Liga da Costa: Que malo é pasar por Camariñas!
17 de outubro de 2016 (03:32 h.)
Segundo favorito que sae sen puntos e cun saco de goles ao lombo do Hermanas Patiño, onde os azuis presentaron credenciais para soñar; case ninguén dos de arriba respondeu
Raúl, do Louro, presionado por Rudi, do San Lorenzo - Foto: Edu Olveira
Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com
Corcubión 3-0 Porteño
Campo: Cubaleiro
Corcubión: Abe, Sebas, Antón Lestón (Mario m.72), Lema, Toja, Gabi, Adrián, Tito (Roi m.66), Nes, Senra (Samuel m.76) e Pablo Castro
Porteño: Martín, Pejo, Adrián, Carlos, Cousillas (Manuel m.65), Jorgito, Quilmes (Adri m.76), Marcos, Jorge, Cachi e Caamaño (Xoel m.82)
Árbitro: Seoane Sánchez (A Coruña). Expulsou a Cachi do Porteño (m.81). Amonestou a Antón Lestón e Sebas do Corcubión; Carlos e Adrián do Porteño
Goles: 1-0 m.38 Antón Lestón; 2-0 m.68 Nes; 3-0 m.83 Roi
Decretado o estado de ledicia
Unha das mellores tempadas que se lle lembran en Segunda está a realizar a Unión Deportiva Corcubión, que esta vez venceu ata con suficiencia a un Porteño algo mermado de recursos e efectivos. Non levaba marchamo de celebración para os locais un inicio de dominio incluso porteñista, con papel estelar para Abe. O meta realizou dúas intervencións de foto e mantivo a flote aos seus, que para cando se aproximaba o descanso comezaron a espertar. Foi entón cando unha recuperación de Sebas e Gabi acabou con pase a Tito e deste a un Antón Lestón en plenitude. O neo dianteiro regateou e definiu axustado ao pau. Sería de novo decisivo o pequeno do clan futboleiro, esta vez en papel asistente para Nes, que non errou. Roi, de vaselina, pecharía un marcador algo cruel co Porteño.
Jimmy do Cairo e Martín, porteiros do Porteño - Foto: CF Porteño
Castriz 1-2 Ponteceso
Campo: San Pedro
Castriz: Herrera, Rubén (Adrián m.15), Álex, Carlos, Nakata (Martín m.65), Matías (Luis m.60), Raúl, Mata, Iván (Marcos m.75), Pablo e Kevin
Ponteceso: Brais, Cotelo (Gurita m.67), Matías, Nando, Dieguito (Martín Puente m.62), Baba, Charro (Youssef m.80), Jose, Ismail, Martín (Juanma m.55) e Charly
Árbitro: Sánchez García (A Coruña). Amonestou a Adrián, Mata e Raúl do Castriz; Martín, Charro, Nando e Youssef do Ponteceso
Goles: 0-1 m.2 Charro; 0-2 m.22 Baba; 1-2 m.63 Adrián
Está de volta
O Ponteceso, que tocaba fondo no que a imaxe se refire hai dúas semanas en Camariñas, foi quen de vencer en San Pedro, un dos campos máis difíciles da categoría. Foi chave un inicio intensísimo por parte dos de Barca, xusto o troco que reclamaba o propio adestrador. Charro e Baba, este á saída dun córner, puxeron demasiada terra de por medio para un Castriz ao que se lle fixo moi costa arriba. O tanto de Adrián a falta de media ahora aumentou o atractivo dunha cita na que os locais tentaríanno por tódolos medios, e na que os pontecesán recuperaron a súa mellor versión defensiva.
Camariñas 4-2 Baio
O Camariñas pudo co Baio - Foto: Camariñas CF
Os locais competiron ao grande contra o líder - Foto: Camariñas CF
Campo: Hermanas Patiño
Camariñas: Álvaro, Moriño, Kevin, Soule (Pablo Suárez m.84), David (Brandon m.62), Yuyo, Antelo, Sergi (Pablo Mouzo m.46), Maikel, Gabri e Nazo (Roi m.77)
Baio: Recarey, Isaac, Porto, Yago, Fachal (Luis m.51), Peke (Javi Suárez m.46), Brais (Costiña m.81), Norberto (Rubio m.74), Moreno, Santi Díaz e Martín MC
Árbitro: Paz Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Sergi, David do Camariñas; MC, Norberto e Recarey do Baio
Goles: 1-0 m.25 Antelo; 1-1 m.37 MC; 2-1 m.42 Yuyo, de penalti; 3-1 m.44 Maikel; 3-2 m.66 Santi Díaz; 4-2 m.75 Maikel
Vaia ritmo, Hermanas!
Segunda machada seguida na casa dun Camariñas que ten marcado once goles ante Ponteceso e Baio. Os azuis, de mellorar en canto a regularidade, empezar a asomar a cabeza nas quinielas dunha liga incerta. Miráronlle á cara ao líder e entraron son complexos. Javi Antelo de falta asinou o primeiro da cita, con resposta de MC de cabeza ao saque dunha falta de Moreno. Foron chave os intres previos ao intermedio, cun penalti asinado por Yuyo e outro mazazo en forma de gol de Maikel. Tentou variar o prantexamento o Baio na reanudación, pero con espazos o Camariñas é letal. MC tiro rozando a traveseiro e Santi Díaz recurtou distancias, o que parecía un camiño de remontada. Sen embargo, apareceu Nazo para finiquitar a cita, e incluso o Camariñas á contra pudo aumentar a conta.
Buño 1-2 Malpica
Campo: Xaviña
Buño: Toni, Miguel Dourado, Aitor (Alexander m.60), Eloy, Pablo Canedo (Mario m.90), Emilio, Adrián, Dani Calvete, Richard (Kevin m.81), Jorge Calvete e Martín
Malpica: Rubén, Óscar Moscoso, Mario Casal (Cristian m.73), Isma, Jose, Alberto (Brais m.58), Álex Márquez, Pablo Rey, Rubén Sotelo (Diego Casáis m.90), Marcos e Cololo
Árbitro: Vázquez Lema (A Coruña). Amonestou a Eloy, Adrián e Dani Calvete do Buño; Mario Casal, Isma, Álex Márquez, Cololo e Rubén Sotelo do Malpica
Goles: 0-1 m.17 Mario Casal; 1-1 m.64 Emilio; 1-2 m.90 Cololo
'Forever young' Cololo
Como a mítica canción de Bob Dylan, Cololo, dianteiro do Malpica, está rodeado pola gracia. Nun derbi agónico, de alternativas e con polémica o do Castrillón estivo na súa salsa. Os locais reclamaron, iso si, como ilegal o tanto decisivo. Saíu máis enchufado o Malpica, xerando oportunidades de perigo e cercando a meta de Rubén. Certificou esa superioridade Mario Casal, no rexeite dun córner olímpico de Aitor. O ex do Buño era profeta na súa excasa. Pudo caer o segundo, pero o árbitro anuloullo aos malpicáns, moi enfadados pola decisión. Mudou o panorama nunha reanudación na que os de Esmorís retrasaron liñas e viron como Emiklio, de cabeza nun saque de banda de Jorge Calvete, igualaba. Pero cando os dous parecían dar por boa a igualada chegou un centro de Gemelo que, tras pegar na barriga de Cristian, foi remachado por Cololo ao fondo da rede. A concesión do tanto foi moi protestada en Xaviña.
Corme 3-0 Cerqueda
Como en Anfield... This is Corme - Foto: Fin Lema
Campo: O Cairo
Corme: Jose, Brais Torrado (Diego m.60), Jesús, Pandi, Toniño (Dani m.72), Eloy, Martín (Sergio m.60), Alejandro, Alejo, Lucas e Brais Corral
Cerqueda: Diego Dourado, Athu, Dani, Eloy (Cristian m.61), Martín, Pablo López, Iván Mato, Jonás (Lorenzo m.46), Miguel Ángel, Sergio e Adrián
Árbitro: Carro Moreira (A Coruña). Amonestou a Alejo, Lucas, Brais Corral e Pandi do Corme; Adrián, Iván Mato, Diego Dourado e Dani do Cerqueda
Goles: 1-0 m.56 Alejo; 2-0 m.83 Alejo; 3-0 m.90 Eloy
Sen contestación
Bo partido dun Corme que recuperoru as mellores sensacións, a costa da que posiblemente sexa a revelación do curso ata agora. O oportunismo de Alejo na reanudación decidiu a cita, na que o segundo dos tantos do sempiterno goleador pagou o só feito de acudir ao Cairo.
Monte Louro 0-2 San Lorenzo
Os muradáns tiveron as súas opcións - Foto: Edu Olveira
Campo: Agra de Filgueira
Monte Louro: Iago, Abel, (Cristian m.65) Pedro (Raúl m.20), Manolo Chouza, Jose Ángel, Yeray (Gabriel m.76), Adrián, Riki (Sergio m.86), Juan de Selia, David e Geiko
San Lorenzo: Javi Souto, Samuel, Kevin, Rudi, Juanjo, Pablo Díaz, Dani Pena, Iván Parafita, Juni, Diego Varela (Fuentefría m.56) (Jorge Pichel m.79) e Álex Taibo (Javi Puñal m.85)
Árbitro: Trigo Martínez (A Coruña). Expulsou a Juan de Selia do Louro (m.74). Amonestou a Manolo Chouza e Geiko do Monte Louro; Iván Parafita, Pablo Díaz e Rudi do San Lorenzo
Goles: 0-1 m.6 Diego Varela; 0-2 m.81 Iván Parafita
Polo guión
Venceu como marcaba a teoría o San Lorenzo en Louro, aínda que o fixo con certo sufrimento. Diego Varela encarrilou a cita para os carballeses moi cedo, ao aproveitar un desaxuste defensivo local e definir baixo as pernas de Iago. Houbo alternativas nas dúas áreas a partires de entón, cos muradáns apostando por defensa de tres. A expulsión de Juan de Selia non mermou o ímpetu dun Louro que rematou a cita con tres futbolistas xuvenís no seu once.
Unión Club Cee 0-2 Laxe
Campo: San Paio de Refoxos
Cee: Paulo, Nico, Castiñeira (Samuel m.78), Julito, Jose, Esteban, Javi, Noé, Leo (Martín m.59), Juan Bello e Javi Calo (Penedo m.59)
Laxe: Jacobo, Martín, Aarón, Bras, Manu, Gora, Saleta, Santi, Álex Trillo (Santi xuv, m.46), Zurich (Cristian xuv, m.59) e Simón (Bieito, m.80)
Árbitro: Pérez Alvarez (A Coruña). Expulsou a Noé, do Cee (m.90). Amonestou a Nico e Julito do Cee; Simón, Bras, Cristian e Gora do Laxe
Goles: 0-1 m.90 Santi xuv; 0-2 m.92 Gora
O premio gordo
Primeiro triunfo da tempada para un Laxe que castigou a falta de acerto do Unión Club Cee, que dominaba o balón pero chocaba casi sempre ca férrea defensa visitante. Se Jacobo tiña algún que outro apuro, Paulo tivo que sacar tamén unha gran man tras unha falta de Zurich.
Os locais volcáronse nos minutos finais e sufriron as consecuencias. Foi moi protestado un gol anulado a Penedo, por fóra de xogo, mentres que Nico e Javi erraron ocasións sen apenas oposición baixo paus. Dúas contras do Laxe xa case que co tempo cumplido decidiron o partido para darlle a primeira vitoria ao Laxe, o único equipo ata onte que non coñecía a vitoria.
Coristanco 3-0 Baíñas
Campo: A Rocheira
Coristanco: Brais (Eloy m.82), Álex Mato, Gustavo, Javi, Pazos (Jonathan m.56), Añón (Gonzalo m.62), Iván, Jorge Lorenzo, Damián (Sergio m.72), Marcos Corral e Fabio
Baíñas: Maikel, Samuel (Eloy m.46), Héctor (Víctor m.64), Jose Antonio, Esteban, Iván, Cristian, Felipe, Oreiro, Canay (Damián m.60) e Jaime
Árbitro: Veiga Domínguez (A Coruña).
Goles: 1-0 m.9 Marcos Corral; 2-0 m.55 Marcos Corral; 3-0 m.80 Jorge Lorenzo
A Rocheira funciona
Levou o Coristanco un deses partidos necesarios para apuntalar a salvación e nos que de vez en cando cumpre. Os bergantiñáns adiantáronse moi cedo e adaptáronse mellor ao que require A Rocheira. A dinámica do Baíñas é negativa.
Mazaricos 2-1 Esteirana
Campo: Peña do Ouro
Mazaricos: Miguel, Pedro de Pichín, Matías, David García, Ricardo, Estéfano, Oreiro (Molinos m.54), Manuel Luis (Chenel m.68), Diego Maneiro (Brais m.37), Pereiro e Esteban
Esteirana: Roberto, Eloy Veloso (Simón m.25), Rafa, Martín, Álex, Adrián, Pablo Rama (Brais m.29), Eloy, Codesido, Jaime e Iker
Árbitro: Sornichero Caicedo (A Coruña).
Goles: 1-0 m.53 Matías; 1-1 m.74 Martín; 2-1 m.75 Chenel
Sen pestañear
Unha acción de Chenel decidiu o partido entre Mazaricos e Esteirana, no que os visitantes amosaron que son capaces de todo e imprevisibles. E iso a pesares de dous trocos forzosos en media hora. Os locais levaron o peso e recuperaron algunhas sensacións do curso pasado.