín (Aitor m.79), Adrián Doldán, Alejo, Lucas e Brais Corral (Diego m.66) Árbitro: Insua Lago (A Coruña). Expulsou a Toni (m.44) do Buño. Goles: 0-1 m.24 Alejo; 0-2 m.38 Alejo; 0-3 m.47 Alejo Na festa de Emilio faltaron puntos emilio-do-buno-recibindo-un-detalle-do-alcalde-de-malpica Emilio recibindo un detalle do alcalde de Malpica polos seus 25 anos no club Non esquecerá a familia do Buño o derbi co Corme, a pesares do resultado. Emilio, un dos futbolistas máis importantes da súa historia, foi homeaxeado polo cuarto de século de forma ininterrumpida no clube oleiro Participaron ademais da entidade branquiazul o Corme, o Concello de Malpica e o Comité Técnico Galego de Árbitros, xa que o xogador nunca foi expulsado. Unha vez comezadas as hostilidades con balón de por medio non houbo cor. Foi absoluto dominador o líder da Liga da Costa, que solucionou antes do ecuador. Alejo, no man a man ante Toni e de vaselina, facía o primeiro. Pouco despois Lucas vestíase de Guti en Riazor e asistía para que Toniño fixese o segundo. Os dous tantos, unidos á expulsión de Toni por dúas faltas fóra do área, mataron a competitividade. Alejo fixo o terceiro nada máis retornar de vestiarios e sobrou máis de media hora dun partido limpo. Como toda a súa vida foi Eloy. Castriz 0-2 Unión Club Cee Campo: San Pedro Castriz: Herrera, Martín, Álex, Carlos, Steven (Marcos m.80), Raúl (Iván m.38), Nakata (Luis m.60), Adrián, Matías e Kevin (Chinda m.55) Unión Club Cee: Paulo, Nico, Jorgito, Julito, Aitor, Esteban, Uri, Carlos Leis, Leo (Jose m.78), Juan Bello (Álex m.88) e Javi Árbitro Pérez Rellán (A Coruña). Goles: 0-1 m.53 Javi; 0-2 m.87 Uri A fe conquista San Pedro Poucos terían arriscado os seus aforros por un triunfo dun tocado Unión Club Cee no campo de San Pedro de Castriz, fortín tradicional da Liga da Costa. Pero os grandes teñen esas cousas. Voltan cando menos se lles agarda. Os sureños, ben prantados, apenas deixaron espazos para a creación de perigo por parte dun Castriz algo falto de ideas. De feito, pode dicirse que a primeira metade resultou virxe no que a penetracións no área se refire, e o empate sen goles era o mellor espello do que sucedía no campo. Tivo que chegar unha anomalía, algo totalmente diferente ao que sucedía, o que mudase a dinámica. E aí entrou Javi. O ceense sacou un disparo lonxano inalcanzable para Herrera, e que resultaba ademais un mazazo para as aspiracións xalleiras. Desarmouse e a pracer empezou a combinar un Unión que mataría a cita co tanto de Uri. O Castriz terá que reflexionar nas vacacións, mentres que o Cee ten adquirido unha boa bombona de aire. Monte Louro 5-3 Coristanco O Louro pechou un gran ano O Louro pechou un gran ano Campo: Agra de Filgueira Monte Louro: Iago, Abel (Pedro m.66), David, Pablo, Manolo Chouza, Yeray (Gelo m.57), Riki, Raúl (Miguel m.74), Geiko, Juan de Selia (Gabri m.80) e Dani de Sahorta Coristanco: Brais, Álex Mato, Gustavo, Jonathan, Añón (Pazos m.39), Gonzalo, Iván, Jorge Lorenzo, Álvaro, Marcos Corral e Rubén Árbitro: Rey Rodríguez (A Coruña). Goles: 0-1 m.8 Iván, de penalti; 1-1 m.31 Geiko; 2-1 m.50 Riki; 3-1 m.64 Geiko; 3-2 m.72 Gustavo; 4-2 m.78 Dani de Sahorta; 4-3 m.90 Gonzalo; 5-3 m.92 Miguel O fútbol tenis do Monte Louro Novo partido de diversión y goles coa Unión Deportiva Monte Louro de por medio. Os muradáns superaron con certa comodidade ao Coristanco, un teórico rival directo que amosou estar algo por debaixo. O ano histórico dos brancos deixa unha das mellores clasificacións que se lembran na entidade. Os demonios ofensivos do Louro minimizaron o efecto do madrugador tanto de Iván, de penalti. Geiko, de cabeza a balón parado, mandou a cita en táboas a un intermedio no que pareceu invocar Óscar Leis a maxia que ten no vestiario. Primeiro apareceu Riki para, desde case o medio do campo, firmar un gol tan grande como el (se falamos de consideracións inversamente proporcionais). Faltaba o toque 'Seliaco', e Juan sacou un tiro contra o pau. O rexeite mandouno a gol Geiko. Desmelenouse a tarde nun cuarto de hora final de intercambio case boxeístico nos golpes, e aí a maioría leva as de perder cun Louro que rápidamente respostou a cada tentativa de golpe por parte bergantiñán. Camariñas 3-0 Corcubión Campo: Hermanas Patiño Camariñas: Pablo Novo, Gabri (Joseba m.81), Moriño, Soule (Álex m.81), Brais, Javi Antelo (Yuyo m.60), Brandon (Pablo Mouzo m.74), Pablo Suárez, Rodri, Maikel e Nazo Corcubión: Abe, Mario (Xabi m.85), Adrián, Pablo Castro, Gabri, Sebas, Rama (Luis m.58), Roi (Nes m.60), Lema, Samu (Tito m.46) e Senra Árbitro: Gesto Moral (A Coruña). Expulsou a Sebas do Corcubión (m.44). Amonestou a Javi Antelo e Pablo do Camariñas; Mario e Pablo do Corcubión Goles: 1-0 m.8 Soule; 2-0 m.24 Soule; 3-0 m.75 Soule Usain Bolt nunha autoestrada Foi o africano Soule o elemento diferencial do choque entre o Camariñas e o Corcubión. Son crecentes os problemas da UD, instalada en postos de descenso con dificultades defensivas. O plan de aguantar e saír en velocidade foi prácticamente común en ambos conxuntos, pero o factor diferencial era dos palilleiros, xa só por un mero elemento físico. Unha falta detida e rexeitada por Abe, e remachada por Soule, deixou o primeiro tanto, que abriría ademais unha ferida que non pararía de medrar. O mesmo protagonista percorrería minutos despois case todo o campo rival para resolver a gol un man a man, e de paso case sentenciar o partido. E se non o estaba xa o cartón vermello a Sebas así pareceu indicalo. Nun sobrante segundo tempo Roi tivo dúas para acurtar distancias, e Soule, de cabeza, pecharía unha das súas mellores actuacións desde que chegou ao Camariñas. Esteirana 3-2 Porteño A Esteirana marcou ao final A Esteirana marcou ao final Campo: José Luis Vara Esteirana: Roberto, Rafa, Damián Suizo, Martín, Iker (Eloy m.23), Brais Pachín, Manu, David, Jaime, Simón e Tobñio Porteño: Martín, Pejo, Adrián, Piti, Jorge, Marcos, Xoel, Jorgito (Caamaño m.73), Roi, Manu (Isma m.49) e Rodri Árbitro: Sornichero Caicedo (A Coruña). Expulsou a Tobío da Esteirana (m.34). Amonestou a Martín, Marcos, Piti e Roi do Porteño Goles: 1-0 m.14 Brais Pachín; 1-1 m.23 Jorge; 1-2 m.34 Piti, de penalti; 2-2 m.60 Damián Suizo; 3-2 m.90 Manu Dous xeitos de comer o turrón De mala dixestión foi a 'cea' previa ao Nadal para un Porteño que sentía ter tres puntos atados da súa visita a Esteiro, e que acabou sen botín algún. A remontada azulgrana alonxa calquera pantasma para o xove conxunto sureño, e confirma a importancia dos canteiráns a pesares das moitas baixas. Unha primeira metade intensa, con remontada porteñista cunha contra de Jorge e un claro penalti transformado por Piti (foi expulsado Tobío por para un balón de gol coas mans), deixaría paso a un segundo acto no que os locais comezaron a crer máis e máis. Un penalti protestado polo Porteño, convertido por Suizo, e un tanto de Manu na prolongación, confirmaron o desastre porteñista e a ledicia esteirán. Baio 0-0 Cerqueda Resistiuselle o gol ao Baio - Foto: UD Cerqueda Resistiuselle o gol ao Baio - Foto: UD Cerqueda Campo: Platas Reinoso Baio: Diego, Isaac, Mario, Norberto, Luis, Fachal, Rubio (Pedro m.65), Moreno, Bieito (Ramón m.70), Javi Suárez e Martín MC Cerqueda: Diego Dourado, Bastón (Méndez m.59), Dani, Athu, Sergio (Richard m.86), Javi Pazos, Dani Mato, Cholo (Vieites m.75), Míchel, Jonás (Moha m.51) e Lorenzo Árbitro: García Vázquez (A Coruña). Amonestou a Fachal do Baio; Dani Mato, Athu, Manuel, Miguel, Cristian, Sergio e Diego Dourado do Cerqueda Dos que se lembran O Baio pinchou contra o Cerqueda nun deses encontros que no balance de final de tempada, de non conseguir os obxectivos, quedan na retina. Os de Pedro Gómez foron dominadores absolutos do balón e das fases do partido, ante un rival que tivo en todo momento clarísimo o seu rol e o que lle pedía o guión: axudas e non saír en ningún momento dos límites que permiten a resistencia. Foi un acoso, sen derribo, e tamén sen demasiadas oportunidades clarísimas. Un paradón de Diego Dourado ao borde do intermedio, tras cabezazo de Moreno, así como un disparo de MC que marchou alto por pouco, xa na reanudación, foron o máis preto que estivo o Baio de derribar o muro cerquedense. Malpica 3-1 Laxe Campo: A Pedra Queimada Malpica: Brais, Cristian, Marcos Pensado (Brais Ortiz m.46), Pablo Rey, Mario, Isma, Albertiño (Lolo m.70), Petís (Eloy Cabeza m.60), Cololo, Álex e Iván Laxe: Jacobo, Simón (Pedro m.79), Gota, Pablo, Jacinto, Borja, Saleta, Aarón (Santi Casas m.46), Miguel Varela (Bieito m.69), Felipe e Aless Árbitro: Iglesias Bazarra (A Coruña). Amonestou a Cololo do Malpica; Álex Trigo do Laxe Goles: 1-0 m.56 Cololo; 1-1 m.58 Miguel Varela; 2-1 m.74 Eloy: 3-1 m.83 Brais Ortiz O mellor Laxe non pudo co Malpica A versión máis enchufada e notable do Laxe nas últimas semanas tampouco deu para que os bergantiñáns puntuaran ante o case veciño Malpica, un conxunto que gana moitos puntos xa só co factor experiencia. Houbo pouca historia nunha primeira parte sen apenas opcións claras de perigo e con moita loita no centro do campo. Mudou o panorama co intercambio de golpes da reanudación, con Cololo facendo o primeiro de cabeza a centro dun gran Iván (debutante). Igualou pouco despois o carballés Miguel Varela, con certa pasividade defensiva. O paso dos minutos deulle protagonismo a unha calidade individual que era marca rexistrada do Malpica e así o fixo notar. Eloy Cabeza, de exterior a centro de Iván, e Brais Ortiz, despois de que Pablo Rey recollese o 'disfraz' de Gerard Piqué e filtrase un pase entre a zaga rival, desequilibraron o choque. Ponteceso 2-1 Baíñas Campo: O Pinguel Ponteceso: Xurxo, Cotelo (Charro m.61), Matías, Nando, Alberto Recarey, Juanma, Dieguito (Mara m.78), Yago (Youssef m.62), Javi, Mendieta e Charly Baíñas: Maikel, Iván (Víctor m.53), Héctor, Braulio, Jose, Jaime, Pablo Riveiro (Oreiro m.76), Canay, Pablo Muíño, Felipe e Cristian Árbitro: Baña Tajes (A Coruña). Goles: 1-0 m.47 Nando; 2-0 m.73 Charro; 2-1 m.90 Pablo Muíño Non foi tan axustado Un penalti convertido nos derradeiros intres por Pablo Muíño púxolle un pouco de maquillaxe á cómoda vitoria do Ponteceso sobre o Baíñas. Os de Barca chegan ao parón de Nadal con opcións reais de competir polo título, a pesares do bache de hai case dous meses. Pola súa banda, os vimianceses non acaban de atoparlle o punto, nin tampouco o xeito de repetir alineación. Foi case total o dominio local, nun primeira metade sen puntería. Os dous tantos, xa no segundo acto, resultaron dunha producción case idéntica: dous desmarques ás costas da defensa, pase da morte e remate. O primeiro levou o selo de Nando, mentres que no segundo foi Charro o executor. Apenas correu perigo o triunfo en algún momento.

Comentarios