Liga da Costa: Regreso ao futuro

O Corme recuperou a súa versión clásica, a que lle levou ao ascenso, e goleou cunha exhibición ofensiva en Louro; Baio e Malpica, dous dos favoritos, levaron os derbis da xornada
Mazaricos e Ponteceo desputaron un entretido choque - Foto: David Antelo
Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Castriz 2-1 Corcubión
  • Campo: San Pedro
  • Castriz: Herrera, Rubén (Matías m.83), Carlos, Adrián, Alejandro, Martín (Raúl m.68), Iván Pastoriza, Pumuky (Landeira m.68), Marcos (Alberto m.55), Steven e Kevin
  • Corcubión: Iago; Antón, Pablo, Senra (Toni m.22), Andrés, Augusto, Adrián, Gabri (Adrián m.74), Mario (Roi m.66), Toja e Lema
  • Árbitro: González Rey (A Coruña). Amonestou a Alberto e Kevin do Castriz; Gabi, Pablo e Iago do Corcubión
  • Goles: 0-1 m.22 Antón; 1-1 m.88 Alberto; 2-1 m.90 Carlos
Unha estrea á altura Remontada con suspense do Castriz ante un Corcubión ao que se lle acabaron o aire e a enerxía. Os visitantes foron iguais ou por momentos mellores durante preto dunha hora, pero os contratempos en forma de lesións, e a falta de fondo de armario, lastraron o que viña sendo a primeira gran sorpresa do curso. Unha xenialidade do retornado Antón Lestón no ecuador do primeiro acto déralle vantaxe aos corcubioneses, que por outra banda para aquela xa perdían a Senra. O paso dos minutos, con balón de Andrés ao pau incluido, foi desgastando a resistencia branquiazul, ata que xa nunha segunda metade máis intuitiva que cualitativa chegou a remontada local. Dúas combinacións longas no área, cun Corcubión xa moi metido atrás, permitíronlle a Alberto e Carlos voltear o marcador.
O novo Castriz-Foto-Laura Velo   Buño 2-3 Porteño
O Porteño acadou un triunfo no debut ligueiro - Foto: CF Porteño
Xaviña foi o escenario do debut de Buño e Porteño - Foto: CF Porteño
  • Campo: Xaviña
  • Buño: Toni, Miguel Dourado, Aitor (Mario m.69), Dani Calvete, Pablo Canedo, Emilio, Eloy (Jordan m.61), Fran (Adrián m.72), Martñin, Richard e Alexander
  • Porteño: Martín, Marcos, Manuel, Pejo, Piti, Manu (Xoel m.88), Adrián (Wii m.68), Jorge, Mario Toja, Cachi e Quilmes
  • Árbitro: Maneiro Santos (A Coruña). Expulsou a Alexander do Buño (m.82) e a Martín (m.63) e Varela (m.64) do Porteño
  • Goles: 0-1 m.52 Jorge; 1-1 m.66 Richard; 1-2 m.85 Jorge; 2-2 m.87 Dani Calvete; 2-3 m.90 Piti
Emoción con 'Billy o neno' coma xuiz Tres expulsados son de máis nun duelo coma o que protagonizaron Buño e Porteño en Xaviña, con dominio case sempre dos camariñáns no marcador e con acción decisiva no tempo extra. Dous lanzamentos lonxanos de Jorge, o segundo con picardía tras un balón morto do porteiro, así como unha peinada sutil de Piti na execución dunha pelota parada lateral, déronlle o triunfo ao conxunto de Javi Baña. Alexander foi expulsado por un golpe a Piti, mentres que o cartón vermello a Martín ven dunha como pouco discutible aplicación da norma dos derribos para os porteiros, trala recente modificación da mesma. Mazaricos 0-1 Ponteceso
  • Campo: Peña do Ouro
  • Mazaricos: Miguel, Pedro, Matías, David, Molinos, Manuel Luis, Brais (Chenel m.75), Diego Maneiro, Miguel Riveiro, Pereiro e Esteban
  • Ponteceso: Brais, Martín Puente (Martín m.68), Matías, Nando (Adrián m.90), Alberto Recarey, Juanma, Yago, Baba, Jose, Mendieta e Charly
  • Árbitro: Larrosa Pérez (A Coruña). Expulsou a Chenel do Mazaricos (m.69). Amonestou a Diego Maneiro, Matías do Mazaricos; Martín Puente e Alberto Recarey do Ponteceso
  • Gol: 0-1 m.1 Yago
Coa orde de sempre Comezou o Ponteceso coas mesmas virtudes que lle levaron a loitar por todo case ata o final do pasado curso. Os de Barca foron un conxunto moi ordeado e que supo ler á perfección o que lle pedían tanto o Mazaricos coma o terreo de xogo. Un tanto de Yago nos primeiros compases serviu para que os bergantiñáns administrasen a vantaxe e controlasen ante un rival algo carente de profundidade e que xogou os últimos vinte minutos con dez polo dobre cartón en tempo case récord para Chenel. Foi notable a actuación do meta Brais. Monte Louro 1-7 Corme
O Corme arrasou en Louro
  • Campo: Agra de Filgueira
  • Monte Louro: Isma, Cristian, Pablo, Borja (José Ángel m.20), César, Yeray, David, Gelo (Dani m.46), Geiko (Manu m.66), Riki e Dani (Miguel m.46)
  • Corme: Susiño, Jesús, Cousillas, Álex, Pandi (Brais Torrado m.78), Eloy, Toniño (Martín m.68), Adrián Doldán, Alejo, Lucas e Brais Corral
  • Árbitro: Guerra Domínguez (A Coruña). Amonestou a Cristian do Louro; Pandi, Álex e Martín do Corme
  • Goles: 0-1 m.8 Álex; 0-2 m.23 Álex; 0-3 m.27 Alejo; 1-3 m.35 Dani; 1-4 m.54 Toniño; 1-5 m.69 Lucas; 1-6 m.78 Lucas; 1-7 m.86 Eloy
Sen historia Crual retorno do Louro á Liga da Costa, nun encontro que non 'a súa Liga'. Os muradáns víronse superados por esa versión do Corme de cando lle saen as cousas, e que resulta prácticamente imparable. Aguantaron os de Óscar Leis no primeiro acto, pero o paso dos minutos e o maior ritmo bergantiñán a piques estiveron de deixar unha goleada dolorosa. Os azuis teñen aos seus puntais en estado de gracia. Camariñas 0-2 Cerqueda
  • Campo: Hermanas Patiño
  • Camariñas: Álvaro, Gabri, Nico, Pablo Mouzo (Sergi m.50), Martín (Vieites m.64), David (Rodrigo m.46), Yuyo, Antelo (Joseba m.78), Soule, Rodri e Moriño
  • Cerqueda: Diego Dourado, Dani Mato, Sergio (Uru m.77), Dani, Javi Pazos, Míchel, Iván Mato (Mëndez m.60), Lorenzo, Manu Guillamet, Eloy (Martín m.40) e Pablo (Bastón m.86)
  • Árbitro: Iglesias Bazarra (A Coruña). Expulsou a Soule do Camariñas. Amonestou a Álvaro, David do Camariñas
  • Goles: 0-1 m.11 Iván; 0-2 m.33 Pablo
Como para ilusionarse Segue aberta a fiestra á ilusión e ao que sexa en Cerqueda, e máxime despois do debut triunfal en Camariñas, ante un rival que mereceu algo máis de sorte e que amosou que non vai ser sinxelo pescar en terras palilleiras. Iván, moi cedo e tras un bo remate, abriu o marcador para un cadro visitante que deixare terra de por medio antes do descanso, cun co libre directo executado por Pablo. Pecou de falta de puntería o Camariñas, que ata viu como lle sacaban un balón baixo paus. Esteirana 4-2 Laxe
O Jose Luis Vara tivo unha boa entrada
  • Campo: José Luis Vara
  • Esteirana: Manuel Ponte, Eloy, Rafa, Martín, Álex (Carlos m.85), Adrián, Pablo Rama (Brais m.88), Eloy Campos (Jonathan m.62), Cdesido, Simón e Tobío
  • Laxe: Jacobo, Jose (Iván m.62), Naya, Jacinto, Borja, Santi, Omar, Esmorís (Felipiño m.35), Cristian, Rego e Pablo Fuentes (Rafa m.67)
  • Árbitro: Vázquez Veiras (A Coruña). Amonestou a Codesido, Tobío e Rafa da Esteirana; Iván e Felipiño do Laxe
  • Goles: 1-0 m.10 Martín; 2-0 m.14 Álex; 2-1 m.39 Pablo Fuentes; 3-1 m.40 Pablo Rama; 3-2 m.55 Omar; 4-2 m.67 Álex
A filosofía de sempre Festival ofensivo da Esteirana no seu debut ligueiro. A calor sofocante non impediu que o regreso do Laxe á Liga da Costa tivese un alto ritmo por momentos, con valentía por parte dos dous equipos. Un bo disparo de Martín e a verticalidade de Álex pareceron encamiñar unha tarde prácida para os azulgrana, pero un gol de cada Pablo, con intercambio de golpes, aumentou a incertidumbre. Tentouno o Laxe tralo intermedio, pero con espazos a Esteirana é letal e Álex sentenciiou. Malpica 2-0 San Lorenzo
  • Campo: A Pedra Queimada
  • Malpica: Rubén, Óscar Moscoso, Alberto Carballo, Alberto (Cristian m.62), Jose Luis, Mario Casal, Brais, Álex Márquez, Rubén, Cololo e Diego Casáis
  • San Lorenzo: Sergio, Rubén Varela, Adrián Varela (Javi Puñal m.13), Juanjo, Ángel, Jorge Pichel, Iván Parafita, Diego Varela, Fuentefría, Kevin e Samuel
  • Árbitro: Miño Rojas (A Coruña). Amonestou a Cololo, Óscar Moscoso e Álex Márquez do Malpica; Rubén Varela, Jorge Pichel e Javi Puñal do San Lorenzo
  • Goles: 1-0 m.37 Jose Luis; 2-0 m.41 Jose Luis
O Malpica lévase o duelo de clásicos O derbi bergantiñán entre Malpica e San Lorenzo, con numerosas baixas nun e outro equipo, serviu para confirmar que os de Esmorís teñen construido un proxecto gañador. Dous tantos antes do descanso servíronlle para administrar con veteranía a vantaxe e controlar o tempo dun encontro marcado pola forte calor. Os carballeses tiveron moi pouca profundidade no segundo acto. Baio 3-2 Baíñas
Baiñas e Baio no Pratas Reinoso-Foto-Santi Soneira
  • Campo: Platas Reinoso
  • Baio: Recarey, Isaac, Luis, Yago, Porto, Norberto, Rubio, Moreno, Martín (Cristian m.64), Javi Suárez (Eloy m.86) e MC (Pedro m.80)
  • Baíñas: Maikel, Samuel, Eloy (Cristian m.87), Braulio, Esteban, Felipe (Héctor m.76), Jaime, Víctor (Pablo Riveiro m.24), Canay, Oreiro e Cristian
  • Árbitro: Pérez Álvarez (A Coruña). Expulsou a Moreno (m.51) do Baio e a Esteban (m.90 do Baíñas)
  • Goles: 1-0 m.40 Yago; 1-1 m.62 Canay; 2-1 m.68 Javi Suárez; 3-1 m.70 Luis Alvite; 3-2 m.83 Braulio
Capis do Baiñas e do Baio-Foto-San Soneira Derbi en inferioridade para o Baio Boa estrea do proxecto de Pedro Gómez e do retorno do Baio á Liga da Costa. Un remozado Baíñas, en forma de derbi, era unha proba de lume, aprobada con nota. Yago, antes do intermedio e á saída dun córner, adiantou aos seus. Canay, tras un erro de MC nun man a man e a expulsión de Moreno, equilibrou. Xa con dez, Javi Suárez, a pase de MC, e Luis Alvite, de libre directo, déronlle unha clara vantaxe aos locais, que non se inquedaron co tanto do seu ex, Braulio.  

Coristanco 1-2 Unión Club Cee

  • Campo: A Rocheira
  • Coristanco: Brais, Fabio (Añón m.75), Mato, Gustavo, Jonathan, Lista, Adrián, Gonzalo (Pace m.50), Jorge Lorenzo, Marcos e Iván (Damián m.64)
  • Cee: Paulo, Nico, Jorgito, Julito, Josiño, Noé da Micha (Fernando m.64), Gabi (Trillo m.54), Esteban, Leo (Penedo m.78), Juan (Álex m.75) e Martín
  • Árbitro: Martínez Rodríguez (A Coruña).
  • Goles: 0-1 m.23 Martín; 0-2 m.31 Leo; 1-2 m.70 Cristian

A vella garda aínda manda

O Cee tivo unha plácida volta á competición cun protagonista sempiterno, un moi activo Leo que asinou un gol de oportunista e xerou, xunto ao tamén clásico Juan, as mellores opcións. Os locais pecaron de falta de ideas en ataque, nun encontro con alternativas para ambos

Máis información