Liga da Costa: Encaixe de Camariñas... e de bolillos
03 de outubro de 2016 (01:29 h.)
Goleada mareante do cadro palilleiro a un Ponteceso absolutamente descoñecido e sen ningunha das súas señas de identidade; Castriz, Corme e Baio seguen a presentar unha grande fiabilidade
Toniño e Alejo celebran un dos goles do Corme ante o Corcubión - Foto: Fin Lema
Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com
Corme 3-1 Corcubión
Corme e Corcubión deixaron un notable encontro - Foto: Fin Lema
Toja, á esquerda, acabou expulsado; na imaxe, porfiando por un balón co local Alejo - Foto: Fin Lema
Campo: O Cairo
Corme: Susiño, Jesús (Diego m.58), Dani, Pandi, Toniño (Brais Torrado m.80), Eloy (Sergio m.58), Martín, Alejandro (Adrián Doldán m.58), Alejo, Lucas e Brais Corral
Corcubión: Beto (Abelleira m.60), Adrián, Pablo, Alan, Gabri, Tito (Samu m.60), Antón Lestón (Adri m.60), Lema, Samuel (Mario m.75), Nes e Toja
Árbitro: Pérez Pol (A Coruña). Expulsou a Toja, do Corcubión (m.72). Amonestou a Nes e Antón Lestón, ambos do Corcubión
Goles: 1-0 m.4 Alejo; 2-0 m.56 Toniño; 2-1 m.65 Toja; 3-1 m.78 Brais Corral
Aínda a saben meter
Despois de dous partidos sen atopar o camiño da portería rival, o Corme recuperou as boas sensacións. E o fixo a costa dun Corcubión que chegaba en estado de gracia tras sueprar no derbi ao veciño Unión Club Cee. Tentou despexar todas esas dúbidas recentes o cadro bergantiñán, e nada máis comezar a cita aproveitou unha contra, e a 'torrija' do rival, para por medio de Alejo acabar coa sequía. Mellorou o Corcubión, ata o punto de falarlle de ti a ti a un candidato a todo. Non foron ocasións claras o que xerou, pero si unha interesante proposta por bandas. A mellor chegaría tralo paso por vestiarios, nun remate de Nes ao pau. A réplica, mazazo, foi o segundo tanto local, obra de Toniño. Beto evitaría a goleada, e mesmo Toja, de chilena, sembrou alguna esperanza de sacar algo positivo, pero todo morreu coa súa expulsión.
Monte Louro 2-2 Laxe
Montelouro-Laxe-Foto-Edu Olveira
Campo: Agra de Filgueira
Monte Louro: Isma, Abel, Pedro (Pablo Vidal m.74) (Banana m.90), César, Jose Ángel (Juan de Selia m.58), Adrián (Gelo m.68), Yeray, Raúl, David, Riki e Geiko
Laxe: Lamas, Aarón (Martín m.53), Naya, Jacinto, Borja, Saleta, Gora (Pedro m.80), Esmorís, Zúrich (Felipe m.58), Pablo Fuentes e Omar (Miguel Varela m.53)
Árbitro: Vázquez Lema (A Coruña). Amonestou a Juan de Selia, Riki e Abel do Monte Louro; Zúrich, Esmorís, Jacinto e Naya do Laxe
Goles: 0-1 m.41 Zúrich; 1-1 m.69 Juan de Selia; 1-2 m.72 Saleta; 2-2 m.83 Geiko
Montelouro-Laxe-Foto-Edu Olveira
Igualada directa
Alternativas e goles de toda clase no choque entre recén chegados á categoría. Monte Louro e Laxe pasaron por tódalas fases. No intermedio mandaba o gol de Zúrich, tras unha falta lateral que se colou polo primeiro pau. Houbo pouco xogo e moitas interrupcións nunha reanudación na que os locais tentaron mandar. Un golazo de Juan de Selia, que se perfilou desde a esquerda á súa perna boa, tivo pronta réplica noutro de similar beleza de Saleta, ao enganchar de exterior un balón desde fóra do área. Ao final, a insistencia loureán atopou o premio no oportunismo de Geiko.
Cee 4-0 Porteño
O Porteño presentou demasiadas baixas en Cee - Foto: CF Porteño
Ademáis de tres puntos de Arteixo, o soneirán Brais Mouzo levou para casa tamén dúas botellas de viño e xa lle chamaban 'Brais dous viños' - Foto: CF Porteño
Campo: San Paio de Refoxos
Unión Club Cee: Paulo, Nico, Jorgito, Julito, Jose (Noé m.63), Esteban, Javi (Javi Calo m.53), Carlos Leis (Chiru m.75), Leo (Penedo m.53), Juan Bello e Martín (Llanero m.53)
Porteño: Martín, Manuel, Adrián, Carlos (Xoel m.67), Jorge, Quilmes, Marcos, Jorge Velo (Mario m.63), Adrián (Wii m.60), Cachi e Caamaño
Árbitro: Sornichero Caicedo (A Coruña). Amonestou a Nico e Penedo do Cee; Manuel e Adrián do Porteño
Goles: 1-0 m.50 Julito; 2-0 m.56 Juan Bello, de penalti; 3-0 m.60 Manuel, en propia meta; 4-0 m.84 Chiru
Os pesos pesados mandan
Monólogo do Unión Club Cee a costa dun dos peores Porteños da tempada. Os branquiazuis tocaron e tocaron, ante un rival que apenas tivo presencia no área visitante. Non foi ata o segundo tempo cando fixo efectivo ese dominio. Primeiro, Julito mandou a gol o rexeite dun córner, e seis minutos despois Juan Bello non desaproveitaba un claro penalti. O autogol de Manuel matou definitivamente un encontro que pechou o canteirán Chiru con córner que posiblemente tiña saído xa do campo.
Mazaricos 0-1 Baio
Campo: Pedra do Ouro
Mazaricos: Miguel, Pedro de Pichín, Matías, David, Ricardo, Molinos (Diego Maneiro m.76), Estéfano, Dani Martínez (Oreiro m.69), Manuel Luis, Esteban (Martín m.85) e Pereiro
Baio: Julián, Isaac, Yago, Porto, Eloy, Peke (Moreno m.63), Brais, Norbi, Martin (Rubio m.72), MC (Fachal m.79) e Santi Diaz (Pedro m.85)
Árbitro: Varela Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Esteban do Mazaricos e Norberto do Baio
Gol: 0-1 m.71 Norberto
Paciencia e moita autoridade
O crecrente Baio venceu en Mazaricos, onde dominou todo o encontro e foi quen de agardar a que caera a organizada resistencia local, baseada na non concesión de espazos na administración dun ritmo lento. Apenas houbo alternativas nas áreas nunha primeira metade intensa pero algo aburrida. Abriuse máis o panorama na reanudación, na que Julián salvou aos baieses, e onde as combinacións MC-Santi foron chave. Nunha delas acabou por rematar Norberto de cabeza e darlle o triunfo aos seus.
Castriz 3-1 Baíñas
Campo: San Pedro
Castriz: Herrera, Martín, Álex, Carlos, Nakata, Raúl, Marcos (Matías m.55), Steven (Kevin m.55), Adrián (Luis m.75) e Iván (Balsa m.82)
Baíñas: Maikel, Eloy (Damián m.46), Jose, Esteban, Jaime, David Blanco, Canay (Oreiro m.66), Braulio, Samuel (Trillo m.80), Felipe (Pablo Riveiro m.78) e Cristian Hermida
Árbitro: Vilariño Hidalgo (A Coruña).
Goles: 1-0 m.9 Pablo Landeira; 2-0 m.21 Pablo Landeira; 3-0 m.69 Alejandro; 3-1 m.72 David Blanco
O líder non se apea
Menos cómodo do que dicta o marcador foi o triunfo do Castriz sobre o case veciño Baíñas. Os xalleiros adiantáronse con dous tantos de Pablo Landeira, o segundo tras tocar nun defensa visitante. Parecía poñer a sentencia, xa na segunda metade, o gol de Álex, de cabeza. Sen embargo, o bo traballo de Braulio, Jaime e David Blanco xerou moitas dificultades en San Pedro, e o cabanés asinou un tanto que reabriu a cita.
Buño 2-1 San Lorenzo
Campo: Xaviña
Buño: Toni, Miguel Dourado, Aitor, Eloy (Dimitri m.51), Dani Calvete, Emilio, Posiño (Fran m.81), Jorge Calvete, Martín, Richard (Alexander m.61) e Jordan
San Lorenzo: Javi Souto, Rubén Varela, Kevin (Pablo m.78), Juanjo, Rudi (Samuel m.71), Álex Taibo, Diego Varela (Jorge Pichel m.63), Iván Parafita, Juni, Fuentefría e Dani Pena
Árbitro: Lago Barros (A Coruña). Amonestou a Dimitri, Toni e Martín do Buño; Rubén Varela do San Lorenzo
Goles: 0-1 m.50 Dani Pena; 1-1 m.68 Martín; 2-1 m.72 Martín, de penalti
A casa encantada
Son xa moitos anos sen que o San Lorenzo 'pesque' cousa fresca en Xaviña, ante un Buño que parece medrar exponencialmente. Os oleiros foron capaces de agardar a súa e remontar, nunha segunda metade de locura. Foi o peso do encontro absolutamente dos de Verdillo, que dispuxeron de catro ou cinco accións que rexeitou con eficacia e veteranía o meta Toni. O oportunismo de Martín no penaltid decisivo, e un gol de videoteca desde 45 metros obraron un ano máis a milagre.
Camariñas 7-1 Ponteceso
11 do Camariñas que goleou ao Ponteceso
Campo: Hermanas Patiño
Camariñas: Álvaro, Nico (Pablo Mouzo m.70), David Pasantes )Nramdpm ,-59=, Antelo (Joseba m.70), Pablo Suárez (Rodri m.73), Moriño (Brais m.76), Maikel, Gabi, Nazo, Sergi e Yuyo
Ponteceso: Brais, Martín Puente, Cotelo, Matías, Nando, Dieguito (Charro m.46), Yago (Youssef m.80), Baba (Gurita m.79), Javier, Mendieta e Martín (Ismail m.56)
Árbitro: Rodríguez Penas (A Coruña)
Goles: 1-0 m.23 David Pasantes; 2-0 m.43 Nazo; 3-0 m.53 Martín Pasantes; 3-1 m.62 Matías; 4-1 m.63 Yuyo; 5-1 m.78 Yuyo; 6-1 m.81 Brais; 7-1 m.87 Yuyo
11 do Ponteceso en Camariñas-Foto-SD
… E pudo ser máis radical!
Espectacular e case impensable goleada do Camariñas sobre un Ponteceso que parece ter perdido boa parte das virtudes defensivas que lle convertiron a pasada campaña en candidato ao ascenso. Os azuis foron moi superiores e xeraron oportunidades para ter vencido por unha renta aínda máis grande. Case tódolos tantos chegaron pola maior rapidez e intensidade dos atacantes camariñáns, algo acentuado con espazos ao final, e que favoreceu a explosión final de Yuyo. O técnico do Ponteceso tiña un bo cabreo despois da cita.
Charro con Moriño no Camariñas-Ponteceso-Foto-SD
Coristanco 0-2 Cerqueda
Campo: A Rocheira
Coristanco: Dani Fernández, Gustavo, Javi, Pazos (Sergio m.72), Iván (David López m.89), Jorge Lorenzo, Álvaro (Añón m.82), Damián, Marcos Corral, Cristian e Fabio (Jonathan m.64)
Cerqueda: Diego Dourado, Athu, Dani, Fran, Lorenzo, Cristian (Vieites m.61, Dani Mato, Iván Mato (Sergio m.83), Jonás (Eloy m.71), Miguel e Sergio
Árbitro: Pérez Álvarez (A Coruña).
Goles: 0-1 m.6 Athu; 0-2 m.16 Cristian
Un cuarto de hora
O Cerqueda foi quen de adaptarse a un feudo tan difícil como A Rocheira de Coristanco e sacou adiante o compromiso en prácticamente quince minutos. Os de Raúl Periscal leron ben as necesidades do encontro e apostaron polo xogo sen dificultades nin riscos para manterse firmes.
Esteirana 2-2 Malpica
Campo: José Luis Vara
Esteirana: Ponte, Damián Suizo, Eloy, Rafa, Martín, Álex, Adrián, Pablo Rama, Eloy Campos, (Simón m.60) Codesido e Jaime
Malpica: Rubén, Alberto Carballo, Mario Casal, Isma, Alberto (Jose Luis m.60), Brais, Pablo Rey, Eloy Cabeza, Rubén Sotelo (Álex Márquez m.13), Marcos e Cololo
Árbitro: Ramos López (A Coruña). Expulsou a Pablo Rey, do Malpica (m.86). Amonestou a Pablo Rama, Simón e Eloy da Esteirana; Eloy Cabeza, Mario Casal e Cololo do Malpica
Goles: 0-1 m.2 Alberto; 1-1 m.21 Jaime; 1-2 m.22 Alberto; 2-2 m.30 Isma, en propia meta
Media hora de cara a cara
Entrou tolo o cruce entre Esteirana e Malpica, onde con dous estilos de xogo distintos ambos chegaron a un punto común. Os locais tentaron sorprender en velocidade, mentres que as dúas ocasións nas que os bergantiñáns acadaron vantaxe no marcador non tiveron tempo a poñer en práctica a súa experiencia e administrar. Acabou por apretar o conxunto de Esmorís, que tivo no corcubionés Brais a un referente constante.